Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

Manzaneda e Castrelo de Miño xa teñen alcaldes do BNG

Os nacionalistas contaron co voto do PSdeG que cumpriu co pacto nacional. O Concello da Arnoia (O Ribeiro) é o único que fica por constituír.

Redacción - 18:25 06/07/2007

O PSdeG avalou este venres o acceso do BNG ás alcaldías dos concellos de Manzaneda (Terra de Trives) e Castrelo de Miño (O Ribeiro), en cumprimento do acordo marco asinado entre os líderes nacionais de ambas as dúas formacións, Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana, respectivamente.

Tres semanas despois da constitución da maioría das corporacións locais, as de Manzaneda e Castrelo de Miño superaron o trámite, unha vez concluído o contencioso que as adiou.

Manzaneda

En Manzaneda, o nacionalista Xosé Antonio Núñez asumiu o bastón de mando tras o acordo co socialista Herminio Cereijo.

O novo alcalde, logo de varias maiorías absolutas do PPdeG no concello, sinalou que o nomeamento constitúe o "recoñecemento" á "consolidación" dunha "democracia baseada na alternancia", onde "ás veces toca estar no goberno e ás veces, na oposición".

O seu programa de goberno centrarase en "dúas grandes parcelas: potenciar de verdade o turismo rural e, tamén, a produción agropecuaria", xa que, no desenvolvemento gandeiro, Manzaneda "ten moito que dicir e por aí ten que orientar parte do seu futuro", sinalou Núñez.

Castrelo de Miño

En Castrelo de Miño, o nacionalista Xurxo Rodríguez xa é alcalde deste concello, mentres que o socialista Manuel González ostenta a tenencia de alcaldía. Tamén aquí, o PPdeG gobernara durante moitos anos con maioría absoluta.

Tras os comicios do 27 de maio, o PSdeG local presentara unha reclamación ante a Xunta Electoral que lle deu un concelleiro máis en detrimento do partido Independentes de Castrelo de Miño.

O novo alcalde indicou que, nas pasadas eleccións, "o pobo apostou por un cambio", para que "nova xente empezase a gobernar con novos proxectos e novas ideas".

Rodríguez avanzou que entre as primeiras medidas do seu goberno figura a de "empezar a traballar por recuperar a unidade e o prestixio perdido nos últimos anos". Ademais, propuxo aproveitar a "situación estratéxica" de Castrelo "a tan só quince minutos de Ourense".

A Arnoia
Xa que logo, o Concello da Arnoia é o único dos 92 da provincia que falta por se constituír, debido a que no prazo de tres meses débense de repetir os comicios nunha mesa electoral.


4,83/5 (6 votos)

Comentarios (3)

Gaviotero #1 6/Xullo/2007 Gaviotero

Ohhhhhhhhhhhhhhhhhhhh...¡qué gran noticia! ¡¡¡Grandes urbes gobernadas por el BNG!!!

Por cierto, el pacto será en todo caso regional y no nacional, puesto que Galicia es una región y no una nación. Aunque si los firmantes del pacto quieren vivir en su mundo de ilusión y fantasía...¡allá ellos!

ppSoe #2 6/Xullo/2007 ppSoe

Queridos habitantes de Manzaneda e Castrelo de Miño, non vos sintades ofendidos polas necias palabras dun resentido que despreza as vosas terras. Non vos enfadedes porque sexa noticia que deixedes de estar baixo a tutela dos bos pais do Partido Popular, xente agarimosa que miraba tanto pra vós como polas súas fotos colgadas na parede máis lustrosa dos xa non seus despachos de alcalde. Xa era hora, e a novidade do cambio é noticia, qué lle vamos facer.
Hai xente que gusta de sufrir lendo o que non lle gusta, vendo como o seu mundo de ilusión e fantasía se ven abaixo...¡alá eles!

ppSoe #3 6/Xullo/2007 ppSoe

E Galiza sí é nación. Aínda non é estado, pero xa o será...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: