Este venres os operarios saían dos estaleiros por Beiramar cara Colón, para chegar despois á chamada Praza de España, cortando o tráfico do centro.
Aproximadamente uns 5.000 traballadores manifestáronse este venres polas rúas de Vigo, en protesta polo incumprimento do convenio laboral do metal. A marcha transcorreu sen incidentes durante toda a mañá.
Ás 12.00 horas, os operarios mantiveron unha asemblea informativa na Praza do Rei, fronte ao concello, coa participación de todos os sindicatos con representación: CIG, UXT, CCOO e CUT, este último motivo de discordia entre empresarios e centrais.
Mentres os primeiros sinalan que non é representativo, que non asinou o convenio e que tampouco pertence á Comisión de Seguimento da Axencia da Bolsa de Emprego (ABE), os sindicatos defenden que forma parte da comisión de folga e ten que estar sentado na mesa de negociación.
Folga na ITV
Ademais, os traballadores en folga dos centros da Inspección Técnica de Vehículos, ITV, decidiron convocar unha concentración diante da delegación da Xunta en Pontevedra, segundo informa a CIG, quen tamén denunciou a agresión a un dos seus afiliados no Porriño por parte dun delegado da UXT.
Iso está mal. Foder aos vigueses. O que tendes que facer é coller uns cantos barcos e facervos á mar facendo soar as bocinas para que se decate todo o mundo. E se se poñen moi chulos secuestrades a caixa e no peor dos casos afundídeslle os barcos.
Hai que atacar o problema onde se produce.
Que vos parece se eu porque me explotan no traballo me mexo na rúa, atraveso o meu coche na autoestrada ou lle rompo a lua ao bar de enfronte?
Imos ver eu dou todo o meu apoio os traballadores do naval de vigo, xa que eiqui en Ferrol tamen temos pasado por eses problemas, i non hai que ser moi radical, queimar, romper iso non.
Porque a cidadania ponse en contra dos traballadores pero o que si que se pode facer e cortar ruas, etc pero todo de maneira civilizada.
Por outra parte hai que entender os traballadores un pouquiño.