Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Despois das declaracións sobre o galego

"Imparcialidade" e "nula sintonía" coa lingua: mal agoiro sobre o Valedor

Desde o Movemento polos Dereitos Civís ven a polémica estrea de Benigno López no cargo como un exemplo do ineficaz proceso de escolla empregado polo Parlamento.

Redacción - 13:30 01/08/2007
Tags: MpDC Valedor

"Non temos constancia do seu traballo previo polos dereitos cidadáns", sinalan desde o Movemento dos Dereitos Civís, MpDC, ao respecto de Benigno López. O colectivo ve con preocupación o futuro da institución e máis aínda nun momento en que o obxectivo debera ser reformala e facela gañar en protagonismo.

O MpDC é especialmente crítico co sistema para a elección do Valedor do Pobo. "Necesita algo máis ca un consenso entre as forzas políticas; necesita un consenso social que permita pór diante desta institución a persoas que sexan realmente sensíbeis cos dereitos da cidadanía", expoñen. Nese sentido, insisten en que un proceso de escolla máis rigoroso evitaría que gañasen o posto "figuras como a do señor Sande ou persoas que fagan declaracións como as do señor Benigno".

"Nula sintonía cos problemas lingüísticos de Galiza"
Así avalían a posición de Benigno López González despois das entrevistas publicadas pola prensa o pasado martes onde se recollían as súas polémicas opinións sobre a lingua. "Resulta moi complicado ter confianza na imparcialidade do Sr. Benigno e pensar que vai defender os dereitos lingüísticos recoñecidos na lexislación vixente", láianse no MpDC.

"Da súa intervención pódese extraer unha minusvalorización do galego que non lle permite visualizar como importante a defensa dos noso idioma". O colectivo agarda que iso non se traduza en demoras na aceptación e trámite das queixas que fagan referencia a este ámbito. Por isto, subliñan que se o novo Valedor se ratifica no dito, debería dimitir "por recoñecer implicitamente a súa incapacidade para actuar con obxectividade nos asuntos que se lle presenten".


4,43/5 (7 votos)

Comentarios (4)

angarati #1 1/Agosto/2007 angarati
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

vaia calote de Valedor

carlinhos21287 #2 1/Agosto/2007 carlinhos21287
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

dimision XA!!!1

El_pastorrr #3 1/Agosto/2007 El_pastorrr
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ai Dior míor, menudo alicate temos de valedor....

LOIS_DE_SILAN #4 6/Agosto/2007 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non vos creo que un incapaz, non só para Valedor do Pobo, senón tamén para ser maxistrado (se ten que exercer algún deses cargos é mellor que non exerza de maxistrado) deba expresar ningunha rectificación formal se foi escollido unanimemente polo tripartito parlamentar (BNG, PSOE, PP); pois, as manifestacións dun incapaz negando a súa incapacidade carecen de eficacia.

O que teñen que facer os do tripartito parlamentar évos declarar a MANIFESTA INCAPACIDADE do Sr. Benigno López González para o cargo de Valedor do Pobo, recoñeceren así o seu erro de vulto e procederen á escolla de outra persoa idonea para a alta comisión ou encomenda de defensa dos dereitos fundamentais dos galegos nas súas relacións coas Administracións públicas.

Claro que os do tripartito parlamentar tamén poden demitir eles, ou arredaren dos seus cargos públicos os membros dos seus grupos parlamentares que incorreron na irresponsabilidade de escolleren un iusanalfabeto lingüístico para o cargo de Valedor do Pobo!

O que non vos procede é pretender pedir,esixir, esperar,....rectificacións formais do Sr. Benigno por parte de quen o escolleron e para mascararen a súa irresponsabilidade na escolla.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: