Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TIÑA UHA INSCRICIÓN DE RESISTENCIA GALEGA

Desactivan unha bomba nunha obra en Cangas

O artefacto estaba nunha parcela onde se están a construir chalés adosados.

Redacción - 16:51 09/05/2007
Tags: bomba Cangas

Expertos da Garda Civil fixeron estourar de xeito controlado, pouco antes das 14 horas deste mércores, un artefacto explosivo en Cangas do Morrazo. A bomba estaba colocada nunha urbanización de chalés adosados que se están a construir no municipio. Un obreiro atopouna e deu a voz de alarma.

Aínda que polo momomento ninguén reivindicou a acción, a Garda Civil atopou unha inscrición de Resistencia Galega no artefacto. Os axentes coidan que militantes deste grupo independentista poderían ser os responsábeis.


Ligazóns

4.07/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: