Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Roto o acordo marco fóra das urbes

O BNG incumpre o pacto en Muros, Porto do Son e Corcubión, e o PSdeG en Pontecesures

Redacción - 17:45 16/06/2007

O coordinador xeral do BNG, Francisco Jorquera, anunciou este sábado que o seu grupo abrirá expedientes de expulsión aos membros da formación nacionalista nos concellos de Muros, Porto do Son e Corcubión, ante o incumprimento do pacto de goberno municipal asinado entre as direccións nacionais do BNG e do PSdeG, por se negaren a apoiar á lista máis votada, que era a dos socialistas.

Jorquera lamentou o incumprimento do pacto por parte de membros da súa propia formación nestes tres concellos, así como o protagonizado polo PSdeG en Pontecesures, formación que apoiou a unha única edil independente que será a vindeira alcaldesa, tamén co respaldo do PPdeG.

Case unha trintena de alcaldías nacionalistas
"Nunca antes o nacionalismo galego obtivo tantas alcaldías nin participará en tantos gobernos como fará tras estas eleccións municipais. O cambio galego estenderase así aos concellos", engadiu.

Este sábado tomaron posesión alcaldes do BNG nas vilas de Vilasantar, Allariz, Rairiz de Veiga, Vilar de Santos, A Bola, Maceda, Arzúa, Sada, Boiro, Carballo, Zas, Mugardos, San Sadurniño, Melide, Teo, Monforte, Mondoñedo, Ribadeo, Riotorto, Pobra do Brollón, Bueu, Tomiño, Salceda de Caselas, Cangas, Moaña, Poio, Gondomar e O Porriño, ademais de na cidade de Pontevedra.

Tamén en Muros e en Corcubión as corporacións municipais elixiron un alcalde do BNG. Porén, a executiva nacional da formación nacionalista renega destas alcaldías e non as contabiliza como propias.


3,86/5 (14 votos)


Comentarios (5)

A2b2 #1 17/Xuño/2007 A2b2
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡foder! ¡foder! ¡foder!..... haber se nos enteramos que o Bloque Nacionalista Galego non é un partido!!!

txari #2 17/Xuño/2007 txari
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O Bng incumpliu o pacto en Corcubión polo ben dos vizinhos, pero nom fixo alcalde a o PP, senón que quedou Rafael Mouzo (BNG)como alcalde, nom sei porque nono incluides na lista final, é que jâ o excluides do partido antes de resolverese calqueira expadiente de expulsióm??

JohnLocke #3 17/Xuño/2007 JohnLocke
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Haber haberá. E não creo que o BNG expulse concelheiros que acadaron alcaldias para a formação política -seja partido ou não.

Jatopardo #4 18/Xuño/2007 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En Porto do Son, un concello onde o promotor inmobiliario máis importante é un funcionario do concello, Ánxela Franco hai tres anos que leva dicindo que nunca pactaría co socialista Ramón Quintáns, un alcalde que fixo tristemente famoso a Porto do Son polos seus escándalos urbanísticos.

Un alcalde (ahora ex) ao que lle dimitiu o concelleiro de urbanismo, o arquitecto municipal e a aparelladora. Un alcalde que esnaquizou Portosín coa súa política urbanística e agora segue con Porto do Son. Un socialista que quere esnaquizar as inmediacións do Castro de Baroña cunha xigantesca piscafactoría, denunciada tamén por Adega e Greenpeace. Un socialista, Ramón Quintáns, que quere facer un campo de golf de 750.000 metros cadrados na zona de Caamaño, tamén denunciado por Adega. Un alcalde ao que lle acaban de atopar un baixo na Toxa e un piso de 131 metros en Santiago, valorados ambos en máis de 600.000 euros. ¿Con este elemento é co que quere a dirección do BNG que pacte a candidata de Porto do Son Anxela Franco?

¿Estades todos tolos ou qué?

anacleto #5 19/Xuño/2007 anacleto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A min paréceme moi ben que donde o PSOE se pase de rosca, ou teña incumplido pactos anteriormente, vexa como o bloque lle devolve a moeda.A ver si así aprenden aquelo de "donde as dan, tómanas".

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: