Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Propoñen regulamentar por lei o pago

O PPdeG propón que o Parlamento lle impoña límites aos soldos dos rexedores

O elevado salario da alcaldesa do PPdeG en Sanxenxo, a mellor pagada do país, acendera hai semanas a polémica. Agora, os populares están dispostos a reformar o sistema de retribucións.

Redacción - 09:00 24/07/2007

A aprobación de nove adicacións exclusivas, coa alcaldesa Catalina González á fronte, foi portada de Vieiros a comezos de xullo como exemplo do elevado gasto dos Concellos nos pagamentos aos altos cargos municipais. O goberno local de Sanxenxo aprobaba daquela destinar máis de 413 mil euros para estas adicacións exclusivas. A propia rexedora garantía para si mesma o cobro de máis de 56 mil euros limpos anualmente, 14 pagas de 4.008 euros, un soldo bruto que se eleva a 78.400 euros.

Este luns o PPdeG presentou unha iniciativa parlamentaria que sae ao paso do debate xerado por este e outros casos. Os populares propoñen que o Parlamento estabeleza os límites máximos das retribucións dos altos cargos locais. Así, e previo cambio das normas de réxime local que fosen necesarias, anualmente a Lei de Orzamentos Xerais da Xunta fixaría os criterios para os salarios de rexedores e concelleiros. A iniciativa do PPdeG non propón cantidades fixas, senón "límites que non poderían sobrepasarse".

Con todo, durante a presentación da proposta, o presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, evitou referirse aos elevados salarios dos rexedores do seu partido, salientando por outra parte o incremento das partidas orzamentarias para salarios que na súa opinión implican as "novas corporacións municipais froito das coalicións". "Non só se evidencia un incremento do importe dos soldos do alcalde, tenente de alcalde e demáis membros do equipo de goberno, senón tamén o número de dedicacións exclusivas e as retribucións para persoal de confianza e asesores nomeados a dedo por este novos gobernos bipartito", explicou.


5/5 (2 votos)

Comentarios (9)

Tino #1 24/Xullo/2007 Tino

Sempre buscan sair nas portadas cando mais lle convén: agora piden ao Parlamento q poña cotas aos soldos dos alcaldes, antes cando governaban eles maioritariamente non botaban un chio.
Por certo, podian pedir, de paso, q tamén poñan criterio nas Deputacións, ou non se lembran da q armaron no Parlamento?

Gaviotero #2 24/Xullo/2007 Gaviotero

No te falta razón, Tino, pero eso les pasa a todos. También el bipartito pedía limpieza en las oposiciones y en las asignaciones a dedo, así como una reducción del número de altos cargos de libre designación y ahora hace exactamente lo contrario...

¡Ahhhhhhhhhhhhh! La política...

nicanora #3 24/Xullo/2007 nicanora

Pasar á oposición consegue cousas como estas

dianhodecan #4 24/Xullo/2007 dianhodecan

quanta hipocrisia!

ecoe #5 24/Xullo/2007 ecoe

E quénes van limitar os dos parlamentariños e parlamentarios?
Quén controla ó controlador dos postos políticos municipais?

guillerme #6 24/Xullo/2007 guillerme

É necesario controlar os soldos, iso é evidente, pero tampouco se pode incurrir no populismo; só vou facer un comentario para a reflexión: se nunha empresa privada cobras tres veces máis que sendo presidente... Que é o que te vai levar a meterte en política? O patriotismo? A ideoloxía? Non o creo, diso queda pouco; polo tano eu creo que para que gobernen os mellores e ademais non se incurra en tanta corrupción é necesario un soldo propio do importantísimo cargo que ocupan.

A2b2 #7 24/Xullo/2007 A2b2

Hai moito CHUPÓN na Política!.

Roquinho #8 26/Xullo/2007 Roquinho

Xa era hora de que dende o PPdG se preocuparan pola desfeita que supón que cada corporación municipal decida os soldos que van cobrar sen ningún tipo de control.
Aínda que como todos sabemos o camiño faise andando polo que deberían comezar recoñecendo que non é só problema das corporacións co bipartido senon que onde só goberna o PPdG tamén pasa e pasou sempre.
De tódolos xeitos é de agradecer que recoñezan o problema, agora falla afrontalo e tomar decisións para evitar que se siga producindo.

Gaviotero #9 26/Xullo/2007 Gaviotero

Hechos:

http://www.farodevigo...

La alcaldesa de Sanxenxo rebajará su sueldo tras el aluvión de críticas a sus 78.000 euros

La regidora toma esta decisión un día después de que Feijóo abogase por limitar a través de una ley el salario de los alcaldes.

Mónica Álvarez / Sanxenxo

El revuelo creado por los 78.000 euros brutos al año que se fijó de sueldo la alcaldesa de Sanxenxo (PP) ha hecho recapacitar a la regidora. Un día después de que el líder de su partido en Galicia, Alberto Núñez Feijóo, abogase por aprobar una ley para limitar las remuneraciones de los regidores, Catalina González dio un paso atrás y anunció que reducirá su salario, aunque no especifica en cuanto. También harán lo mismo otros concejales de su grupo. Su sueldo, uno de los más altos de todos los alcaldes de la comunidad y superior incluso al del presidente de la Diputación de Pontevedra, generó malestar en una parte de su partido.

González muestra ahora su respaldo a la propuesta de Feijóo e invita a los políticos de las ciudades y localidades donde gobierna una coalición de PSOE y BNG a tomar ejemplo. "O gasto que supón para os cidadáns manter esta bicefalia é enorme, ó ter que pagar a dous alcaldes", señala desde la mayoría absoluta que ostenta.

Catalina González se refirió al caso de Vigo, donde Abel Caballero y Santiago Domínguez se repartirán 137.728 euros, a los que añadirán otros ingresos por sus representaciones en organismos municipales autónomos.

"Ou o exemplo de Vicente Irisarri en Ferrol, que incrementou o seu soldo nun 42 % ademais dos 5.500 euros que recibirá como membro do consello de administración do porto ferrolá", comenta.

Por este motivo, pide transparencia a sus homólogos a la hora de divulgar las cantidades reales que perciben. "Desde o primeiro momento comuniqueille aos meus veciños que ía cobrar 4.000 euros ao mes xa que entendo que un político debe ser sempre honesto e ir de fronte", apunta. Y es que la regidora popular considera que hay cargos que se marcan una cuantía "razonable" de cara a la opinión pública para posteriormente incrementar sus ingresos con asistencias a plenos, comisiones, juntas y otros organismos, con lo que llegan a embolsarse sumas muy elevadas que excluyen dietas, coches oficiales, chóferes, etcétera.

González quiere dejar claro que en los 4.000 euros aprobados estaba todo incluido. Además, justifica su remuneración aludiendo a otras responsabilidades que asume en el ayuntamiento, como es la concejalía de Servicios Sociales, la presidencia de las sociedades mercantiles Nauta e Ínsula y de la Xerencia de Urbanismo o la pertenencia a la junta del parque empresarial de Nantes.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: