Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
Tamén farán un censo desta poboación

A Universidade de Dublín estudara a saúde da comunidade nómade irlandesa

Unha publicación recente revela que máis da metade morren antes de cumprir 39 anos.

Redacción - 09:00 14/07/2007

A ministra de Sanidade irlandesa, Mary Harney, anunciou que a Universidade de Dublín, UCD, (University College Dublin) levará adiante un estudo sobre a saúde da comunidade nómade irlandesa (Travellers ou Pavee), en toda Irlanda (na República e nos 6 condados do Úlster que pertencen ao Reino Unido).

O estudo, que durará tres anos, anunciouse dúas semanas despois da publicación do libro Travellers' Last Rights: Responding to Death in a Cultural Context, no que se revelaron datos sobre a saúde dos nómades compilados nos últimos dez anos na zona de Dublín.

O libro revela o dato alarmante de que
máis da metade dos membros da comunidade nómade morren antes de cumprir os 39 anos e só o 30% alcanza os 59 anos. Esta taxa de mortalidade e equivalente á dos cidadáns irlandeses ‘asentados’ nos anos 40.

O novo estudo da UCD dividirase en catro sub-seccións, incluíndo un censo de poboación da comunidade nómade na illa, unha análise dos factores que afectan a súa saúde e unha revisión do uso entre a comunidade dos servizos públicos sanitarios e sociais. A ministra sinalou que os resultados do estudio axudarán ao desenvolvemento dunha política e práctica máis axeitada no que se refire á saúde da comunidade nómade irlandesa.

Os ‘travellers’ están considerados unha minoría étnica no Reino Unido. Sen embargo, o goberno irlandés refírese á comunidade como unha minoría ‘social’. Estímase que hai 25.000 nómades na República, 15.000 no Reino Unido e 7.000 nos Estados Unidos.


Ligazóns

4.57/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: