Tendo en conta os datos sociolingüísticos, só as comarcas da Coruña, Vigo e Ferrol quedarían cun modelo lingüístico mixto.
O novo decreto lingüístico para o ensino non universitario saíu publicado este venres no DOG. Na redacción definitiva do texto destaca o papel que vai ter a Educación Infantil, entre os 3 e os 6 anos. A nova norma indica claramente que o profesorado ten que empregar a lingua materna predominante entre o alumnado, tendo en conta a lingua de contorno. Como indicador empregaranse os mapas sociolingüísticos. De seguirse os informes publicados até o de agora, o galego sería a lingua de escolarización en todo o país agás nas comarcas de Vigo, A Coruña e Ferrol. Nestas tres últimas áreas, o alumnado recibirá, alomenos, a metade das horas na lingua autóctona.
Precisamente, a Educación Infantil foi un dos puntos máis difíciles na negociación entre os partidos políticos. Segundo puido saber este xornal, as reticencias máis fortes do PP estaban nesta cuestión e na aprendizaxe da lectoescrita só en galego. De feito, dende o primeiro momento houbo sectores populares que cuestionaron o apoio a un decreto que consideraban que poñía nunha situación de “inferioridade” ao castelán. Mais en ningún momento se ultrapasaba o Plan de Normalización Lingüístico que o propio goberno Fraga aprobara en 2004.
Formación
Maís a redacción última do decreto deixa claro que “a competencia comunicativa en galego por parte do alumnado só se pode conseguir a través da utilización vehicular desta lingua nunha parte significativa do currículo. Ademais establece que a Consellaría de Eduación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística van a traballar coordinadamente para garantir que os traballadores do ensino teñan un bo dominio da lingua.
É certo que se seguimos o mapa quedan como bilingües, con predominancia do español, esas tres comarcas. Pero a cuestión é que non é a mesma realidade a dun neno de Juan Flórez ou dunha parroquia de Cullerede, pese a ser da mesma comarca. A ver como solucionan isto e se non arman moito cirio. Polo demais, parabéns por este paso, máis significativo do que parecía ao principio
Coma sempre, o problema estará en facer cumprir a lei. De pouco valen as norma se despois os docentes dan as clases no idioma que lles peta.
Mis hijos se educarán en castellano, así que ya se pueden ir metiendo los nacis de Quintana y Touriño su galleguización por donde les quepa. La Xunta no tiene competencias para decidir la lengua vehicular de la enseñanza de los niños. Pueden enseñar gallego pero no en gallego.
O meu fillo tamén se educa en castelán, malia ter entrado este ano no ensino infaltil falando galego, ainda non pasou un ano e de falar galego xa pouco queda, algo aínda dí "no lo he atopado", "tengo ganas de mejar", "voy por la biera" e cousas semellantes; non coñezo ningún caso á inversa. Loitamos no centro por que se cumplira co terzo que establece o PXNLG mais non conseguimos nada, malia ter presentado escrito na consellería, seica non tiña carácter normativo. Non quixeron aplicar un terzo, mais agora terán que aplicar a metade.
Estou realmente ledo polo novo decreto, é un avanzo significativo. Agora as nais/pais teremos unha garantía legal e normativa para exixir o seu cumprimento, xa non é un simples plan, temos un decreto, e exixiremos que se cumpra.
Certo que compriría matizar o mapa sociolingüistico.
Ben sei que este decreto non é todo o avanzado que desexamos, mais confeso que hoxe estou felíz.
Vidual, pareceme moi ben que estas feliz, pero vendo o "persoal" que ten velar polo cumprimento do decreto e os/as que o teñen que desenvolver,... moitos faranse "insumisos". (Ao tempo)
A prensa máis españolista xa está tocando corneta con el peligro del gallego para los niños. Parece mentira que esteamos en 2007.
Saúdos!
Seguindo o que di breixoak (#6), isto:
http://www.libertaddigital.es/...
E polo decreto, eu tenho um sabor agridoce. Concordo co que aponta vidual (#4): "Ben sei que este decreto non é todo o avanzado que desexamos, mais confeso que hoxe estou felíz".
Faltaba o propotughés para dicir que a ver porque carallo non educamos directamente en portughés aos pícaros... Mellor sería en esperanto non? O ensino na Galiza en galego, no noso galego consensuado polo 99% dos cidadáns, aos lusistas dávos moito o sol na cachola...
Para #8 de bcngz. Se o dis por mim, si, igual me deu o sol na cachola de mais, pero o meu comentário ia noutra direcçom. Di o que queiras dos reintegratas-lusistas-portugheses, pero o problema segue estando ai, que o galego desaparece e temos que fazer frente comum para que a nossa língua nom desapareza, escreva-se em ILG/RAG ou AGAL e fale-se como se fale.
Saúde.
#8, a outros o sol na cachola dá-lhes bem pouco. Estão comodamente sentados à sombra, lendo quatro livrinhos sobre o galego, e cona! com o bem que o simplificão, porque os reintegratas não se extinguem duma puta vez!
O conseso do galego é coma o da "Constitución Española". E não se fale mais!