Ante as diversas declaracións dende distintos sectores da administración, anunciando proxectos de tratamento e xestión de residuos baseados na tecnoloxía de plasma, como o das Somozas, a incluir na redacción do Plan Xeral de Xestión de Residuos de Galicia, os colectivos ecoloxistas Amigos da Terra, Coto do Frade, Federación Ecoloxista Galega, Ridimoas, Verdegaia e ADEGA, queremos lembrar que estas denominadas “novas tecnoloxías”, seguen a ser consideradas, pola lexislación estatal e europea, procesos de incineración e, á vista da xurisprudencia europea, a incineración nunca pode ser considerada como un proceso de valorización.
Estou de acordo co fundamento de revalorizar residuos. Estou de acordo que é imprescindible reciclar e cambia-lo xeito que temos de consumir para reduci-lo lixo que producimos. Estou disposto a levar envases de vidro ó super para sacarnos o que poidamos dos plásticos de enriba. Plantexareime adquirir un veículo híbrido mesmo que teña baixas prestación se os prezos non son tan caros como agora. Reciclo e revalorizo todo o que cae nas miñas mans.
O que tamén me gustaría e que alguén me explicase cal é o método adecuado para desfacermonos dos restos producidos por empresas, industrias, comercios e xente entretanto non conseguimos organizarmonos mellor ¿?
Mentres tanto vexo todo-los días como os comercios da miña rúa pasan de desfacer caixas e caixas e non levan os cartóns os contentores azuis porque os verdes están 50m mais perto.
No artigo e no documento de posicionamento boto de menos, para o que sería do meu interese, algún argumento técnico ou científico en vez das posición legalista que amosa. Por mais que dou voltas polos links ... hai moi pouco para aprender.