Os nacionalistas galegos ofrecen colaboración pero piden que “non se criminalicen ideoloxías”
“Neste momento faise máis necesario ca nunca impulsar un grande acordo que incúa todas as forzas políticas do arco parlamentario do Estado para persuadir a ETA que en ningún caso vai obter réditos políticos pola vía da violencia”, sinala un comunicado do BNG.
Dende a formación nacionalista explícase que para o acordo sexa eficaz “non pode cimentarse sobre a base do bipartidismo e pola contra, debe reflectir o pluralismo político, social e nacional existente no Estado”. O BNG pide que ningún partido caia na tentación de “utilizar o drama terrorista para obter vantaxes políticas”. Por iso, solicita que non se criminalicen ideoloxías ou gobernos que son lexítimos.
nestes tempos de grandes palabras e consensos cimentados por comenencias, o imposible equilibrio no que tenta manterse o grupo frentista é toda unha declaración de intencións.
dentro de esa retórica valeira, a única ventaxa da que poden gozar estes esforzados paladíns da liberdade e da paz, vai ser a dos emolumentos que, do erario público, transitan sixilosos ás contas correntes dos máis prominentes moradores de despachos mullidos mentras que, e parafraseando a darío, a sociedade fermosa e sana sonríe os máis displicentes, con cara de boba musitando frases e azaneando que sí.
pero non. o problema non é tanto de eta, como se nos quere facer ver, se non da inoperancia e impotencia dun grupo de políticos que asaltou as areas do estado en busca de algo que sabía a ruptura e que soio é capaz de pasar de lado pedindo escusas a condolezza e a rajoy. e ese fin de tregua é, máis que outra cousa, a expresión concreta e real dunha derrota: da de zapatero. pero ollo, non vaia o bloque inmolarse na mesma pira únicamente pola vicepresidencia e polas consellerías de industria e medio rural ( que indudablemente son importantes, anque habería que estudar detidamente para quen ); este novo pesoe cheira a vello e rancio. foi doado gobernar mentras chegaban as boas palabras, mentras non houbo que facer concesións. foi coma unha tarde de merenda con roupa nova e unha moza guapiña deitada na erba fresca, pero haberá que ver como se faixan estes tipos cando empecen os tiros. e eu non dou un peso por eles; cando a couse se poña negra, o aparato da famosa e plural democracia española, váinos fagocitar a todos. sen duda vai ser divertido ver como se escaralla todo.