O voceiro de Batasuna cre que o comunicado desta terza non significa que "todo rematou" e que "o proceso é posíbel".
O portavoz de Batasuna Arnaldo Otegi dixo que a responsabilidade da ruptura do cesamento do fogo "corresponde única e exclusivamente a ETA", malia manifestar que "o fracaso e o colapso do chamado proceso de paz é responsabilidade do goberno español e do PNV".
Otegi ofreceu unha conferencia de prensa en Donostia xunto con Pernando Barrena e Marije Fullaondo na que asegurou que, malia a "grande preocupación" que poida xerar a ruptura da tregua, non se lle debe transmitir á cidadanía que "todo rematou" porque "hoxe o proceso é posíbel neste país".
Otegi sinalou que a esquerda abertzale "se reafirma ao pé da letra na proposta de Anoeta" e engadiu que "as treguas e os climas de distensión forman parte do proceso mais non son o proceso".
Ou não sei ler, ou leio cousas distintas, ou sodes vós os de VIEIROS quem ledes mal. Não leio que Otegi "culpe" a ETA de nada. Só se "culpa" alguém de fazer acções negativas. Não é assim como o vê Otegi, segundo Gara:
>
Por outras palavras: que ninguém responsabilize a esquerda abertzale da decisão da ETA, quer dizer Otegi.
-celso
Não me saiu a citação de GARA. Repito-a:
''En ese sentido, [Otegi] ha apuntado que la responsabilidad de la opción adoptada por ETA "recae solamente en la organización".''
Eu tampouco vexo que Otegui culpe a ETA. Se fose así o seu partido quedaría automaticamente legalizado.
Das palabras de Otegui dedúcese que fala en clave. El sabe do que está falando e a quen lle manda a mensaxe e o Goberno e o PNV tamén saben o por que.
Misterios sen resolver.
"culpar" ou "recair a responsabilidade"? São cousas tão diferentes? Otegi está dizer que o fim da trégua é cousa do ETA. E que a esquerda abertzale, como diz acima o Celso, não tem nada a ver.