Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O PP OPÓNSE PORQUE NON CRE NA “IMPOSICIÓN”

Se non hai galego, non hai contrato

O Parlamento insta á Xunta a non traballar coas operadoras que non usan o idioma do país

Redacción / Axencias - 16:14 10/05/2007
Navegando en inglés no móbil / Foto: Galipedia

Navegando en inglés no móbil / Foto: Galipedia

Usar a multimillonaria factura que paga a Xunta ás operadoras de móbiles para lograr dunha vez que ofrezan servizos en galego. Esa é a proposta aprobada hoxe no Parlamento Galego co apoio de socialistas e nacionalistas.

O PP aposta pola persuasión
Polo contrario, o PPdG votou en contra xa que, segundo dixo o deputado conservador Angel Tahoces, cómpre usar “o convencemento e non a imposición". Os populares apostar por facer reflexionar ás empresas para que vexan que o galego tamén "é un negocio".

O deputado do BNG Bieito Lobeira defendeu a postura de que “se non hai galego, non hai contrato". Esta posición foi asumida pola maioría que apoia ao bipartito, pois a resolución do Parlamento insta á Xunta a que "condicione calquera tipo de contrato a que estas empresas se comprometan a manter o dereito dunha escolla en galego".

O PsdeG a través do seu voceiro, Manuel Gallego, dixo que cómpre "unha aposta seria e decidida" a prol do do galego nas novas tecnoloxías para fomentar a lingua entre os mozos.


Ligazóns

4,85/5 (20 votos)


Comentarios (9)

Gaviotero #1 10/Maio/2007 Gaviotero

Los comunicados de ETA también deberían ir en gallego. Porque si no, no hay dios que los entienda...

luimipi #2 10/Maio/2007 luimipi

tes unha obsesión con ETA...aqui non ven a conta...semellas un fillo ou familiar de Acebes...

maraghota #3 10/Maio/2007 maraghota

Parece-me umha das melhores notícias, no relativo á língua, no que vai de ano. Esse é o caminho.

Imposiçom? Nom a vejo por nengures. As operadoras som livres de fazerem o que lhes praza, ninguém lhes impóm nada. Mas o cliente anuncia as suas condiçons, e escolhe.

O PPdG revolve-me o estómago.

lavesedo #4 10/Maio/2007 lavesedo

tou dacordo coa maraghota.

arzaya #5 10/Maio/2007 arzaya

Podemos imaxinar un contrato do ministerio das Administraciones Públicas onde nos seus móbiles só figure a opción catalán?

luimipi #6 10/Maio/2007 luimipi

a min a iniciativa paréceme ben...se non é po-las boas...pois po-las malas. Cada un, inclusive as admon. teñen a opción de por unhas causas ou por outras non traballar con tal e cual empresa, ou poñer condicions...e as empresas que traballando en galiza non ofrecen servizos en condicions os galego-falantes...téñense que poñe-las pilas.

Sei que "impoñer" soa forte...e o é...!!. Pero unha recomendación pásana po-lo forro!.

saúdos

LOIS_DE_SILAN #7 10/Maio/2007 LOIS_DE_SILAN

A condición contractual da prohibición de discriminación lingüística (art. 14 CE) debe terse por implicitamente posta en todos os contratos (os dereitos humanos, os dereitos fundamentais non quedan a disposición das partes asinantes dun contrato, non é dereito dispositivo senón dereito necesario, ius cogens, de obrigado cumprimento para todos). Non só nos de telefonía da Xunta, nin só nos outros que a Xunta realice, senón en todo tipo de contratos.
A Xunta non só debe explicitar este feito, creando a cultura xurídica de que "NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN "CASTELA" NA SÚA, sen prexuízo de usarmos outras linguas coas persoas físicas ou naturais que por falta de arraigo aínda descoñezan lexitimamente a lingua propia do territorio", senón que debe asumir a defensa xurídica dese criterio diante dos órganos xurisdicionais no nome e representación de todos os que vexamos violados os nosos dereitos lingüísticos.
Por outra banda cabe salientar que as linguas, TODAS AS LINGUAS, impóñense. Outra cousa é que esa imposición sexa ou non lexítima ou sexa ou non percibida como tal polos que teñen que aprender a usar e, no seu caso, usaren a lingua de que se trate. Imposición que é consubstancial á súa estrutura xenética e de uso (dous ou máis usuarios, interlocutores).
O acordo do Parlamento, se non se interpreta como cláusula dispoñíbel polas partes dun contrato, pode ser un bo sinal para o galego.

Dias #8 10/Maio/2007 Dias

Eu acho que as operadoras imponhem o castelhano.
Do PP, outra cousa nom seria de esperar...

A2b2 #9 11/Maio/2007 A2b2

Dende o punto de vista mercantilista, "O que paga, manda". ¿ou nos ofreces o idoma galego, ou vas a "tomar vento"?.- Pareceme elemental a proposta do Parlamento de Gallaecia.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: