Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: naval

6/Febreiro/2008 /

Advirten de "intereses electorais" no retraso do plan industrial da SEPI para Navantia

Críticas polo adiamento á volta das eleccións xerais da negociación prevista sobre a empresa naval pública.


15/Xaneiro/2008 /

As garantías para o naval civil estarán na mesa de negociación poselectoral

Convencido de que non haberá maiorías absolutas, o coordinador do BNG, Francisco Jorquera, subliña que este tema "condicionará" o apoio para escoller presidente.


1/Agosto/2007 /

Traballadores do naval maniféstanse pola morte en accidente dun compañeiro

Durante o paro de 24 horas deste martes, Traballo comprometeuse a revisar a seguridade laboral das empresas do sector.


25/Xuño/2007 /

"Non é Bruxelas, son os sindicatos os que bloquean o naval civil en Navantia-Fene"

A pasada semana os estaleiros ferroláns conseguiron un importante contrato coa mariña australiana. O presidente da Confederación de Empresarios de Ferrol analiza para Vieiros a situación.


20/Xuño/2007 /

Acusan a Australia de provocar unha "carreira armamentista" na rexión

O encargo de tres navíos de guerra a Navantia enmárcase nun importante proxecto de defensa do país austral ante a "inestabilidade da zona Asia-Pacífico".


20/Xuño/2007 /

Navantia consegue de Australia sete anos de choio cun negocio de 2 mil millóns de euros

O goberno australiano adxudícalle dous gorentosos contratos.


19/Xuño/2007 /

Xixón ferve contra o encarceramento de sindicalistas do naval

Dous líderes da CSI presos por estoupar unha cámara de tráfico, como se ve en Google Video. Estase a organizar unha folga xeral na cidade.


23/Maio/2007 /

A patronal do naval acusa os sindicatos de "prostituíren" a Bolsa de Emprego

O presidente de ASIME dixo que o acordo "que a patronal se viu obrigada a asinar é escandaloso".


22/Maio/2007 /

BNG: o exemplo de "Navantia"

"Ferrol precisa dun goberno municipal que non se agache a cabeza nin ante Madrid nin ante ningúen, e iso só pode facelo o BNG", defendeu Anxo Quintana en Ferrol.


Derradeira xornada de folga, esta cuarta feira
18/Maio/2007 /

As asembleas de traballadores referendan o acordo no naval

O acordo entre patronal e sindicatos aprobouse maioritariamente en todos os centros este venres a primeira hora da mañá. Finalmente, as empresas cumprirán o convenio do metal.


17/Maio/2007 /

Chégase ao acordo no naval e remata a folga

Logo dunha longa xornada de reunións, sindicatos e patronal chegaron ao consenso sobre os puntos máis conflitivos do convenio colectivo, poñendo fin a dúas semanas de folga.


Folga do naval, cuarta feira 16
16/Maio/2007 /

O contrato multiobra segue a paralizar o acordo entre patronal e sindicatos

Os sindicatos esixen probas a ASIME do hipotético compromiso de Montaxes Nervión para facer fixos ao 45% dos seus empregados.


Entrada á autopista por Afonso XIII, esta terza en Vigo
16/Maio/2007 /

Os operarios agardan nos centros de traballo mentres a policía toma as rúas de Vigo

Vulcano e Barreras poderían ter chegado a un acordo para expulsaren a Nervión dos estaleiros de Vigo. Os sindicatos esperan que ASIME ratifique a decisión esta cuarta feira.


Antidisturbios en Vigo
15/Maio/2007 /

A policía detén outros tres traballadores logo da toma da Delegación da Xunta

Xa son oito os operarios apresados polas forzas de seguridade do Estado dende que deu comezo a folga indefinida do sector en Vigo.


Folga do naval, o 14 de maio
15/Maio/2007 /

A patronal non acode á mesa de diálogo e os traballadores ocupan a Delegación da Xunta

ASIME escusou a súa ausencia da xuntanza da mañá alegando que os cortes no tráfico impediron aos seus representantes acceder ao centro de Vigo.


Folga do naval
14/Maio/2007 /

Patronal e sindicatos teñen unha semana de prazo antes da folga xeral

Sindicatos e patronal reuníronse durante toda a xornada do luns. Os primeiros denunciaron a actitude "chulesca" dos empresarios na xuntanza da mañá, tras "o clima de optimismo creado polos medios" durante a fin de semana.


Folga do naval, o venres
12/Maio/2007 /

A folga do naval poderíase resolver este luns

A patronal debe estudar a proposta presentada por UXT, CC.OO. e CIG para evitar que o paro indefinido se estenda.


Folga do naval, en Vigo
12/Maio/2007 /

Os sindicatos dispostos a estender a folga a todo o sector do metal

Os tres sindicatos tomaron a decisión por consideraren «inasumíbel» a oferta dos empresarios.


Os traballadores bloquearon as vías do ferrocarril
11/Maio/2007 /

Sindicatos e patronal búscanlle unha solución ao conflito do naval

O comité de folga cítase na tardiña do venres para acordar a estratexia a seguir nas vindeiras horas, e valorar a posibilidade dun paro xeral a partir do luns se non hai avances na xuntanza das 20.00 horas.


Folga do metal en Vigo, este venres
11/Maio/2007 /

Non hai acordo no conflito do naval

As mobilizacións pola folga no sector continúan este venres. Dous milleiros de manifestantes entraron e bloquearon a estación do tren, con barricadas nas vías. Antes, catro sucursais bancarias foran tomadas no cruce de Colón en Vigo.