Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: ourense

hai 1 dia /

Máis buratos no PXOM ourensán

Catro novas sentenzas do TSXG que segundo o actual goberno local son consecuencia "do traballo mal feito" do anterior goberno co PP á fronte.


Logotipo das xornadas Web 2.0
hai 2 dias /

Ourense convértese no centro da web 2.0

Analízanse todos os aspectos das redes sociais nunha serie de conferencias organizadas por Industria e polas universidades.


hai 3 dias /

Denuncia das "prazas a medida" na Deputación de Ourense

O PSdeG pide a paralización de todos os procesos de selección de persoal por seren "de dubidosa legalidade e transparencia".


2/Maio/2008 /

A impunidade das empresas públicas nos delitos ambientais

Luís Díaz Cabanela, médico, máster en toxicoloxía e vogal de Adega, analiza nun artigo as consecuencias do vertido de gasóleo do Adif en Ourense.


2/Maio/2008 /

"Despois de depurar as augas, depuren responsabilidades", pide o PPdeG

Critican que o presidente da Xunta negase a chegada da contaminación ao río despois de que a Confederación Hidrográfica xa o confirmara.


30/Abril/2008 /

ADEGA pide a demisión do Concelleiro de medio Ambiente de Ourense

 Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) despois dos lamentabeis sucesos de vertido dos derivados dos hidrocarburos ao río Miño procedentes dos depósitos da empresa ADIF, esixe a demisión do concelleiro responsábel de Medio Ambiente ante a evidencia de que era coñecedor, por ter sido avisado pola Policía Local, do importante e perigoso vertido de gasóleo á rede pública de sumidoiros desde a tarde do sábado, 26 de abril, e non comunicou nada aos servizos técnicos da empresa Aquagest, dando por boa a versión ofrecida na roda de prensa da mañá do luns, 28 de abril, de que se detectou a vertedura "casualmente" por parte do persoal que atende os servizos da depuradora de Reza esa mesma mañá. 


30/Abril/2008 /

Amigos da Terra esixe ás administracións transparencia no caso do gasoil vertido por Adif

A fuga do gasoil deuse a coñecer o luns, pero o certo é que xa o sábado os veciños de Reza alertaban da presenza dun forte cheiro a fuel na zona, póndoo en coñecemento do Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil.


30/Abril/2008 /

O fuel da Adif chegou ao Miño

A depuradora duplica o seu ritmo de procesamento para facerlle fronte ao escape de gasóleo, ao tempo que recoñece que o vertido se detectou hai cinco días.


28/Abril/2008 /

“S.O.S. CLIMA” en Ourense, a campaña de Amigos da Terra pola redución das emisións de CO2

Coincidindo coa estancia dos Pingüíns que están a recorrer toda Europa pedindo a promulgación e aprobación da lei que poña remedio a crise climática na que nos atopamos e que non auguria bos pronosticos de non por os nosos gobernos a parte que lles corresponde, o mércores 30 de Abril, Amigos da Terra convoca á cidadanía a unha nova acción informativa desta campaña.


Río Miño
29/Abril/2008 /

O tenente de alcalde de Ourense pide unha investigación sobre o vertido do Adif

Alexandre Sánchez Vidal quere saber se o depósito se volveu encher e seguiu vertendo despois da primeira filtración.


Río Miño
28/Abril/2008 /

O Adif estivo vertendo gasóleo á rede de saneamento de Ourense dende o sábado

A filtración, procedente dun colector de 50.000 litros, foi detectada o luns ao mediodía grazas a un aviso.


14/Abril/2008 /

Miteu: Dúas semanas de teatro novo

Até o día 27 de abril pasarán pola cidade grupos de nove países ofrecendo máis de trinta representacións.


Baltar
11/Abril/2008 /

Baltar quere manexar os tempos do seu adeus

Alberto Núñez Feijoo, anuncia "axustes" no PP de Ourense pero confirma a continuidade do barón provincial.


4/Abril/2008 /

Finca Santamariña: o "pelotazo" que os tribunais legalizaron en Ourense

PSdeG e BNG prognostican que será unha das últimas "tropelías" de Baltar antes de que os cidadáns lle retiren a confianza definitivamente.


2/Abril/2008 /

"Como estamos non podemos seguir", avisa Cabezas a Baltar

Impulsado pola intención da dirección actual do PPdeG de meterlle man ao fortín baltarista, o ex alcalde racha o silencio e pide "cambio de rumbo".


18/Marzo/2008 /

Baltar concede "facilidades" se queren relevalo pero avisa: "O 90% apóianme"

Despois de que Feijoo anunciase que os "cambios" no PP ourensán comezarán no contorno máis local.


17/Marzo/2008 /

Ourense ameaza con multar o Ministerio se non rehabilita o Claustro de San Francisco

O pasado 24 de febreiro produciuse un incendio, que moveu ao concello a apremiar o inicio das obras de mellora no edificio.


17/Marzo/2008 /

A renovación do PP ourensán comezará por baixo de Baltar

"Hai que poñer caras novas", explica o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, ao respecto dos cambios pendentes a nivel local.


11/Marzo/2008 /

Baltar admite a "decepción grande" polos resultados do PP en Ourense

Fala de "derrota" do seu partido na provincia e atribúella ao "efecto Zapatero" que na súa opinión "chegou, aínda que con atraso" a Ourense.


5/Marzo/2008 /

Comeza a Bienal de Caricatura de Ourense

Na mostra, que homenaxeará ao Carrabouxo, exhibiranse obras de Fernando Quesada, Xaquín Marín, Pepe Carreiro, Pinto&Chinto, Miguelanxo Prado ou Kiko Da Silva.