Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
PRESENTOUSE EN COMPOSTELA

O manifesto 'Ensino en galego' xa está na rúa

As catorce organizacións máis representativas da comunidade educativa recollen asinaturas en prol do decreto de normalización.

Redacción - 18:01 20/07/2007

Sindicatos, asociacións de pais e outros colectivos que apoian esta campaña presentaron este venres en Compostela, no Auditorio de Galicia, o manifesto a prol da normalización do noso idioma no ensino. Anunciaron que a campaña será especialmente intensa ao comezo do curso escolar.


TEXTO ÍNTEGRO DO MANIFESTO

Ensino en Galego

O sistema educativo non garantiu, até o de agora, nin tan sequera que o alumnado puidese finalizar o ensino obrigatorio cunha competencia comunicativa en galego igual á conseguida en castelán, a pesar de que ese é legalmente un dos obxectivos da escolarización. Aínda é máis grave o feito, sinalado unanimente por todos os estudos oficiais, de que a escola incide no abandono do galego por parte de moitos nenos e nenas.

A pesar dos esforzos de moitos pais e nais, profesoras e profesores, estudantes, persoal administrativo e da sociedade en xeral, non se conseguiu introducir un proxecto global de aprendizaxe na lingua propia do noso país: o galego. En calquera sociedade do mundo resultaría cando menos paradoxal que a institución escolar cumprise un papel pouco favorábel ao desenvolvemento da súa propia lingua.

A Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (1997), a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias (2001) e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004), representan tres grandes acordos para avanzar na normalización lingüística que se subscribiron no último decenio por unanimidade nos diversos foros de representación democrática. Acordos que, porén, non conseguiron acadar os obxectivos previstos, ao non se facer efectiva durante todo este tempo a súa aplicación. Lembremos a ese respecto o contundente informe aprobado en 2005 polo Comité de Ministros do Consello de Europa, no que recordaba que o sistema educativo galego non estaba á altura dos compromisos de normalización lingüística adquiridos a nivel internacional polo Estado español.

As persoas e entidades que apoiamos este manifesto consideramos que a aplicación do decreto 124/2007, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, debe significar un punto de inflexión nesta dinámica. Porque sabemos que, avanzando no proceso de normalización, o ensino gañará en calidade, en proximidade e mesmo en logros académicos, ao afortalar as destrezas lingüísticas do alumnado.

Facemos un chamamento ao conxunto da comunidade educativa para que este novo decreto sexa cumprido plenamente no curso 2007/08, e á Administración educativa para que garanta ese cumprimento, pondo para iso todos os medios humanos e económicos que foren precisos. Singularmente, demandámoslle á Administración educativa a dotación do profesorado necesario, plans ambiciosos de formación do profesorado e do persoal administrativo, unha actitude próxima e dilixente da inspección de ensino e campañas de sensibilización dirixidas a desterrar os prexuízos existentes sobre a presenza escolar do galego.

O galego é un patrimonio común e un elemento de unión de todas as galegas e de todos os galegos. A todas e todos beneficia e a ninguén prexudica que poidamos vivir e aprender no noso idioma.

Organizacións que subscriben o manifesto
- A Mesa pola Normalización Lingüística.
- AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega).
- CAE (Comités Abertos de Estudantes).
- CC.OO.-Ensino (Comisións Obreiras).
- CIG-Ensino (Confederación Intersindical Galega).
- CONFAPA (Confederación Galega de APAs de centros públicos).
- FERE-CECA (Federación Española de Relixiosos de Ensino – Centros Católicos).
- FETE-UXT (Federación de Traballadores do Ensino - Unión Xeral de Traballadores).
- FSIE (Federación de Sindicatos Independentes do Ensino).
- Mocidade pola Normalización Lingüística.
- Nais e Pais polo Ensino en Galego.
- NEG (Nova Escola Galega).
- Sindicato de Estudiantes.
- STEG (Sindicato de Traballadoras/es do Ensino de Galiza).

Podes consultar aquí o texto definitivo do decreto aprobado polo Goberno.


4,98/5 (49 votos)

Comentarios (21)

petopitopato #1 21/Xullo/2007 petopitopato
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unha foto e unha iniciativa para o presente (...e que faz historia)

Por certo, srs. de Vieiros, desinto de que a historia irrelevante do cartaz dunha revista, deslave a nova desta iniciativa... Amosa criteiros editoriais de corte radial... coma os do ave.

Gaviotero #2 21/Xullo/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pues que vuelva a los despachos de San Caetano de donde ha salido.

Desaparición de los sindicatos sufragados por todos pero sólo al servicio sectario de la izquierda y el nacionalismo...¡¡¡YA!!!

manual #3 21/Xullo/2007 manual
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gavioteros, que dis do apoio das escolas católicas concertadas a este manifesto? Ao final, o PP queda só cos catro pelagatos de "Tan gallego como el gallego".

OBSERVADOR #4 21/Xullo/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mais um manifesto "pola lingua"? Em 2007?

Definitivamente, pensam que somos parvos...

guillerme #5 21/Xullo/2007 guillerme
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estou cansado de que aínda haxa xente en Galiza que siga considerando que o castelán é superior ao galego porque queiran ou non O GALEGO É O ÚNICO IDIOMA DE GALIZA. O castelán como o seu nome indica é o idioma de Castela e polo tanto de España e o galego é o idioma de Galiza, e por moito que durante xa case 700 anos intentaron que desaparecera o galego viuse que era imposíbel por que queiran ou non o galego é máis forte do que aparenta e cun pouco de axuda a lingua de Rosalía, Pondal, Castelao... convertirase na única lingua da nosa patria e o castelán será unha simple lingua optativa nas escolas ao nivel do inglés. Viva Galiza ou Galicia que ao fin e ao cabo son a mesma patria.

cangueiro #6 21/Xullo/2007 cangueiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Penso firmar este manifesto. É necesario. De non ser polos meus pais e porque escolariceime nunha escola rural e seguramente sería uns dos tantos mozos e mozas que só usan o galego coma idioma "embrutecido" para cagarse en todo e insultar...desprestixiando, de paso, a lingua. Agora ben, estes rapaces e rapazas ningunha culpan teñen. Ao fin e o cabo, ¿quen lles inculcou eses prexuízos? Aaaaamigos, aí está a cuestión. Moitas escolas, profesores, directores, pais e nais, toda a comunidade educativa que pensaban que calquera idioma era válido, mentres fose o castelán...

Isto é cambiar país. Onte tiven unha conversa cunhas catalanas, e dixéronme: "que bonita é galicia, que barata, gustaríame vir vivir aquí" - Eu respondinlle: "Claro, claro, pero a aprender galego". - E elas retrucaron: "Por suposto".

breixoak #7 21/Xullo/2007 breixoak
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aínda que o decreto podía ir unha miga máis aló, hai que apoialo incondicionalmente. Se se cumpre, é un paso moi grande para a lingua

alexinho #8 21/Xullo/2007 alexinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

guillerme, aí falaches.

teixugo #9 21/Xullo/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

LUCIDEZ DO SENHOR/A GAVIOTERO:

#11 hai 7 horas e 35 minutos Gaviotero
Excelente trabajo de recolección, teixugo. Por cierto, puedes añadir también esta...¿te has dado cuenta de que teixugo rima con besugo?

QUE ENGENHO!!!!!
DE JARDIM-DE-INFÂNCIA!!!! EM CASTELHANO, parvulario!!!!!
OS SEUS ARGUMENTOS SÃO PUERIS!!!!

Gaviotero #10 21/Xullo/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

La libertad es un patrimonio común y un elemento de unión de todos los españoles (no digo "y españolas" porque no soy tan analfabeto como los que suscriben el manifiesto). A todos y (vuelvo a obviar la parida del "y a todas") nos beneficia y a ninguno nos perjudica que podamos vivir y aprender en libertad.

Para inmersiones lingüísticas, conmigo que no cuenten.

¡Viva la Libertad! ¡Viva España!

PD: Mis condolencias a todos los progres por el cáncer que se ha llevado al otro barrio a Polankone, ilustre prohombre del franquismo reconvertido al socialismo multimillonario.

guillerme #11 21/Xullo/2007 guillerme
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estou de acordo contigo gaviotero nunha cousa, VIVA A LIBERDADE e espero que dende agora a comeces a respetar e polo tanto respetes ao galego e a todos eses galegos que loitaron por que a súa lingua non morrese. Viva Galiza e NON TE PREOCUPES QUE NINGUÉN CONTA CONTIGO.

teixugo #12 21/Xullo/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ANÁLISE DE TEXTO:

#18 hai 8 horas e 44 minutos Gaviotero
baixominhisimo, cuatro intervenciones seguidas y todas replicándome...¡jajaja! ¿Tan importante soy para ti, corazón? ¡¡¡SMUUUUUUACK!!!

Respecto a Quintana, pues la verdad es que gente mediocre y falsa como él no me pone en absoluto. Por mucho que se haya metido en la jet-set gallega, veraneando en el yate del constructor Jacinto Rey, ese que ayer fuera fraguista y hoy acérrimo quintanista. Igual él si se pone cachondo con "Ancho".

Por lo demás, ya sé que eres mucho más listo, guapo e inteligente que yo. Si eso te hace más feliz, pues enhorabuena, chaval.

breixoak, todos tenéis la libertad de participar en cualquier portal liberal y mientras mantengáis la educación y el respeto, seréis mucho mejor tratados de lo que soy yo aquí.

No te llamarán, por ejemplo, enfermo mental.

Por último, tonohxc, no soy medio parvo. Soy parvo del todo. Y sí, se pretende que la red de naciescolas sustituyan progresivamente la red de escuelas existente en la actualidad y en la que no se educa en el nacismo, sino en la democracia.

Leia entre linhas a seguinte frase: “¿Tan importante soy para ti, corazón? ”.
Que nos di a palavra “importante”?. Por quem se toma o autor?, Como se imagina?
E esse “carazón”, “para ti, corazón”, que nos di sobre a sua natureza?, Que sexualidade/ gênero tem o Gavioter@?
Comente: ¡¡¡SMUUUUUUACK!!!, inventiva do autor(?)! Ponha em relação as palavras: “¡¡¡SMUUUUUUACK!!!”, “naciescolas” e “quintanista”.
Análise do vocabulário soez.
Contradições na seguinte frase: “libertad de participar en cualquier portal liberal y mientras mantengáis la educación y el respeto”.
Erros ortográficos como “nacismo”, “...¡jajaja!” a que podem ser debidos, calentura do gavioter@?

teixugo #13 21/Xullo/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ANÁLISE DE TEXTO:

Leia entre linhas a seguinte frase: “¿Tan importante soy para ti, corazón? ”.
Que nos di a palavra “importante”?. Por quem se toma o autor?, Como se imagina?
E esse “carazón”, “para ti, corazón”, que nos di sobre a sua natureza?, Que sexualidade/ gênero tem o Gavioter@?
Comente: ¡¡¡SMUUUUUUACK!!!, inventiva do autor(?)! Ponha em relação as palavras: “¡¡¡SMUUUUUUACK!!!”, “naciescolas” e “quintanista”.
Análise do vocabulário soez.
Contradições na seguinte frase: “libertad de participar en cualquier portal liberal y mientras mantengáis la educación y el respeto”.
Erros ortográficos como “nacismo”, “...¡jajaja!” a que podem ser debidos, calentura do gavioter@?

guillerme #14 21/Xullo/2007 guillerme
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Deixade de chamar nacis aos nacionalistas e independentistas, malditos españolistas, racistas e fascistas. Para insultar non hai que ser moi intelixante, en cambio para dar argumentos de peso... é necesario ter dous dedos de fronte, e iso parece que nalgúns casos... falta

pereira #15 22/Xullo/2007 pereira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A gaivota é un animal que se alimenta de merda e de preas.
Que nome tan axeitado elexiu ese ignorante. Non sei por qué vos molestades en lle retrucar.

Gaviotero #16 24/Xullo/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Efectivamente, pereira, has dado en el clavo: me alimento de vuestra mierda nacionalista.

Y tú, guillerme, dices que deje de llamar nacis a los nacionalistas, desconociendo que se trata de un apócope. Cosa que seguramente no sabrás ni lo que es...

Pero acto seguido hablas de los "malditos españolistas, racistas y fascistas"...

¿Acaso os pensáis, niñatos nacis, que tenéis el patrimonio del insulto y la descalificación? ¿Acaso os créeis que los demás vamos a seguir agachándonos ante vuestras vomitonas intelectualoides?

¡Jamás nos arrodillaremos ante la escoria y la basura!

Y dicho esto, me gustaría saber de dónde sale el dinero que financia esta campañita naci...

teixugo #17 24/Xullo/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#6 hai 15 horas e 51 minutos teixugo
INTERVENÇÕES RECENTES DO GAVIOTERO:

(hai 1 minuto) Por cierto, me encanta que los nacis me llamen talibán...Y no, no escucho a...
(hai 1 minuto) Querido, baixominhisimo, y después de hacer pública mi IP, ¿qué? ¿Vendréis a mi...
(hai 4 minutos) ETB 1 (en vascuence) apenas tiene un 5-6% de audiencia, frente al 18-19% de ETB...
(hai 7 minutos) Ya no se creó una comisión de investigación en su día, con lo que tenemos que...
(hai 11 minutos) Pobre chaval, no os metáis con él, que está acabando la carrera. Cuando la...
(hai 14 minutos) Por cierto, doña Adela, ¿alguna manifestación relevante como portavoz de Nunca...
(hai 15 minutos) Adelita, maja, aquí el arma electoral es la imposición naci de un decreto...
(hai 20 minutos) ¡Jajaja! Qué van a decir estos de Medio Rural, que son los que hablan de tramas...

VEJO QUE O SENHOR/A ESTÁ BEM INFORMADO OU TALVEZ SO OPINA...

teixugo #18 24/Xullo/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O SENHOR/ A GAVIOTERO AND Co, VÃO-NOS FALAR AGORA DE FIGURAS RETÓRICAS, ISSO SIM, DESDE O INSULTO, A DESCALIFICAÇÃO, A FUTUROLOGIA, A IMPOSIÇÃO, A SOBÉRBIA E O QUE É MAIS IMPORTANTE, O NÃO SABER ESTAR, O NÃO SABER ONDE É QUE SE ESTÁ DE MAIS. JÁ ME DISSE NUM COMENTARIO: "mis opiniones son las únicas claramente discrepantes en este foro tan interesante para mí" O DÍA QUE O SENHOR/A PERCEBA QUE AS SUAS FORMAS, OS SEUS JEITOS, NÃO AS SUAS OPINIÕES..., (QUE EU ACHO TODOS NOS TEMOS ACESSO A ELAS EM OUTROS MEIOS E DOUTRINA IMPERANTE), ESSE DIA, ESSE DIA O SENHOR/A ENLANGUESCE-NOS E MORRE.

itach54 #19 28/Xullo/2007 itach54
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

tan galego como o galego e o castellano.
tan galego como a muñeira e o flamenco.
claro que se fala o castelan gracias a franco e seus filigreses
ainda queredes vivir dos restos do "El movimiento".
Podedes ir a o !valle dos caidos" con feijoo a cantar "un cara al sol" e chorar pola nostalsia polo perdido.

itach54 #20 29/Xullo/2007 itach54
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A plataforma "tan galego como o galego" da man o PP curiosa coincidencia.
E digo eu,non seria mellor que fazeran un curso de integraion con

OS DO PP QUE PARECEn INMIGRANTES SENEGALESES!!!! ATA ELES FAN MAIS ESFORZO APRENDENDO IDIOMAS...

OBSERVADOR #21 29/Xullo/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A plataforma é "Tan gallego como el gallego", nada de "tan galego como o galego", já estamos confundindo...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: