A organización realiza unha valoración crítica do Decreto de normalización lingüística para o ensino que prepara o Goberno.
O presidente de Nova Escola Galega, Xosé Lastra, e o responsábel de comunicación da organización, Xosé Manuel Malheiro, presentaron este venres na Galería Sargadelos de Compostela o novo número do seu boletín de opinión, que nesta edición se centra na situación da lingua galega no ensino, así como na análise do Decreto normalizador que prepara o Goberno.
Segundo lembraron, os resultados dos estudos máis recentes ratifican "o fracaso evidente da escola como axente normalizador" da lingua. Ademais, respecto ao Decreto de normalización, botan en falta no proxecto medidas que "favorezan o avance e a consolidación dos proxectos lingüísticos dos centros educativos". "Descansar só na boa vontade pode supoñer que o avance dun curso sexa retroceso no seguinte", sinalaron.
Nova Escola Galega considera que para dar resposta axeitada á situación actual, "analizada dende unha perspectiva global, e tomando en conta os indicadores da evolución sociolingüística dos últimos anos", serían necesarias medidas moito máis "avanzadas e decididas", non só no eido do ensino," para conseguir "colectivamente" a reversión da tendencia á "substitución lingüística" en Galiza.
Cumprimento e control do Decreto
Ademais, critican que as disposicións recollidas no Decreto aínda en vigor, "non tan diferentes das propostas", nunca foron cumpridas de xeito efectivo. "Se esta nova proposta constitúe un avance significativo, só se vai poder saber se realmente hai unha vontade de cumprimento e control sobre as medidas recollidas", sinalan, e ao respecto engaden que isto foi "xustamente o que non existiu nos doce anos que pasaron dende a publicación do Decreto vixente".
Por último, amosan a súa preocupación por que entre os aspectos xerais considerados no Plan Xeral de Normalización Lingüística da Lingua Galega, aprobado en 2004, e a normativa proposta existe un "enorme baleiro", "sen prazos nin concreción", e para o que "non se ofrecen vías de progresión nin garantías de consolidación dos proxectos".
A Nova Escola Galega despertou depois de um sono de décadas. O galego está estragado mas eles falam como se tivessem vinte anos menos.
Será que há eleições.
O problema coñecémolo todos, de nada serve que TAMÉN os de NEG o denunciedes.
"Medidas moito máis avanzadas e decididas"...ou sexa que tampouco vós tedes nin a menor idea do que hai que facer!...pois REPÍTOVOLO: NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN "CASTELA" NA SÚA (art. 14 CE), sen prexuízo de usarmos outras linguas (nomeadamente o castelán cos outros españois que descoñezan o galego) con quen lexitimamente aínda descoñeza a lingua propia do territorio.
Mais, entendo que ós montados no politicamente correcto e no xuridicamente obsceno vos resulte amargo falar de uso EXCEPCIONAL do castelán fóra do seu territorio propio...preferides falar de NORMALIZAR o galego sen facer retroceder o castelán. A forza de repetir o do "bilingüísmo harmónico" fóisevos quedando!
A LINGUA PROPIA DO TERRITORIO TÉN QUE TER UN USO NORMAL, XERAL, HABITUAL POR PARTE DE TODOS OS ARRAIGADOS NO TERRITORIO, e isto significa que as outras linguas, AS LINGUAS ALLEAS, ENTRE ELAS O CASTELÁN, TEÑAN QUE SER USADAS SÓ EXCEPCIONALMENTE! E, curiosamente iso é o que manda o ordenamento xurídico!
MENOS IMPOSICIÓNS POR DECRETO!
A LINGUA É EXPRESIÓN DA LIBERDADE DUN POBO...!
QUEN PENSE EN IMPOÑELA POR DECRETO NON SABE DO QUE FALA...!
Complemento Lingüístico Galego:
O desenvolvemento da Lei de Normalización Lingüística debera cando menos INCENTIVAR ECONÓMICAMENTE ós profesionais do ensino que a leven adiante.
Do mesmo xeito que se promove a cultura e a edición de materiais en GALEGO e se lles libra ás Editorias cantidades inxentes de diñeiro público, ¿sería moito pedir que se INCENTIVEN os esforzos do profesorado para levar a cabo o proceso normalizador da lingua galega?
Aqueles funcionarios que soliciten un complemento mensual de 60 €uros brutos estarían 'obrigados' a acatar os trámites que lles foran esixidos pola Administración Educativa para comprobar o bo funcionamento das medidas adoptadas. Os que non o soliciten poderían manter a lingua castelá nas súas aulas sen ningún tipo de problema.
A medida sería moi exitosa para a Política Lingüística e lonxe de representar un custo nos orzamentos a medio prazo poderíamos AFORRAR MOITOS CARTOS en esforzos inútis (cursos, propaganda, plans de lectura, actuacións da inspección, resolución de conflictos, etc...)
Someto á consideración dos lectores esta INICIATIVA que tería unha dobre virtude: por un lado apostar en firme polo emprego do galego nas aulas e por outra banda garantir a liberdade lingüística dos cidadáns.
Aquelas persoas que por motivos ideolóxicos quixeran renunciar ó seu complemento lingüístico poderían beneficiarse se quixeran dunha deducción fiscal do 25% da coantía anual do complemento en calidade de doazón voluntaria á Normalización Lingüística Galega.
Ven de aprobarse un Plan de Lectura con 50 millóns de Euros até o 2011… eu me pregunto porque ós profesores non teñen dereito a ser recompensados polo seu traballo a prol da lingua galega cando tódolos demáis sectores parecen sacar beneficios da defensa do galego?
O Presidente da Real Academia Galega leva moita razón cando afirma que agora hai unha "presión maior nos institutos para que todo se someta á norma e non sei se iso é bo".
Parece que somos os funcionarios públicos ós únicos responsables da perda no uso do galego... e os críticos coa RAG (Mesa de Normalización) deberan saber que grazas a estes mesmos funcionarios docentes o Galego goza hoxe de boa saúde... O futuro das linguas non se pode determinar por decreto...!
Os profesionais do ensino tamén somos de carne e oso, comemos coma todo o mundo aínda que non cobramos 'dietas' por representar a ninguén nas Institucións do pais... a nosa laboura calada de días, anos, lustros... NUNCA É RECOMPENSADA ECONOMICAMENTE... e o resto da sociedade o sabe ben!
Un Complemento Lingüístico para os docentes que empreguen o galego nas súas aulas LIBREMENTE... non ten porque ser un problema cando se destinan millóns de euros á industria do audiovisual en galego, ás editorias para a normalización dos libros de texto, ás bibliotecas escolares, ós departamentos de lingüística aplicada, á traducción de sistemas informáticos...
¿É moito pedir ser tratado igual que tódolos demáis?
Erasmo
Profesor de Filosofía en Secundaria.
Amante da súa lingua e da Liberdade...!