Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PPdeG esixe compromisos de investimento "concretos"

O Gaiás será proxecto de Estado se o goberno español "financia a terceira parte"

"Asumimos as críticas, aínda que haberá cousas coas que esteamos máis ou menos de acordo", concedeu Núñez Feijoo sobre o informe da Cidade da Cultura elaborado polo Consello de Contas.

Redacción - 09:30 07/08/2007

Os populares decidiron levar ao Parlamento unha proposición non de lei coa que solicitan que a Xunta negocie co goberno español para conseguir fondos que "permitan a participación compartida nas obras da Cidade de Cultura". Explicouno este luns Alberte Núñez Feijoo, presidente do PPdeG, indicando que a visita do ministro de Cultura, César Antonio Molina, sería a oportunidade axeitada para comprometer "un terzo do financiamento" da Cidade da Cultura. "Só así podería entenderse que é un proxecto de Estado", espuxo Feijoo.

Considera o PPdeG que o executivo español estabeleceu precedentes de colaboración económica con outros proxectos culturais de grandes dimensións, caso do Forum Internacional das Culturas Barcelona 2004. Así, solicitan que se involucre agora no financiamento do proxecto galego.

Ademais, o PP cualifica de "errático" o comportamento do Goberno con respecto ao proxecto do Gaiás, criticando que das descualificacións, críticas e da paralización das obras "durante os dous primeiros anos desta lexislatura" agora o presidente da Xunta "mudou a súa opinión declarando que a Cidade da Cultura está chamada a converterse no icono visual da Galicia do século XXI".

Por outra parte, Alberte Núñez Feijoo concedeu certo grao de responsabilidade nos déficits e desacertos sinalados polo informe do Consello de Contas ao respecto do Gaiás, comentando que "non é o expediente do que nos poidamos sentir máis orgullosos". Con todo, dixo entender que a análise do Consello tamén involucraría ao bipartito, "xa que as críticas do organismo fiscalizador se estenden ao primeiro ano de goberno de socialistas e nacionalistas". "Supoño que farán algo de autocrítica", afirmou. De paso, criticou tamén o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recordando que formaba parte do Padroado da Cidade da Cultura. "Como é posíbel que non asuma ningunha responsabilidade?", reprochoulle. "Supoño que algún tipo de responsabilidade subsidiaria terá", opinou Feijoo.


3/5 (2 votos)


Comentarios (6)

Gaviotero #1 7/Agosto/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Coño, al final va a ser en Vieiros donde más cancha se le da a Feijóo...¡el mundo del revés! :)

Xabi1 #2 7/Agosto/2007 Xabi1
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tremendo este Núñez. E tremendo isto de que a nosa Bugallo non fora invitada a parolar co poeta César Antonio no Consello da Cultura Galega. Alí estaban todos e todas, agás Bugallo.
Calculo que algo terá que dicer e opinar a responsable de Cultura do governo de Progreso sobre os usos e disfrutes do complexo do Gaiás, pero semella que non, que abonda cos informes técnicos redatados polo artista multimedia galego e articulista de El País, Antón Reixa, de aí que César Antonio, o cantor de "A las orillas del Eume", veña, colla e diga que unha reunión de popes iberoamericanos sería excelente para mellor vender os cachos da Cidade da Cultura aberta en canal.
Non sei se seremos Nazón, pero somos a hostia.

anxos #3 8/Agosto/2007 anxos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

xa lle vale, tirando cartos a moreas e na miña parroquia fai dez anos que agardamos polo saneamento, por un alumeado publico decente, por...
Venga saraos y faustos con el dinero de todos. A vivir, que son dos dias....

ecoe #4 8/Agosto/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A cada queda máis claro que a xenética do Réxime bourbónico penetra en todo tipo de corpos, sexan da cualidade que sexan. Así vemos tamén cómo no bng sosteñen unha obra do máis puro estilo franquista e faraónico.

Certamente no rural o saneamento está que dá pena onde existe ou existíu, porque se fixo de aquela maneira, como todo o institucional.

A racionalidade non é unha característica do capitalismo nin das suas institucións, como tampouco de quenes deciden participar primeiro, para logo soster!

ecoe #5 8/Agosto/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Esquecíame por certo que despois, por si o desbanxamento non fora ainda abondoso, as suas señorías se fabrican un salario VITALICIO de 14 e tantas mil OUROS ó ano, para toda a mangancha de corruptos que nos gobernaron e o fan ainda hoxe.

Con esa baralla este servidor non xoga, que ten os naipes marcados e, pior ainda, lixados de merda!

Tino #6 8/Agosto/2007 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É unha pena q algúns se empeñen en desviar continuamente a atención sobre as noticias.

Ao allo: O PP creou este mausoleo para q Fraga fose recordado in eternis, o problema é q se fixo sen orzamentos, nin programas, nin nada. Agora lémbranse de q fai falta financiación!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: