Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A PROL DA NORMALIZACIÓN

En apoio do decreto, arranca a campaña 'Ensino en galego'

Catorce colectivos, plurais e moi representativos nas escolas, recollerán asinaturas por todo o país para reclamaren que o Goberno poña a andar con garantías a nova normativa.

Redacción - 18:30 19/07/2007

As asociacións que apoian o manifesto queren que o novo decreto de galeguización do ensino aprobado hai poucas semanas polo Goberno conte cun forte respaldo social. Mais tamén pretenden que a Xunta poña todos os medios para que se cumpra o plan de normalización nas escolas e contrarrestar movementos contrarios como o impulsado pola plataforma 'Tan gallego como el gallego'.

Os promotores da iniciativa destacan a pluralidade e representatividade dos colectivos que apoian o decreto. Este venres presentarán un manifesto conxunto no Auditorio de Galicia. Segundo puido saber Vieiros, a partir de setembro os colectivos queren iniciar unha recollida masiva de asinaturas entre a cidadanía en apoio do decreto.

Entidades que apoian a campaña:
- A Mesa pola Normalización Lingüística.
- AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega).
- CAE (Comités Abertos de Estudantes).
- CC.OO.-Ensino (Comisións Obreiras).
- CIG-Ensino (Confederación Intersindical Galega).
- CONFAPA (Confederación Galega de APAs de centros públicos).
- FERE-CECA (Federación Española de Relixiosos de Ensino – Centros Católicos).
- FETE-UXT (Federación de Traballadores do Ensino - Unión Xeral de Traballadores).
- FSIE (Federación de Sindicatos Independentes do Ensino).
- Mocidade pola Normalización Lingüística.
- Nais e Pais polo Ensino en Galego.
- NEG (Nova Escola Galega).
- Sindicato de Estudiantes.
- STEG (Sindicato de Traballadoras/es do Ensino de Galiza).

Podes consultar aquí o texto definitivo do decreto aprobado polo Goberno.


4,65/5 (34 votos)

Comentarios (15)

breixoak #1 19/Xullo/2007 breixoak

Hai que xuntar milleiros de firmas para ensinarlles a eses del "gallego" que están máis pasados ca Concha Piquer. O apoio ten que estar na rúa. Se a campaña é forte o PP debía reconsiderar a súa oposición ao decreto. Hai alguén que crea aínda que o español está en perigo? O que é dramático é o do galego. Medidas urxentes xa e que o decreto se cumpra de verdade, non a medias

Gaviotero #2 19/Xullo/2007 Gaviotero

Sugiero que amplíen el lema de la campaña y sea "Ensino en galego...por cojones", que es lo que pretenden los liberticidas de la Xunta y de la Mesa por la Falsificación Lingüística.

Ya pueden hacer las campañas que quieran que no lograrán arrebatarnos a los padres nuestro derecho constitucional a educar a nuestros hijos en gallego o en castellano, de acuerdo con nuestra elección.

Ya está bien de decretos nacis. Paremos a los liberticidas.

Frente a la imposición y al miedo a la libertad:

"Ensino en galego o enseñanza en castellano. Tú decides."

tonohxc #3 19/Xullo/2007 tonohxc

É incrible que sendo "tan gallegos como el gallego" se realmente entenden o idioma, monten estes cirios rancios que lembran a momentos peores... Se realmente es tan "gallego" que máis che da como ensinen aos teus fillos e fillas.
Os contidos son os mesmos, non por explicalos en galego van ser menos validos, ó contrario. Cantas máis linguas máis nivel intelectual. Está cientificamente demostrado que o coñecemento de más de unha lingua é beneficioso para o cerebro.
Outro dato importante é que o galego sempre estivo marxinado na sociedade debido aos decretos de ley. Está demostrado na práctica, que o bilingüismo real non existe, e se queremos invertir a tendencia de perda de falantes do nos ben máis prezado, de algo tan valioso como unha fala, pola que tanta xente loitou e morreo, temos que tomar medidas, e unha lei de normalización lingüiistica é unha arma que nos da o sistema para a súa conservación.

manual #4 19/Xullo/2007 manual

Ben pola iniciativa.

OBSERVADOR #5 19/Xullo/2007 OBSERVADOR

tonohxc, é que precisamente é isso, eles são "tan gallegos como", não "tão galegos como" e nem sequer "tam/n galegos como".

Picheleiro #6 20/Xullo/2007 Picheleiro

(BIS) GRAZAS GAVIOTERO. POR FAVOR NON DEIXES DE INTERVIR. Cada vez que miro unha intervención túa máis me ratifico na miña idoloxía naci-onalista.
Por certo. Do de "nazi", con zeta, sabes bastante. ¿Non?. ¿Profesas?.

petopitopato #7 20/Xullo/2007 petopitopato

ben, moi ben... sen estas iniciativas non existiría Galicia como pobo...

carlinhos21287 #8 20/Xullo/2007 carlinhos21287

pero ti gaviotero tes fillos???? custame crelo... pobriños eles....

lenin #9 20/Xullo/2007 lenin

Eu xa non sei que pensar. Eu non apoio a democracia capitalista, pero estos fulanos sí. ¡Entón que protestan se levounos preto de vinte anos sacalos do poder por estos medios!
¿Firmas? A xente votou no seu momento e perderon no sistema que defenden eles e que idearon eles. ¿Cando non gañan xa non lles vale? Agora que goberne o mais votado... Coherencia señores imperialistas.
Normalización efectiva xa, e en tódolos ámbitos, non só na escola.

Pablinho #10 20/Xullo/2007 Pablinho

Ainda que ista iniciativa semella ser un berrinche pola totalmente iniciativa absurda dos "tan gallegos como el gallego", congratúlame comprobar que alomenos ista ten o apoio de moitas entidades e non só dun par de colexios relixiosos cañís.

O certo é que non estou a dicir que me pareza mal, nerbargantes si que creo que se lle está a dar xustificación aos castelánespañolistas e ás súas absurdas e antidemocráticas iniciativas, como se isto fora unha batalla por ver quen recaba máis sinaturas.

Non vos dades conta de que o decreto xa está asinado e que por moito que "ladren por las esquinas" (Ansar dixit), se vai levar a cabo!?!?!.

Saude.

carlosroca #11 20/Xullo/2007 carlosroca

Liberdade de elección?, claro.
E os que votamos eliximos un goberno (ou polo menos unha parte del) que vai facer o posíbel que o galego siga vivo e máis vizoso. Outros (gallegos e gaivotas) están pelexando para que desapareza.
Galego vivo ou morto? que cada quen elixa.

Tino #12 20/Xullo/2007 Tino

Pensando el PacoL Vazquez, aí vai unha das suas atinadas intervencións:
"Pero qui es lo qui quieren estes galliguistas?
No tienen una tele i un arradio en gallégo? I asta creo q'un piriódico.
Lo q no intiéndo es como en la telegaita hai anuncios en gallégo: va en contra de la lei costo-binificio, les sale mas barato hacérlo en castellano.
Es qui alguién les prohibe hablar en gallégo? Amás no tienen ya la Junta donde se iscribe todo en gallégo?
Lo qui faltaba aora és qu'en la escuéla la mitá de las asijnaturas se dean en gallégo, vamos ombre, ni ablar del peluquín.
Así se romp'España".

ecoe #13 20/Xullo/2007 ecoe

As gueivotas foron, nas beiramares hai bastantes anos, animais dignos.

Despois de ser sañudamente denigradas pola desidia reinante ata o momento, un exemplar máis acaba de aclararse nas suas definicións adversativas: un OU outro, e vai e mesmamente acerta de cheo.

Eu coido que é marxista, no mesmo sentido exactamente en que o era aquel formidable empresario de empresarios, o Ramilo, só que utilizaba o marxismo á contra, á contra dos traballadores, da maioría social.

Éste que agora se nos amosa tamén, paralelamente, é certeiro na análise, mais erra de solución, porque prantexa do revés, coma Ramilo o facía!

E está no certo cando adversativamente advirte: un ou o outro. Non hai bilingüísmo, só SUSTITUCIÓN!

ciberjudas #14 31/Agosto/2007 ciberjudas

Son pai dunha nena de tres anos. ¿Terei que fuxir da miña terra se quero que a rapaza reciba a educación en castelán?
O nazismo tamén gañou unhas eleccións e comezou aplicando decretos. ¿Por qué non pode recibir a miña filla ensinanza en castelán ou en galego á miña (ou á súa) eleción?
Non importan as patrias nen as nacións, só as persoas.

tonohxc #15 17/Setembro/2007 tonohxc

o problema é que no existen alternativas, nin escolas 100% galegas, ni 100 espanholas, polo tanto que nas escolas o 50% sexa en galego é unha boa opcion para contentar a tod@s? (eso deben de pensar os politicos)
esta visto que esa opcion non funciona...
escolas en galgo xa!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: