Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Defensa do contorno natural

SOS Courel acumula 10 mil sinaturas para protexer a serra

Aspira a crear un parque natural máis grande do que propón a Xunta para así evitar a implantación de novas canteiras.

Redacción - 10:28 15/06/2007

A asociación ecolóxico-cultural SOS Courel, formada por veciños de Folgoso, reclámalle á Xunta que lle dea á zona a declaración de parque natural, e que inclúa as cuncas íntegras dos ríos Lor-Louzara, Selmo, Soldón e Ferreiriño. Deste xeito, esperan protexelo de impactos e concesións como canteiras, parques eólicos, vertedoiros ou centrais hidroeléctricas.

A proposta de parque natural é moito máis ampla ca a proposta polo Goberno, que abrangue só unha sétima parte do conxunto montañoso. A agrupación considera que a declaración oficial só serve para disimular a autorización de catro macrocanteiras na zona, onde xa hai máis dunha ducia deste tipo de explotacións.

Para acadar o seu obxectivo, está a recoller sinaturas para presentarllas ao presidente da Xunta o 21 de xullo. Conta xa practicamente con 10.000, pero espera dobrar esa cantidade. Como demostración da riqueza natural do Courel, presentan este vídeo:


4.89/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: