Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A Xunta podería aprobar o plan este mes

A liña de seguridade de 400 metros estabelecida para Reganosa inclúe vivendas a menos distancia

A comisión galega de Protección Civil apandou co plan de emerxencia para a regasificadora onde se fixa un perímetro mínimo dentro do cal existen vivendas particulares.

Redacción - 09:00 03/07/2007

Por unanimidade, a comisión galega de Protección Civil aprobou este luns o plan de emerxencia exterior de Reganosa. O proxecto aínda ten que conseguir a beizón da comisión similar estabelecida a nivel estatal e a continuación recibir a aprobación do Consello da Xunta. Con todo, o conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, dixo non agardar problemas no que resta de proceso. "A partir de aí a decisión de iniciar a súa actividade comercial corresponderalle á empresa", comentou Romeu.

O plan recoñece unha ampla lista de posíbeis accidentes, fixando até corenta tipos de emerxencias graves, e estabelece procedementos concretos para actuar en cada un deses casos. Malia a existencia de informes internacionais que advirten de que os efectos deste tipo de accidentes poden estenderse nunha ampla superficie arredor da planta de gas, o plan aprobado polo comité de Protección Civil restrinxe unicamente a 400 metros a chamada área "de seguridade" que consideran que sería afectada. Un área onde paradoxalmente, existen na actualidade vivendas particulares.


4,9/5 (10 votos)

Comentarios (3)

figologo #1 3/Xullo/2007 figologo

Parece que o despropósito non ten marcha atrás

ecoe #2 3/Xullo/2007 ecoe

É o mesmo que dicir que ENCE só afecta en 400 m cando os seus furanos chegan polo aire ata Vilaboa, Maín, Pontevedra (xa ás veces desde antes de Bora e vindo hacia PO se fai notar).

Agora claro: mesmo debaixo da chimineia, notarase habitualmente menos (os furanos dos fumes)

Damch #3 6/Xullo/2007 Damch

Alguem sabe a quanto está Reganosa de Forestal del Atlantico?, entra dentro desses 400mts de seguridade ou nom?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: