Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Fronte a construtora dun ex alcalde burelense do PP

Desactivado un artefacto explosivo no polígono industrial do Ceao en Lugo

Os autores avisaron da súa colocación por correo electrónico, asinado "Ningunha agresión sen resposta fronte á destrución do noso país. Resistencia xeneralizada". A policía atribúello a Resistencia Galega.

Redacción - 17:30 15/05/2007

Un equipo de técnicos especialistas en artefactos explosivos (TEDAX), dependente da Garda Civil, desactivou un artefacto explosivo no polígono industrial do Ceao, en Lugo, ás 16.20 horas desta terza feira, segundo informou Europa Press.

A Subdelegación do goberno español en Lugo informou dunha chamada advertindo da súa colocación, logo de que medios locais recibisen un correo electrónico que remataba coas palabras "Fronte a Destruçom Resistenza Xeralizada", anunciando da colocación do elemento explosivo.

A policía baralla a hipótese de que detrás desta acción estea o grupo Resistencia Galega, escindido de AMI, e ao que se lle relaciona con outras accións semellantes en Nigrán, hai uns meses, e en Cangas, a pasada semana.

Este estaba situado dentro dunha pota na mediana da Rúa da Industria fronte a empresa construtora Mon, do ex alcalde do PPdeG, Manuel Mon, a que os autores acusan dos estragos urbanísticos na Mariña lucense e no Concello de Miño (Betanzos).

Corte de luz
Ademais, Barras Eléctricas cortou a luz do tendido eléctrico da rúa para evitar danos. Ademais da construtora, na zona existe un supermercado, un concesionario de coches e outras empresas que tamén foron desaloxadas.

Xunto cos TEDAX, até o lugar achegouse a Policía Nacional española, a Local, así como ambulancias e bombeiros. Tamén desprazou até o lugar o delegado do goberno español en Galiza, Manuel Ameijeiras, o subdelegado do mesmo en Lugo, o alcalde e outras autoridades.


4,67/5 (9 votos)

Comentarios (6)

Barcelos #1 15/Maio/2007 Barcelos

Eramos poucos e pariu a avóa.

Espasende #2 15/Maio/2007 Espasende

OS iluminados que viven nunha bola deberían medir as consecuencias que teñen estas accións para o independentismo galego. Que pintan estes en Cangas? E agora en Lugo. E agora nas eleccións. Pensan que son ETA e non chegan a ser un grupiño que está a afastidiar unha loita. O pobo non está preparado para isto.

Fer #3 15/Maio/2007 Fer

Eu repito o que já dixem quando a "bomba" em Cangas: Nom me creo naaaaadinha.

casdeiro #4 16/Maio/2007 casdeiro

E reinvindicaron por medio de correo electrónico?!? Que usaron, Hotmail? ;-D A estas horas imaxino que xa estarán detidos, logo!

Barcelos #5 17/Maio/2007 Barcelos

A#4: ¡A imaxinación ao poder!

OBSERVADOR #6 17/Maio/2007 OBSERVADOR

"Fronte a Destruçom Resistenza Xeralizada"

Que caralhada é esta? Mais uma normativa de concórdia parida de novo por algum académico??

ILG-RAG: Fronte a Destrucción, Resistencia Xeralizada

PADRÃO BR/PT, ACORDO (AGAL): Frente à Destruição(çom), Resistência Generalizada

8-/

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: