Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

Baltar láiase de perder a "xoia da coroa"

"Parecíame que estaba chupado", afirmou o presidente da Deputación de Ourense, recoñecendo a súa parte de responsabilidade na perda de poder na capital.

Redacción - 09:00 30/05/2007

Mirou o presidente da deputación, e número dous da candidatura do PPdeG na cidade de Ourense, cara ao centro da cidade, onde analizou que o seu partido acostumaba a ter máis votos e onde dixo ver unha das claves da perda da maioría absoluta. Xosé Luís Baltar apuntouse a si mesmo como presidente provincial do partido en canto ao "responsábel xeral" da caída dos populares en Ourense, aínda que estendeu a responsabilidade a outros responsábeis locais. "Non hai que escorrer o vulto", dixo.

"Tiñamos boas vibracións antes da xornada electoral e un magnífico candidato e parecíame que gañar estaba chupado", referiu sobre o fracaso na cidade das Burgas. Alén da capital, indicou sobre o resto de municipios que "nunca se me pasou pola cabeza perder alcaldías como Maceda, Amoeiro ou Maside" e recoñeceu que a caída xeral en votos do PPdeG foi maior da que agardaba. Ao respecto do futuro, avanzou que xa están en marcha as conversas en diversos concellos onde candidaturas independentes lle poderían garantir o goberno ao PP. Ademais, asegurou que estimulará mesmo a busca de pactos "puntuais e programáticos" con socialistas e nacionalistas. "O PP pode pactar con calquera", subliñou.


4.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: