O Conselleiro de Presidencia cualificou de "extemporáneas" as afirmacións da directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda.
"En calquera Goberno, cando un alto cargo non está de acordo cunha decisión do seu propio Goberno, presenta a súa dimisión", dixo Romeu este venres en Vigo, "ou iso ou ben presenta no rexistro a súa renuncia a calquera beneficio persoal", engadiu. Ao respecto, comentou o conselleiro que a reforma da Lei de Función Pública aprobada no Parlamento "recolle moitos preceptos da normativa estatal".
Méndez Romeu insistiu en que a lei soluciona dous problemas graves deste sector en Galiza. Por un lado, reduciría "a politización da administración ao cubrírense máis de 800 xefaturas a través de concurso entre funcionarios e non por libre designación" e por outra parte "acábase co problema endémico do elevado número de funcionarios temporais e interinos", asegurou.
fálase pola súa consellería da inaudita incapacidade de este home, que veu no medio dunha pequena aureola de grande profesional e non leva feito máis que molestar. é posible que segundo a doctrina máis coruñesa, unha proposta como a de encarna leve asociada unha dimisión, pero segundo o meu propio baremo ó conselleiro de presidencia había que botalo cunha patada no cú.
MOI BEN POR ENCARNA OTERO.
Grazas pola túa honradez.coherencia e demostración do que é ser de esquerdas. De Mendez Romeou,Varela e outras herbas eles mesmos se califican coas suas declaracións.Non esquecerse do grupo parlamentar do BNG que votou a favor unanimente da emenda do PP que consolida un sobresoldo anual de 15.000 euros para todos/as os altos cargos da Xunta de antes, de agora e de despois. Paradoxicamente a mesma Encarna Otero que xa leva dous anos no posto, ainda que dimita ou a cesen vai cobrar xa o sobresoldo toda a súa vida.Esta é unha das "facetas" impresentables desta adicional, si un alto cargo da Xunta cesa por inepto,corrupto ou o que sexa vai cobrar igoal este sobresoldo. Creo que o grupo parlamentar do BNG deberia explicar publicamente o seu voto favorable ou polo menos aos seus afiliados e votantes.Demostra a mediocridade desde grupo parlamentar que seica o único que sabia o que votaba era o ínclito Mariñas (un dos beneficiados, agora despois de ter sido conselleiro hai 20 anos vai recibir o sobresoldo, en pago a aquela memorable xestión ao frente da Consellería da Presidencia).Gostaria tamén escoitar a voz dos intelectuais, dos membros de Nunca Mais, de tanta xente que dixo que habia que botalos a uns e votalos a outros. Aínda que agora xa pareza que todo é con b
O QUE TEN QUE DIMITIR É VOSTEDE, SR. MENDEZ ROMEU. Dende a Cig-autonómica instamos ao Sr. Mendez-Romeu, como máximo responsable da Función Pública Galega. Diante das declaracións nas que solicita a dimisión de Encarna Otero, a CIG Autonómica, como un xesto de "rexeneración democrática", insta a este señor a que presente a súa dimisión pola súa incompetencia e ineptitude demostrada ao fronte da Consellería de presidencia nos tres desafortunados incidentes que se produciron este ano en San Caetano. Estamos a falar da desaparición dos exames da oposición dos arquitectos técnicos, da que aínda estamos a esperar algunha explicación e pola que presentou a súa dimisión o Director Xeral da Función Pública, mentres o seu xefe e máximo responsable continúa no seu cargo; do denigrante espectáculo dado o pasado 12 de abril no violento desaloxo de traballadores/as e imputación penal de delegados/as da CIG por un delito contra as institucións do Estado e, como guinda, Da modificación da lei de función pública con alevosía e nocturnidade e a connivencia de todos os grupos parlamentares. Isto sí que é ilegalidade e insubmisión contra a legalidade vixente e falta de ética e coerencia.
nunca mais xa sabemos a quen servia, o pobo galego sabeo todo. Ollade como durante os incendios forestais do ano pasado "NUNCA MAIS" NON ABRIU A BOCA, a pesares de que desgraciadamente houbo unha victima ,aparte dos bosques da nosa terra nai ¿Iso non lles doe? Agora os de Nunca mais semellan estar dedicados a dolce vita...
Extemporáneos son aqueles que non renuncian os seus privilexios nun
mundo que necesita cada vez maís de solidaridade e xa non pode tolerar maís o abuso e derroche para seguir adiante.
Señores de la CIG, déjense ustedes de exigencias y empiecen ustedes mismos a cumplir la ley, por ejemplo, cuando hacen huelgas salvajes sin cumplir los servicios mínimos y causando destrozos allá por donde van.
Dejen de jodernos la vida a todos los vigueses que, entre otras cosas, les mantenemos a ustedes en sus horas sindicales tocándose los huevos sin ir a trabajar.
Por favor, entren a la democracia, están ustedes invitados...