As críticas que esta semana lanzou o PPdeG contra a maior presenza do galego nas escolas poden abrir unha nova batalla política.
Lograr o consenso para un decreto de galeguización do ensino non era tarefa doada. Na mesa de negociación as posturas eran distantes dende o primeiro momento. A visión de nacionalistas e populares a respecto do tema era claramente diverxente. Mentres os primeiros alertaban da dramática situación do galego entre os máis novos, os segundos insistían nunha reforma morna, que respectara o “bilingüismo harmónico”.
Aínda que había dúbidas da vontade real da Consellaría de Educación, a titular do departamento, Laura Sánchez Piñón, tomou en serio o cambio de normativa. Tal e como adiantou Vieiros en decembro do ano pasado, o primeiro borrador que presentou a conselleira estipulaba a obrigatoriedade de impartir en galego entre o 56 e o 68% das materias. En comparanza co anterior decreto, a presenza do idioma propio era o dobre. Naquel borrador tamén se falaba da aprendizaxe da lectoescrita en galego.
Os populares negáronse a aceptar a proposta xa que coidaban que desfacía o principio do “bilingüismo harmónico”. Moitos eran os que aseguraban que os negociadores do PP estaban a recibir presións do partido dende Madrid. Porén había máis obstáculos: certos sectores do PSdeG tampouco vían con bos ollos a proposta da consellaría.
En Baleares si, en Galiza non
O segundo borrador, que resultaría definitivo, estipulaba unha obrigatoriedade mínima dun 50% das materias. O documento cumpría as directrices do Plan de Normalización que apoiou o propio PP en 2004 pero que nunca decidiu a levar á práctica. A maiores había un precedente a nivel estatal, o propio PP balear aprobara xa en 1997 unha norma semellante na que o catalán incluso era a lingua vehicular do ensino.
Agora o PP galego recúa alegando que o decreto significa unha inmersión lingüística encuberta. A razón é que aínda que estipula unha porcentaxe mínima (50%) deixa aberta a porta para que os propios centros poidan ampliar a presenza do galego atendendo a razóns sociolingüísticas. Mais fontes consultadas por Vieiros sinalan que o problema radica na negativa dos populares a recoñecer o fracaso das políticas lingüísticas ao longo de 16 anos no goberno. A consellaría, co apoio firme do BNG, está decidida a levar adiante unha reforma máis que necesaria para que o galego non perda aínda máis terreo no ensino. A pregunta é se o PP está disposto a comezar unha guerra política coa lingua, ao igual que intentan plataformas como Tan gallego como el gallego.
ANTE EL TRIBUNAL CONSTITUCIONAL
La UDE recurrirá el decreto que discrimina al castellano en Galicia
La Unión Democrática de Estudiantes (UDE), la principal organización estudiantil de España, recurrirá ante el Tribunal Constitucional (TC) junto con otras asociaciones de movimientos cívicos el arrinconamiento del castellano por parte de la Xunta de Galicia. Y denuncia que el nuevo decreto de enseñanza sólo garantiza el uso del castellano en la asignatura de Lengua castellana, "equiparando la lengua mayoritaria de los gallegos" -el castellano- "a una lengua extranjera". UDE luchará para impedir la vulneración del derecho de los gallegos a escolarizar a sus hijos en castellano.
Parece que entrássemos em guerra ou algo assim! Serei o primeiro a dizê-lo!
Viva Espanha!
Moi bien, moi bien, Gaviotero. "la lengua mayoritaria de los gallegos" -el castellano-, será na túa casa ou na elite social á que pertences, pero, por desgracia para ti, non na maior parte das familias nin na sociedade do noso país.
Hei de recoñecer que o traballo feito polos políticos "descastados" que deron o lombo á cultura galega durante moitos anos, equiparando galego con incultura, está dando os seus froitos. O "moderno" para moita xente é falar "castellano" con acento pijo "no sabes" "osea", e se pode ser, falar inglés con acento de "Oxford". Algúns aínda estamos preocupados por manter a cultura dos nosos ancestros.
O do PP non lle pode estranar a ninguén. Durante os anos que gobernaron non tiñan problema algún para aprobar calquera normativa sobre normalización lingüistica. Total, que máis daba, íase incumprir a partir do día seguinte. ¿Onde estiveron os controis da Xunta do PP do cumprimento da Lei?. Nos centros de ensino, moitos e moitas "profes" pasaronse,e pasanse, a lei polo "forro", e non pasaba nada.
Agora o PP oponse á nova normativa, non polo 50%, senón por que hai moitas posibilidades de que se faga cumprir. Agardo que así sexa.
Ah. E o que queira falar "castellano" que o fale, e que se considera que a nova norma supón unha imposición do galego, que teñan a decencia de recoñecer que durante moitos, moitos, anos houbo imposición do "castellano" e que eles non estaban ahí, como están agora, para denunciar ese feito.
En fin, en galicia-galiza, como non podería ser doutro xeito, en galego.
NA GALIZA EM GALEGO. No nosso pais nom há bilinguismo há diglosia. Pra que o castelan estivera ao mesmo nivel que o galego tinham que pasar por el vários séculos de repressom e ditaduras. Depois disso falamos. O castelan é de castela. Nos nom somos castelans caralho!
¿Así que, segundo o Gaviotero, a lingua maioritaria dos galegos é o castelán? Pois non o é a pesar dos séculos de imposición.
Nas cidades por suposto que si, que é maioritario o castelán, e ademais o galego que se fala él lastimeiro, magoante, penoso, porque está super-castelanizado.
Mais no campo ou nos pequenos pobos e aldeas, que é o maioritario en Galiza, fálase exclusivamente GALEGO. E galego moito menos castelanizado que nas cidades.
Non pode ser que deixemos pasar como se nada o que é falso, non podemos tolerar a cínica manipulación e terxiversación dos feitos, a difusión da ignorancia.
Só faltaría iso.
Por fin podemos por o freo de man para intentar evitar a desaparición do galego, os do PP estaban conseguindoo, por iso agora se alporizan. E que só eles teñen dereitos? Os galegos tamén queremos loitar para ter unha lingua viva, nosa.
Para ser xustos, a UDE tamén debería loitar para impedir a vulneración do dereito dos galegos a ser escolarizados en galego.
En Galicia, como en el resto de España, la primera lengua es el español. Ya en Galicia, le sigue a cierta distancia el castrapo y por último, prácticamente a la par, el gallego-lusista hablado por los memos niños de papá que estudian en Santiago de AMI y el gallego-normativo hablado por los políticos (Touriño, Quintana, etc.) cuando les ponen delante un micrófono o una cámara.
Por cierto, Andrade, para luchar por lo que tú dices ya tenemos al bipartito y demás hordas nacis.
Parece mentira, mira que levamos anos com isto de internet e ainda nom sabedes tratar com um troll. NOM faledes com ele, continuada com a conversa sem fazer referência às suas parvadas. Uns dias e marcha. Por cada resposta temos que o aturar umha semaninha mais, nom lhe dedes o que quer...
Fer:
Creo que é necesario contestar a certas cousas, tal vez moitas, que di ese tío porque son cousas que pensa moita xenta na sociedade ou polo menos son dúbidas que ten non pouca xente. Así que se eu lle respondo algunhas veces non é só por el e si porque me parece necesario facer unhas reflexións sobre certas cousas par moita xente que non é o Gaviotero ese.
este artigo ou noticia ou o que sexa é pouco serio e non di nada. Non tedes nada non aportades ningunha información!!
Muy bien, Xeonllo, al menos tú demuestras que aunque estemos en desacuerdo en nuestras ideas, se puede intentar razonar por ambas partes.
Otros prefieren llamar "troll" al que discrepa y seguir viviendo en su ignorancia naci...
Tranquilo, Fer, he venido a quedarme mucho, pero muuuuuucho tiempo...
De hecho, es que no tengo otra cosa mejor que hacer, ¿sabes?
Gaviotero, canto é 16.000 persoas con respecto a poboación total de Galiza?
Que poucos sodes para ser maioría, non? Ou igual si, dependendo do que entendas por maioría...
E por si acaso é necesario facerche as preguntas nunha lingua internacional:
колико је шеснестхилјад од целокипна становнишсва Галисије?
Ма дај, нисте ви толики да будете већина! мада можда ви разумете "већина" на неки други, нејсани наћин....
Veña, xa tes tarefa para te entreter toda a semana: procura os erros ortográficos e léxicos!
#13 "De hecho, es que no tengo otra cosa mejor que hacer, ¿sabes?"
Pois não sabes quanto o lamento gheivoteiro, que pobreza de vida... hehehehe, mas não vás embora, oh, com o que me divertes... seria pena...
o que não sei se serás um "memo-niño de papá como tu dizes", hahaha, dás o perfil, eh?
Que digo eu que para que o Espanhol seja uma língua tão principal tem bons grãos
no cu... se calhar não por muito tempo... hehehe, mas está-lhe a custar bem assimilar o populacho, porque desde 1230 já choveu eh?
Deixemos ben loxe as guerras... ou deixémo-lo para os que viven e disfrutan delas, para os que ameazan con "iniciativas legislativas", e co uso partidista e fraudulento da constitución, para os que queren encrespar o ambiente porque viven e sacan proveito diso. Dexémolos alá coas súas leas inúteis e interesadas. A nosa lingua ben merece un esforzo e fronte o traballo individual non há mareantes que torzan a nosa vontade.
16.000, que finalmente fueron cerca de 25.000 son, en todo caso, muchos más que los afiliados al BNG, por ponerte un ejemplo. O muchos más de los que leen diariamente Vieiros.
Fíjate tú...
O de 25.000 que sacas ti de vai saber onde é menos do 10% da poboación total de Galiza. O 90% restante (é dicir a MAIORÍA) non conta?
Xa, xa sei que tipo de maiorías son as que te gustan.
Antes de máis, parabéns para a xente de Mundogaliza por recolleren na súa reseña argumentos do TC expostos pola Alba Nogueira. Boto sempre moito en falta novas argumentadas. Con todo, sen desprezar a autoridade do TC, e sobre todo a súa función no sistema xurídico-político español, gostaríame que a xente do ODL se esforzase en dispor dun corpo doutrinal propio en materia de dereitos lingüísticos.
Por outra banda, e xa vou co comentario, non se debera esquecer o papel que desempeña a oficialidade do castelán fóra do seu territorio propio e a obriga xeral de coñecelo por parte de todos os españois (que teñan aptitudes para aprendelo!): o castelán (amais do seu papel de lingua habitual no seu territorio propio) funciona no pequecho universo das linguas españolas como interlingua, como lingua común ou universal, como lingua antidiscriminatoria. É a lingua que podemos usar os españois como lingua ponte cando saímos dentro de España a territorios onde a súa lingua propia é distinta á do noso territorio lingüístico.
Daquela, constitucionalmente, o dominio do castelán en territorios españois nos que é lingua allea debe ser o suficiente como para cumprir esa función ponte; mais, en absoluto ten que ser igual, análogo ou semellante ó dominio esixíbel da lingua propia do territorio. Os artigos 3.3 e 14 CE esixen un dominio análogo ou equiparábel respecto de cada lingua territorial por parte da respectiva comunidade lingüística. Dito doutro xeito, a Constitución esixe que os galegos coñezamos e usemos na Galiza o galego como coñecen e usan en "Castela" o castelán os castelaos....NIN MÁIS NIN MENOS!
Así as cousas, é obvio que na Galiza é perfectamente constitucional (outra cousa é a constitucionalidade plena ou non da literalidade da Lei de Normalización Lingüística) IMPOÑER o uso do galego en todas as materias que se queira, sempre e cando quede garantida a competencia referida en castelán. E isto, madia leva, sen prexuízo dos outros obxectivos que en materia de linguas estranxeiras estableza o currículo correspondente, e sen prexuízo de respectar e aplicar os criterios pedagóxico-didácticos máis apropiados segundo a lingua de procedencia, española ou estranxeira, dos discentes.