A concentración das empresas autóctonas tería capacidade para unha facturación ben superior aos 300 millóns de euros
Aínda que se falou de darlle entrada a capital foráneo, as partes están convencidas de que é posíbel sacar adiante un grupo exclusivamente galego. Leite Río e Feiraco, coa unión da moito máis pequena Colaga, poden acadar un nivel de facturación anual moi superior aos 300 millóns de euros. Isto significaría que o novo proxecto entraría entre as vinte primeiras empresas do país
A importancia estratéxica desta concentración é clara. O grupo resultante pasaría a estar na lista das vinte empresas que máis facturan en Galiza. A aposta xeraría preto de 500 postos de traballo directos, ao que habería que sumar a máis que posíbel creación de pequenas empresas auxiliares.
Os contactos entre Leite Río, Feiraco e Cooperativas Lácteas de Galicia (Colaga) continúan cos responsábeis de Medio Rural como promotores das conversas. Tal e como sinalabamos nunha información anterior, as dúas caixas galegas teríanse comprometido coas partes a apoiar a operación.
Aínda que as fontes oficiais se negan a facilitar ningunha información ao respecto das negociacións do Grupo Lácteo Galego, estas están cada vez máis avanzadas. Algunhas voces, as máis optimistas, apuntan que o peche do acordo pode ser só cuestión de semanas pero outros sinalan que hai punto importantes por concretar.
O que si semella claro é que a principal aposta é polos produtos con valor engadido, algo que demandaron, ao fío das informacións xornalísticas, sindicatos coma Unións Agrarias. Tanto as empresas coma a consellaría son conscientes de que é preciso deixar de producir leite barato para terceiros e intentar crear plusvalías do produto.
xa ía sendo hora! isto é coma cando gaña o teu equipo.. eu a feiraco sempre lle tiven un cariño especial..
Sen ánimo de chorar, pero si de pedir responsabilidades ainda q sexa morais, deberia por fin chegarse a ese acordo.
Se alguén foi por francia verá un espello no q se deberia mirar ese grupo lácteo: centos de produtos con alto valor engadido, concentrado tanto no mercado interno como na exportación, puxante e inovador como ningún.
Anos levo eu esperando un queixo galego de barrar no pan, e se foran un pouco avispados engadiríanlle noces (Bo para o corazón), soia (Boa para as mulleres en concreto), etc, etc.
Se Medio Rural consigue artellar un proxecto así é para sacarlle o sombreiro a Suárez Canal. Aínda que supoño que vai haber demasiadas presións, demasiados intereses alleos para logralo. Forza