Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Rexeitan a proposta da directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda

PPdeG e PSdeG enfadan con Encarna Otero por rexeitar o complemento ao soldo dos altos cargos

"Teño entendido que é delito a desobediencia ás leis", opinou o secretario de Organización do PSdeG e conselleiro de Traballo. Encarna Otero propuxera en Vieiros a "insumisión" económica contra o privilexio concedido aos altos cargos da Xunta.

Redacción - 09:30 03/08/2007

"Cando eu, como funcionaria pública volva ao meu traballo como docente quero ser igual en dereitos e deberes que os compañeiros e compañeiras que traballan comigo no centro de ensino onde teño o meu destino, e xunto con eles e elass ser quen de reclamar se é preciso que a administración nos retribúa e considere o noso traballo coa dignidade da que somos merecentes; calquera outra situación sería privilexio e polo tanto mal uso do diñeiro público e contrario a práctica democrática que a política e a ética me esixe como militante, como galega e como funcionaria pública".

Así o expoñía este mércores en Vieiros a actual Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda. Referíase Encarna Otero á reforma da lei de Función Pública e a polémica disposición adicional 17, que fixa un gorentoso complemento salarial para os altos cargos por unha cantidade de 14.721 euros até a xubilación. Malia que ela mesma se podería ver beneficiada por eses cartos no seu momento, subliña no artigo o seu desacordo con ese privilexio e pídelle ao resto de altos cargos da Xunta que fagan presión contra a norma. Así, Encarna Otero propón mesmo a "insubmisión" económica como "criterio ético", opinando que só así Galiza e o seu Goberno poden ser exemplo de "ética rexenerativa".

Populares e socialistas anoxan
O posicionamento de Encarna Otero acendeu xa as primeiras críticas no ámbito das formacións políticas. O secretario de Organización do PSdeG, e tamén Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, considerou que "non foron as manifestacións máis afortunadas" de Otero e limitouse a sentenciar que desobedecer unha lei "é delito".


Desde o PPdeG, que apoiou e emendou especificamente a reforma lexislativa que amarra ese incremento salarial para os que foron altos cargos durante os sucesivos gobernos populares, tamén houbo pronunciamento este xoves. Así, o secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda, desviou o desafío de Otero e limitouse a recomendarlle ao bipartito que "a austeridade ten que iniciarse noutros lados", citando o que cualificou de exceso de asesores en Vicepresidencia ou a compra en Presidencia dun coche por valor de 250 mil euros.

Nos dous casos, tanto socialistas como populares evitaron referirse ás implicacións éticas sobre as que desafía Encarna Otero no seu artigo en Vieiros.

Unha reforma que "só valeu para consolidar os salarios dos altos cargos"
Así a analizan desde CCOO-Galicia, lamentando ademais que garanta esas cantidades extra mesmo "con efectos retroactivos". Recordan tamén que a polémica disposición adicional non foi sequera negociada cos representantes do persoal. "Só beneficia uns poucos e hipoteca, polo custo que supón, as futuras negociacións do conxunto dos empregados públicos", denuncian, insistindo en que os contidos reformados non garantirían "nin máis profesionalidade nin máis transparencia".

Tamén belixerantes son desde a CIG, criticando o "sobresoldo vitalicio" concedido aos altos cargos, que abranguerá sen distingos até dous milleiros de persoas, desde directores xerais até delegados provinciais ou directores de entidades e fundacións. Un gasto extra que cualifican de esaxerado e que lle permitiría ademais a moitos funcionarios cobrar grandes cantidades sobre o soldo de actuais compañeiros aínda facendo o mesmo traballo. Refírense así a unha utilización "interesada e mercantilista" da reforma.

Por outra parte, o chamado Movemento de Igualdade no Emprego Público, aproveitando o artigo de Encarna Otero reiterou a súa posición en contra da disposición adicional 17. Cualifican de "atentado" a reforma da que opinan que "racha o principio básico de obxectividade no acceso ao emprego público". Ao respecto presentaron un recurso diante da Fiscalía contra a reforma e avanzan que acudirán tamén ao Valedor do Pobo. Así, solicítanlle a Emilio Pérez Touriño que se derrogue a lei.


4,7/5 (20 votos)


Comentarios (39)

Xabi1 #1 3/Agosto/2007 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ou sexa, que o PSOE e o PP cargan contra Encarna Otero. E o BNG, qué dí?. Polo de agora, cala. Entendo que otorga.
Encarna Otero adotou unha postura cívica digna de encomio, mais pasou-se chamando á insubmisión. Mal que lle pese á colega, terá que aceptar o sobresoldo complementario cando remate na Xunta e facer con él o que estime conveniente, por exemplo, entregalo ao partido, xa verás que ben o receben.
Outra posibilidade é dimitir, verbo que se conxuga pouco.
Aínda lembro cando Encarna declaraba que ela non quería dedicacións completas cando estaba no Concello de Santiago porque quería ser ensinante, estar en contacto coa mocidade, etc., e rematou por coller a adicación exclusiva. E algo semellante fará co complemento vitalicio que se asinaron os nosos políticos, patrióticos e socialistas.
Unha última reflexión:
Qué outro colectivo pode fixar-se os emolumentos, decidir os sobresoldos?

figologo #2 3/Agosto/2007 figologo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mira con isto do soldo que axiña houbo consenso PP-PSOE-BNG...

guillerme #3 3/Agosto/2007 guillerme
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Impresionante, mostra unha enorme integridade moral e un gran honor (palabra pouco empregada ultimamente). Así debrían ser a maioría dos políticos (con valores, non me refiro á súa ideoloxía).

carlosroca #4 3/Agosto/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se fala Encarna, fala o BNG. Se PP-PSOE ataca a Encarna estao facendo ao BNG. Estamos?.
E logo se non queremos que cobren un soldo polo seu traballo, quen se vai adicar á política, só os ricos ou os corrupnos, non?.

roof #5 3/Agosto/2007 roof
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cada vez máis os membros da Administración Pública e a privada teñen máis en común. Véxase se non as retribucións que o Sr Rato vai cobrar por ir catro días ó despacho do FMI e despedirse por razóns familiares que non por ser cesado.
O control do gasto da A. Pública é algo que hai que esixir dende xa, polo que aplaudo a Encarna Otero, valente coma sempre.
En canto ó Sr Varela máis lle valera calar e lembrar que unha lei polo feito de esistir non é necesariamente "lícita".
Ó BNG pídolle un paso adiante e camiñar con Encarna, liderando a esta sociedade farta de soportar tanto larpeiro.

Xabi1 #6 3/Agosto/2007 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

De nada, Carlosroca, pero iso non é así. Se a postura do BNG é a de Encarna, entón o BNG acudiu hai anos á misa do 25 de xullo na Catedral. Pois non. E se así fora, como afirmas, porqué o grupo parlamentar do BNG non fixo emenda ningunha á disposición adicional?.
E non falamos dun soldo, senón dun complemento, Carlosroca.
O teu último argumento é pobre, demagóxico e infantil, nacionalapopularmente infantil.

piorno #7 3/Agosto/2007 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A posiçom de Encarna Outeiro é de umha grande coragem e valentia. Denunciar a desvergonha desta lei que, mesmo com carácter retroactivo, põe em mãos dos ex-altos cargos (a imensa maioria deles pertencentes ao PP) milhares de milhões de euros é umha obrigaçom de toda pessoa de esquerda com um mínimo de coerência política.

Umha lei assim e com carácter vitalício é umha verdadeira fraude e um roubo à cidadania. Como pudo o BNG apoiá-la? Os responsáveis deveriam ir-se para casa.

Lead_bocas #8 3/Agosto/2007 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver se cunde o exemplo e o monarca e a súa (piiip) familia abdican dos seus privilexios inxustificados e antidemocráticos !!! Señor, ilumínaos!!!

Para min debía de abolirse a clase política como tal: así remataríamos de vez co empresario-construtor, o funcionario-trepa, o camándula-vitalicio, as deputacións hereditarias... a corrución e o clientelismo político que son
ENOOORRRRMES

O que se está a confundir de cotío neste marco incomparábel de pestilencia, é a política coa función pública. Se estas señoras e señores queren vivir da función pública (de alto standing) que estuden e que fagan carreira en oposicións e concursos como se lle impón ao resto da cidadanía, o demáis son privilexios antidemocráticos que só serven para apuntalar aos factotums do réxime de exterminio. Lume, cocaina, chapapote... Que se piren todos!

mceleiro #9 3/Agosto/2007 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Teño entendido que é delito a desobediencia ás leis", tem os colhões de dizer o caradura este da "familia" luguesa (Blanco-Orozo-Varela). Mira quem vai falar!

Ricardo, es um fulano corrupto até as orelhas, que polo teu despacho circulam maletins e favores a tutipleni. O desta mulher é delito. O teu é financiaçom legal do partido......

Rectifica, Encarna. Este tipo de "delitos" seguro que si os perseguem......

lute #10 3/Agosto/2007 lute
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Obrigados Encarna, pola tua valentia e demostraçóm de comportamento ético; é, ademáis, umha boa vara de medir para toda a Funçóm Pública.

Beijinhos. Lute

Calidonia #11 3/Agosto/2007 Calidonia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Alén das opinións interesadas de quen cuxo soldo depende do partido e da animadversión evidente que mostran outros pola persoa, o de Encarna é unha demostración (unha de poucas) de que o sentido común e a honestidade aínda aniñan nalgunhas xentes do Bloque.

Cada vez máis a poboación fica mái slonxe dos partidos políticos. Estes converten toda a política en partidaria, deixando fóra a sociedade e a cidadania. E para colmo sóbense os soldos per vitam eternam, como único xeito de manter e reproducir un sistema de partidos que se basea en premiar a mediocridade política e técnica dos que alcanzan un alto cargo de xeito que cumpran unicamente a función para a que foron designados: control do aparato e corrupción.

Isto non ten a ver con que os que non son ricos non poidan dedicarse á política. Falamos de salarios que van alén do momento no que se exerce. Iso só ten unha explicación: apaño entre todos os partidos para roubarnos diante do nariz.

E a algún lémbrolle que non foi Encarna a única que acudiu a actos relixiosos. Sexa equitativo e métase con todos.

carlosroca #12 3/Agosto/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sorprendentes coincidencias progre-anarcas coa direita-facha ao minimizar-eliminar os salarios da xente que está eleita en cargos públicos. A maior parte dos cargos públicos cobran en función dos salarios dos funcionarios, e cando deixan de selo non cobran nin o paro, e así teñen que retornar aos seus postos de traballo, se ainda llo conservan.
Asi se tarda tanto en desprazar ao PP do poder.....

Calidonia #13 3/Agosto/2007 Calidonia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pola boca morre o peixe...

maleiro #14 3/Agosto/2007 maleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Noxo, é o que me dan istes políticos. O "torito" pasóuse desta vez.
Se de mín dependera iban chupar ostias en vinagre.
O de Encarna paréceme moi ético e valente .

outrolector #15 3/Agosto/2007 outrolector
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Parabéns Encarna pola túa actitude a prol do uso
xusto dos cartos públicos, e por explicar esa
actitude de xeito tan directo. ¡Benvidos
sexan os políticos e xestores que veñan coa
coraxe e disposición de Encarna Otero!

Tino #16 3/Agosto/2007 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A todos os q criticades ao bloque e a encarna, a ver cantos dos vosos partidos (PP, PSOE, EU, etc) teñen a valentia de dicir as cousas coa contundencia e valentia da Encarna Outeiro. DIXIT.

Tino #17 3/Agosto/2007 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A todos os q criticades ao bloque e a encarna, a ver cantos dos vosos partidos (PP, PSOE, EU, etc) teñen a valentia de dicir as cousas coa contundencia e valentia da Encarna Outeiro. DIXIT.

Lead_bocas #18 3/Agosto/2007 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sr. Carlos, apunta moi ben vostede.
"A xente que está eleita en cargos públicos": eu engadiría que está eleita dixitalmente...

Efectivamente: os facha-liberais queren suprimir os intermediarios e manexalo todo desde o consellos de administración capitalistas. E os que vostede chama progre-anarcas queren suprimir o estado terrorista para que os individuos se organicen en liberdade.

No medio (no centro) deste cenário probábelmente están os que viven única e exclusivamente de xestionar a miseria dos de abaixo en beneficio dos de arriba. Véase REGANOSA

Xabi1 #19 3/Agosto/2007 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O malo que teñen estes debates é que sempre hai alguén que desvía o tema.
E, claro, acusa de todo a todos, de ansrcos e de todo aos demáis, esquecendo, claro, como di alguén aquí o de Reganosa.
Un apontamento:
Se Encarna amosa en público o seu rexeitamento á diposición 17, cánto temos que agardar para que os demáis do BNG falen claro e alto?.
Agarden.
Se Encarna Otero chama á "insubmisión", pero no vai ter máis remedio que apandar co complemento porque lle vai entrar en nómina e despois, se quere, llo da á Paco Rodríguez ou a Beiras, ónde fica a insubmisión?.
Ah, a ese Carlos, gosto moito do ben e do deportivamente que aceitas as críticas/comentarios.
Votei BNG. Na puñetera vida recunco. Con xente coma ti, sectario e faltón, e mentireiro e manipulador, non vou nen a compar pipas de Nazón.

carlosroca #20 3/Agosto/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non ia por nada do que dicia vostede "Calidonia"...

xelmirez #21 3/Agosto/2007 xelmirez
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ben, Encarna, moi ben. Precisamos de xente coma ti aquí no verde Erín, porque a corrupción política é tamén endémica aquí. (Será cousa dos xenes?) Sabes que vas no bo camiño, pero é triste ver que a túa voz semella a que da voces no deserto en canto ó estamento político. Noraboa e parabéns.

cig-autonomica #22 3/Agosto/2007 cig-autonomica
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A CIG-AUTONOMICA CALIFICA AS DECLARACIÓNS DO CONSELLEIRO DE TRABALLO, RICARDO VARELA, DIANTE DA POSICION DE ENCARNA OTERO, DE INSULTANTES


A CIG-Autonómica considera que as declaracións do Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, a respeito da posición manifestada por Encarna Otero pola disposición adicional 17 da lei da función Pública Galega, son insultantes para a cidadania Galega.

A posición de Encarna Otero é suscrita na sua totalidade pola CIG-Autonómica. É inmoral e carece de ética que se aprobe unha Lei que leva unha enmenda presentada polo PP , que xa tentou aprobar mediante un Decreto e que desbotou pola grande contestación que xerou no persoal funcionario, todos os sindicatos con representación no Persoal da Administración Autonómica, e os Partidos naquel momento na oposición, PSOE e BNG.

Recordar que o Sr. Ricardo Varela foi Secretário Nacional da Ejecutiva de UGT de Galiza, sindicato que naquel momento manifestou con contundencia o rexeitamento ao intento do PP de colar por decreto esta medida. É curioso o cambio de posición, agora que non solo afecta a todos os nomeados a dedo polo PP e que él tamén é dos “ premiados” por esta medida ( é funcionario no Concello de Lugo).

É vergonzoso que ataque a Encarna Otero decindo que é obligatorio o cumprimento da Lei, ¿pensa xulgala e mandala á cadea por ter ética e coherencia, extremos estes dos que demostra Ricardo Varela que carece?

Esta lei representa un expolio para o erario público, que pertence a todas e todos as galegas e galegos, en beneficio de persoas postas a dedo nos cargos.

Esiximos ao Governo Galego que reconsidere esta disposición, e deroge esta medida inxusta e vergonzosa

Compostela, 3 de agosto de 2007

Rosamna #23 3/Agosto/2007 Rosamna
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que vergoña....para isto serve nos politicos...para subirse os soldos...

Hai que derogar esta lei inxusta...

ppSoe #24 3/Agosto/2007 ppSoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bravo por Encarna.
Mal polo BNG, penso que debería haber unha postura de partido, no voces illadas.
Mal polo PPSOE, vedes cómo son dúas riveiras dun mesmo río: unha vai co saúdo nacionalista español e a outra vai co saúdo español a secas, sen berralo, pero nacionalista. Os membros destes partidos obran igual pra conquerir o poder, pra exercelo e pra beneficiarse del. O último ísto do soldo vitalicio: é que os cidadáns quedamos en débeda cos nosos políticos até o punto de ter que lles pagar 15000 euros anuais de por vida? tan grande é o sufrimento polo que pasan durante o exercicio político? Non quero caer en demagoxias como apuntan outros, pero se ben entendo unha remuneración dacordo ca responsabilidade, a temporalidade e o sacrificio que a tarefa política supón, estas medidas parecen orientadas por vontades catastrofistas que pensan que os van sacar dos seus postos nas próximas eleccións e hai que asegurarse, polo menos, algo que nos permita seguir chuchando.
Xabi1, vota ó BNG, ostia.

baltar69 #25 3/Agosto/2007 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

discutíamos sobre temas parellos, o outro día, un bon amigo meu e máis eu, persoa que por certo milita no bloque e é cargo electo dos cidadáns, como alguén dí por ahí dos que figuran nas papeletas que enchen os partidos que a ley e o borbón permiten participar nos procesos electorais. a cousa referíase as soldadas dos alcaldes, concellais e diputados provinciais e, por ende, extendíase a toda a fauna funcionarial que ateiga concellos e deputacións da terra, da xunta e até deus sabe donde que sexa que se perden os diñeiros dos impostos dos sufridos cidadáns. para este bon amigo, xosé chorén por máis señas, retribuilo traballo político a aquelas persoas que o desempeñan nada ten de deleznable, sendo máis ben, ó contrario, unha actitude esquerdista e de progreso ao recoñecer así os méritos de cada un e conquerir que a política activa, o servicio a comunidade, sexa asumible tamén polas capas medias e non por aquelas que, por réditos ou por outras posibilidades, perfectamente poderían adolecer de salarios e dirixir e representar o resto da sociedade.
eu mostrábame en desacordo, non cá argumentación, que considero intachable e asumible a nivel intelectual, pero sí co fondo ó que nos conduce a mesma, inasumible dende o punto de vista político e económico: o malogrado ( digo malogrado por que moitos esperamos máis de el nos eu momento ) felipe gonzález márquez é autor de moitas perlas, pero unha das que máis lle recordo é aquela na que reflexionaba sobre a entrega de tanta mente pensante que estaría de maravilla na empresa privada e aceptaba o baixo salario da función pública para axudar no avance dos seus concidadáns. así, para resteñar esas perdas, dende fai moitos anos e de forma puntual, congresos, senados e cámaras varias modifican sueldos e prerrogativas os seus membros ante a indiferencia dos medios que teóricamente nos informan, chegándonos ecos as veces de que aqueles diputados que leven máis de oito anos asimilaranse automáticamente as bases máximas de cotización da seguridade social ou esto de ahora, de que as súas señorías verán recompensados os seus desvelos de ter tantas horas o cú pegado os fieltros cunha pequena pleitesía ca que o pobo quere honralos. ah, o pobo, que pouco saben do pobo estes que tan ricamente se erixen comos eus repesentantes. o pobo. que ben está o pobo na boca de ricardo varela, do compañeiro quintana, incluso da do noso presidente. o pobo.
falaba, tamén por ahí arriba alguén, dos que estamos en contra de tantas e tantas medidas con que os políticos queren premiar o seu parco e inútil quefacer as máis das veces tildándonos de progre-anarcos. bueno, coido que non debería o mentado colaborador mezclar moito ambas acepcións. unha de elas é moi digna de respeto, mentras que a outra pertenece, sen dúbida, máis o acervo sociocultural dalgúns dos líderes políticos que levo mencionado en párrafos anteriores ( e non é por tí, amigo chorén ). o que é claro é que en tempos normais, o estado ( xa sexa monárquico, repúblicano, demócrata ou despótico ) está sempre por enriba dos habitantes da nación. a historia corre a cargo dos especialistas no arte de gobernar: reises, presidentes, ministros, burócratas, parlamentarios, periodistas... en tempos normais a masa non entra en política. as condicións de vida baixo o capitalismo da clase traballadora poñen moitas barreiras no camiño para esta participación. existe un cansancio físico e intelectual ó remate da xornada, obrigas familiares e incluso a necesidade de desempeñar outros traballos para arranxar mellor o entorno económico do grupo o que se pertenece. pero si a cousa continúa por este camiño, si o roubo, o escalo, a corrupción institucionalizada empezan a emponzoñar demasiado o horizonte, fará falla que algúns vaian despertando á poboación e pedirlle á cidadanía unha participación máis directa na política. e eso chámase revolución e para cando eso suceda, pois igual resulta que podemos contar ca encarna, que, si vos son sinceiro, fai algún tempo xa daba por perdida.

jujolor #26 3/Agosto/2007 jujolor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ben pola sra. debe de cundir o exemplo, en todos eles, mais a meu
pesar istos "politiquillos", soamente pensan nunha cousa facer cartos, e conquerir privilexios que aos traballadores quitannos

OBSERVADOR #27 3/Agosto/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O valor, coragem e sinceridade desta senhora faz-se maior cada dia que passa. As reações contra ela não fazem mais que evidenciar a sua baixeza.

TODOS COM ENCARNA!!!
INSUBMISSÃO ECONÓMICA!!!
VIVA A ÉTICA!!!

POR UMA GALIZA LIVRE DE LAMBÕES!!!

Picheleiro #28 3/Agosto/2007 Picheleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A verdade que, despois de tanto despelote, aínda hai algunha persoa pública, como Encarna Otero, que parece ter sentido da realidade e critica feitos como istes que non fan máis que confirmar que a maior parte dos persoeiros que se terminan adicando á política o fan simplemente por millorar persoalmente, tanto a nivel económico coma social.
O tantas veces nomeado "espiritu de servizo á sociedade" onde ficou.?
Parece lóxico que calquer funcionario ou funcionaria que asuma postos de responsabilidade debe ser compensado durante o tempo que manteña esta responsabilidade pero non máis alá. Evidentemente, o exercizo do cargo non debería prexudicalo na súa carreira profesional, mante-lo cargo anterior, participar nos diferentes concursos de traslados, promoción interna, formación, etc.
Ah! Un detalle moi importante. Que non obrigan a ninguén. Que os altos cargos son voluntarios.
Gostariame que todo ese persoal que se vai ver lucrado inxustamente, se aínda lle queda algo de dignidade despois de pasar polo "cargo", saia á "palestra" e se manifeste publicamente como se manifestou Encarna.
Por certo, para ser xusto, coñezo algún caso dos actuais "altos cargos", curiosamente de consellerías do BNG que pensan o mesmo que Encarna pero non o din publicamente. ¿Será por non enfrontarse á organización.?

Quicol #29 3/Agosto/2007 Quicol
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

As declaracións de Varela parecenme despreciabeis. Por suposto que denunciarían a Encarna e a meterían no carcere. ¿Acaso esquecimos que o PSOE encarcelou a centos de desobendentes ao militarismo non hai moitos anos?. ¡E nunca mostraron arrepentimento!. Levan moi mal as críticas.

Desgraciadamente, non parece que a postura de Encarna Otero forme parte dun movemento de desobediencia civil. A xulgar polos apoios, non chega a un airiño. O que si parece é unha actitude de conciencia, e polo tanto de esixencia individual. Cada un saberá, tampouco valen partidos nin consignas nos que agocharse.

Estou de acordo en que un alto cargo debe estar ben retribuído. Son dos que pensan que hai que prestixiar a función pública e o exercicio da dirección política pública, pois vai en beneficio de tod@s. Moitas veces é certo que non se pode competir coa privada. Tamén é verdade que moita xente non poder renunciar a un posto de traballo para exercer, transitoriamente, esta actividade. Pero haberá que centrar os temas, e facer as medidas correctoras para que esto deixe de pasar e promover unha boa dotación de eficaces xestores e directores públicos, universalizando a posibilidade de exercer estes postos sen facer “clase política”. Haberá que incentivar axeitadamente e remover obstaculos que impidan a reincorparación ao traballo na actividade privada. E supoño que mais cousas.

Pero precisamente esta medida vai dirixida á xente que non vai perder o seu traballo (non é solución do problema, polo tanto) e, ademais, non é un novo complemento para o o desenvolvemento dunha ocupación específica pois a remuneración xa existe (xenera, máis ben, un privilexio a mantela de por vida).

Non me extraña que algunha xente que accede a estes postos por autentica vontade política de contribuír á mellora social se sinta molesta con él.

O que non entendo é que, agora, houbera unanimidade parlamentaria ¿votarían tod@s en conciencia?.

AGIL #30 3/Agosto/2007 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O indivíduo esse do pEsoE que diz o de desobedecer a lei confunde "el culo con las témporas" (digo-lho com palavras do Cela escritor espaÑol, para que mo entenda).
Há leis que devem ser obedecidas: o Código da Cinculação ou a Lei de Pressupostos (para declarar a Hacienda).
Há lei que reconhecem (ou outorgam -gratuitamente) direitos. Essas podem "obedecer-se" ou não: a do aborto ou a do divórcio. Imagino que tal disposição "gratificante" será deste tipo. Ou é obrigatório cobrar o que pagam? Os funcionários podemos renunciar a parte dos nossos ordenados e mesmo pactuar que nos retirem mais do estipulado cada mês.

Gaviotero #31 4/Agosto/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Dicen los sociatas que "es delito la desobediencia de las leyes"? ¿Y lo dicen ellos? ¡Jajaja!

galicecos #32 5/Agosto/2007 galicecos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É de salientar a súa fazaña, mais non se deben calar outras cousas semellantes ocorridas nos concellos cos complementos da dedicación exclusiva. Hai concellais do BNG que van percibir sesenta e catro mil euros ao ano e gábanse de que teñen responsabilidade de governo e compre percibir istos emolumentos. De rir

anxos #33 5/Agosto/2007 anxos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

unha muller integra e valente. Noraboa!

verdemiogo #34 5/Agosto/2007 verdemiogo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Unha lei non dexa de ser inxusta por ser lei.
A oposición a unha leí inxusta non é delito é esperanza que é
moi necesaria nestes días para o noso pobo e tamén para o mundo.

Que recorden os membros da cámara por uns instres os exempros de Luther King é Gandhi e deixen de contribuír a sangra e hipoteca-lo noso pobo e a Terra. Qué afasten as suas mans dos cartos do pobo,
e que os utilizen, non para darse vantaxe eles, senon para dar de novo esperanza e posibilidades de educación, saúde e vida a tantos e tantos que están a quedar marxinados (xuventude, terceira idade,
minusválidos, enfermos etc.) en toda-las partes por abuxos coma iste ou outras malas circunstancias (conflictos, fame, desastres naturais, malas xestións, casos imprevistos etc.).

Paz, ben e sentido común para nosa "caste" dirixente pra que deixe de ser caste e deixe de levarnos cara un país de castes.

Gaviotero #35 5/Agosto/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lo que deje de recoger por aquí esta señorita ya lo recogerá por otro lado...cuando salen a defenderla los robaperas de la CIG, los que causaron destrozos en Samil y en el resto de Vigo con sus huelgas salvajes, es porque esta señora no va con buenas intenciones. Seguro.

breixoak #36 6/Agosto/2007 breixoak
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Un dez para Encarna Otero. Co seu artigo en Vieiros demostrou valentía e honestidade

Xabi1 #37 6/Agosto/2007 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E non esquezamos que na tramitación parlamentar da lei de marras, non houbo emendas, ou sexa, que nen PP, nen PSOE nen BNG viron ren anormal no complemento.
Algún día haberá que abrir un debate sobre en qué consiste un salario dun político. Porque, imos ver, se un salario "decente" para un parlamentar é, poñamos por caso, 400.000 pelas ao mes limpas, sen dietas, nen asistenciaá comisións, etc, entón o salario de quen traballa na hostelería ¿é indecente?.
Se o salario dun alto cargo é o que é (o de Suso Vega pode-se consultar en web na ídem da Consellería da Felicidade), e resulta ser un salario "digno", entón o salario das persoas que traballan en Pizza Móvil, ¿qué é realmente?.
En fin, hai debate como tamén hai Nazón sen Estatuto

carlosroca #38 6/Agosto/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por suposto que os currantes de Piza Móvil cobran unha merda, logo que hai que facer baixar o de tod@s para que cobren como "pizzer@s" ou tentar que tod@s teñan salarios minimamente dignos.
E repito, a práctica totalidade dos salarios dos cargos públicos están en función dos niveis salariais da función pública.
Un/unha funcionaria do máximo nível cobra tanto coma un conselleir@, e no resto dos cargos de libre designación eche igual.

Cianita #39 24/Agosto/2007 Cianita
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Primeiramente felicitar a Encarna Otero pola súa postura, por suposto que non espere que ninguén lle responda aos argumentos éticos porque na Administración non se coñece o significado desa palabra.
Todo o que se fai na administración é en certo modo unha aberración e nisto o máis patético é a mención, entre outros, do Conselleiro de Traballo ao cumprimento das leis, cumprimento que, todos sabemos, a "Administración" omite constantemente cando lle parece oportuno. Que o conselleiro de Traballo fale da obriga de acatar as Leis move a risa tendo en conta cómo se cumpren entre outras a "Lei de prevención de riscos laborais" que lle afecta directamente a esa Consellería e non me refiro só ás empresas privadas se non á propia administración e aos seus centros de traballo.
Esta xente que tanto criticou o clientelismo do PP é cen mil veces peor pola súa terrible incongruencia, o que parecía imposible fíxose realidade, son incluso peores que os que os precederon e limítanse só a máis pura propaganda e a propalar mentiras para venderse.
Debemos de ter a peor clase política da historia e o peor é que as vontades da xente están tan dormidas que nunca antes foi tan certo iso de que "mexan por nós e din que chove"

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: