A Consellería de Educación promoverá, ademais, a substitución dos libros de matemáticas en castelán por outros na nosa lingua.
Educación apoiará a compra de libros de matemáticas en galego
Educación completará no curso 2007/2008 a gratuidade dos libros de texto para todos os niveis de ensino obrigatorio nos centros públicos. Para iso, publica no DOG do luns 21 a orde reguladora, que estende a gratuidade a 1º e 3º da ESO. Destinaranse 23,4 millóns de euros para esta acción.
No programa incluirase, ademais, o alumnado con necesidades educativas especiais de centros específicos ou ordinarios. Como novidade, repoñeranse os libros de matemáticas de 3º, 4º e 5º de primaria e 2º e 4º de secundaria nos centros onde tivesen textos en castelán durante o curso pasado, para que os poidan mercar en galego.
Tamén se substituirán os libros deses mesmos cursos que sufrisen deterioro e mais nos centros onde houbese un incremento do alumnado. Ademais, repoñeranse os libros de 1º, 2º e 6º de primaria, despois de teren pasado catro anos dende a súa implantación.
Segundo estabelece a orde, o programa aplicarase a todos os centros sostidos con fondos públicos, para que lle faciliten os libros de texto ao alumnado de ensino obrigatorio e especial na modalidade de préstamo. Reutilizaranse durante catro anos, agás os dos dous primeiros cursos de primaria.
Os pais haberán de cubrir os impresos de adquisición de libros de texto nos centros, durante os períodos de matrícula, e entregárenos nas librarías que decidan antes do 31 de xullo. Logo, os estabelecementos teranos que entregar nos centros educativos entre o 1 e o 5 de setembro.
23,4 millóns de euros para esta acción!!!
O negocio da lingua é sustancioso... pero cando os profesores pedimos que se INCENTIVE o emprego do Galego nas aulas: algúns puristas chámannos 'peseteiros'...!
Sigo reclamando HOXE MAIS CA NUNCA un Complemento Lingüístico Galego que teña en conta o TRABALLO DOS PROFESORES A PROL DA LINGUA GALEGA!
Non vai ser todo o negocio para as EDITORIAS...!!!
Todos temos dereito a un anaco do PASTEL!
En principio xa é moi discutible que a axuda teña que ser xeral para todos e non en función da renda. Claro que se se fai pola renda, a gratuídade afectaría ás familias con pais das chamadas profesións liberais, é dicir, dos que cotizan a Facenda con trampa.
O que é un auténtico despilfarro é a reposición dos libros de MATEMÁTICAS en galego pois no curso 2008-09 entran en vigor os novos curricula, co cal estes libros terían validez ¡¡¡por un só curso!!! E entre aulas co libro de Matemáticas en galego e docencia impartida en castelán, prefiro, durante un curso, libro en castelán e docencia en galego.
Donicela totalmente de acordo!
Só que eu preferiría que eses cartos chegaran ós petos dos que falan a lingua galega nas aulas e NON serviran para DEFORESTAR E CONTAMINAR nun despilfarro insostible que só ven imposto polo cumprimento estricto dunha Normativa Curricular pactada polos nosos políticos de turno!
E no que atinxe á LOXÍSTICA que se precisa para fornecer de libros gratuítos ó alumnado gostaríame que alguén reparase en que os profesores NON SOMOS LIBREIROS NIN CONTABLES para andar a perder o noso valioso tempo en papeleos sen fin...!
Se somos ricos alégrome. Se un Centro ten 600 alumnos de matrícula bastaría con mercar dun só golpe os materiais necesarios vía CONCURSO e punto final.
Pero polo que se vé todo o mundo é solidario cos 'libreiros' e niguén se apiada dos profesores!
Así nos vai...!
Por iso RECLAMO volverme 'libreiro' e cobrar a miña cota lingüística para ver se empezamos a poñer os tildes onde corresponden!
A min ademais do despilfarro económico e ecolóxico, nen siquera me parece progresista esta medida dos libros de texto gratuitos desde un punto de vista do docente, os libros de texto, gratuitos ou non, o que fan é uniformizar o ensino, ¿non estamos por adaptar a materia ao entorno? ao nivel do alumnado? as circunstancias do grupo e do centro? , pois iso é case incompatible co uso do libro de texto, pois o noso libro,non nos enganemos, é igual co Andalú. E xa posto, de subvencionar algo, porque non subvencionar o material elaborado polos profesores, cun pouco de sorte está mais adaptado ao que temos entre mans.
Os que ademais temos algo de agarimo por este país, pola súa historia, ainda peor. Xa mirei un libro deses que xa van estar en galego, saia un problema duns rapaces, chámabanse Joseba, Andoni, non había Uxia nen Antias, seguimos sendo os pobres ata pras editoriais, ningún respeto. Por suposto cando falan de medidas tradicionais nomean as de Castela, nunca as galegas, en fin, nisto pedimos que gasten os cartiños. Eu non estou dacordo, prefiron que sexan gratis as calculadoras, o instrumental de debuxo, os diccionarios, etc, as ferramentas digamos, non os textos.
Xesta xa se subvencionan os MATERIAIS feitos polos profesores previa factura da Copisteria correspondente ata unha cantidade global por curso... así que se te animas podes facer os teus propios 'apuntes' e fotocopialos para repartirllos ó alumnado...
O que pasa é que nesta versión os profesores faríamos GRATIS todo o traballo que veñen COBRANDO as Editoriais... como sempre ó profes tócanos traballar gratis para que outros podan SEGUIR COBRANDO!
Levas razón en que moitas veces o Libro de Texto só é unha especie de rede de seguridade para solventar problemas burocráticos no ensino (véxase probas de recuperación, contidos mínimos, probas extraordinarias de setembro para alumnado que nin siquera apareceu polas aulas en todo o ano... etc.)
E a maior parte das veces a extensión do libro de texto é IMPOSIBLE de tratar nas aulas polo que supón un auténtico DESPILFARRO!