A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica dixo que conseguiran localizar máis corpos dos previstos.
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica recuperou este sábado nove cadáveres de republicanos asasinados na Fonsagrada (A Fonsagrada) e soterrados no concello de Grandas de Salime (Eo-Navia), malia a prohibición do Xulgado de Instrución Número 1 de Castropol para realizar os traballos.
Segundo confirmaron representantes deste colectivo, durante a xornada conseguiron localizar máis corpos dos previstos, e aseguraron que os traballos "van rápido e ben".
Púidose realizar a exhumación de cadáveres no Acebo, onde prevén atopar 14 cadáveres e outros dous máis na Fonsagrada. A foxa que se descubriu estaba ao borde dereito da estrada en dirección a Fonsagrada, no quilómetro 15. Contra as 10.20 horas apareceron os primeiros restos.
Ao redor das 14.00 horas atopáronse os catro corpos enterrados na segunda parte da foxa. A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica traballa no que eles cren que será a primeira parte desta, onde pensan que están enterrados 12 cadáveres.
Moreno Torres
O último corpo que confían en atopar é o de Moreno Torres, que podería estar un pouco separado. Segundo comentou algún dos enterradores que se deixou ver polo Acebo, este corpo estaba en perpendicular respecto ao resto de cadáveres.
Dado este avance, os voluntarios, historiadores e demais membros que traballan na Fonsagrada calculan rematar os traballos de exhumación antes do martes, data inicialmente prevista para culminar o proxecto e afrontar outros. Ao respecto, anticiparon que en Vigo podería haber oito cadáveres enterrados.
É a resposta merecida por unha actividade legal durante 90 veces anteriores: din que a igualdade ante a lei (glubs)!
Gaviotero, que che denuncia o teu seudonimo, os vosos mortos non tedes que desenterralos no medio de campo e baixo prohibicions xudicias. Os vosos mortos, que son os asasinos da liberdade, teñen monumentos, rúas e son recoñecidos; as súas familias tiverons pensions, estancos e poideron roubar todo que quixeron, como o seu xefe, o dictador, que roubou o pazo de Meirás, e agora a familia Franco negase a devolvela o seu lexitimo dono, pobo da Coruña.
E ata iso queredes negar, o dereito a desenterrar os nosos mortos.
Sodes vos, os complices do xenocidio, os tiñades que estar pedindo clemencia ao pobo.
Unha mellor información sempre está ben. Os corpos son de membros do Batallón Galicia, da CNT, e o comandante Moreno Torres era da CNT, un elemento importante dentro desa organización.
Hai que ter coidado con agochar baixo o título de "republicanos" a militantes e organizacións que tiveron que sufrir bastante a República nas súas formas represoras.
Co ese criterio de meter todo no mesmo saco, vai resultar que Lister era "republicano" e non comunista, estalinista se queredes, pero seguro que antes de todo era comunista.
Cuidado, Lister era stalinista non comunista, que moitos comunistas como Andreu Nin, Joaquin Maurin, que daquela esta na Coruña, etc e o POUM ou Os Amigos de Durruti, tamen foron represaliados e asesenados polo goberno onde estaba a "anarquista" Federica Montseny.
Pero o que aconteceu na republica, que tamen é memoria historica, non pode ocultar o problema hoxe: que os que venceron, é dicer, os franquistas do PP seguen administrando a victoria e impedindo que recuperemos a nosa xente, sexa anarquista, stalinista ou trotskista.
Que teñan que pasar setenta anos! O que custa desenterrar cando, ademais de terra, lles botaron enriba silencio, medo, mentiras, vergoña...
Disculpe, Lister era comunista e por iso era estalinista, tamén se pode ser comunista e troskista, pero sen vencello co comunismo non hai estalinismo que valga.
Andreu Nin, que se saiba, foi asasinado por un comando de policías ás ordes do que despois sería o KXB, integrado por policía afíns ao PCE. Hai un documental sobre ese tema emitido pola Televisión Catalana. Acode a él.
Co criterio, amplo criterio, de que a "anarquista" Federica Montseny tivo algo que ver coa desaparición de Nin, dos Amigos de Durruti, etc., terei que concluir que Francisco Rodríguez, por apoiar ao governo de Zapatero no Congreso dos Deputados de Madrid, é responsabel dos tiros que bota a militarada española en Afganistan.
E non se trata de con qué cacho de republicano me quedo, senón de diferenciar as cousas, por iso o Concello de Ferrol, cando hai uns días homenaxeou ao alcalde Quintanilla, acalaraba que era do PSOE, e cando o BNG homenaxea én Pontevedra a Bóveda, aclara que era nacionalista, non só republicano, de misa, sí, pero reùblicano.
Ves agora o matiz ou falamos máis tarde?.
A pé desta información foi borrado un comentario:
En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.
Pois si, Xabi1, se ti es parte dun goberno, es parte da súa actuacion. O de nadar e gardala roupa non vale na politica; se Montseny era parte do goberno, apoiado polo PCE, que reprimia o POUM e a base anarquistas, Montseny é complice.
Da mesma maneira que Francisco Rodrigues, e o BNG, é complice a aval do envio das tropas o Libano e Afganistán.
Si non o son, que saquen unha declaración publica decindoo e chamando a retirada inmediata.
Pero claro, eles estan con PSOE na Xunta, e non vamos a rachar un acordo de poder pola solidariedade cos pobos oprimidos. Paris ven vale unha misa, que diría o outro.
Imos ver se logramos aclarar as cousas situando os feitos cronolóxicamente.
A comezos de maio de 1937, o ataque das forzas policiais da República ao edificio da Telefónica provoca os chamados "feitos de maio". Como consecuencia dos mesmos (García Oliver e Federica Monteseny chaman á calma aos cenetistas cataláns), dimiten os ministros anarquistas. Tras estos acontecementos, comeza a represión contra o POUM especialmente e contra a CNT. Nin é secuestrado despois dos feitos de maio, ou sexa, cando Federica et ali non estaban no governo republicano.
Ou sexa, que pouco cómplice foi Montseny neses feitos; noutros, pois non che nego nada, pero nestes, ren de ren.
Que Paco Rodríguez sexa "cómplice" do envío de tropas españolas a Afganistán, se votou a prol, pois será corresponsabel, pero non moito máis aló, penso eu.
Agora ben, con argumentacións -respetabeis- que abranguen, como o antibiótico, un amplo espectro, aquí non salva a cachola nen o gato.
E retornando ao tema da fosa e dos republicanos, insisto en que hai que citar de qué bandeira eran, igoal que facemos con Lister, con Santiago Álvarez, con Compayns, con Alexandre Bóveda, etc.
Para conservar a memoria dos asasinados e para comprender porqué foron asasinados.
NOTA DE GAVIOTERO
No estaría de más que la redacción de Vieiros fuera imparcial y también eliminara los comentarios de aquellos que por discrepar del nacionalismo imperante, recibimos continuamente calificativos e insultos de todo tipo, siendo los más suaves fascista y terrorista, aparte de todo tipo de deseos de muerte.
PD: No estaría mal, sino fuera porque al tratarse de una publicación sufragada por quien todos sabemos, se debe como obediente y fiel vasallo a quien todos sabemos.
Mira que lles fode os do pp cando atopamos un cadaver dun asasinado pela falanxe, por que será? por que queren que nos esquezamos do que ocorreu?
Para min que por debaixo das peles de ovella de democratas que levan ainda seguen tendo a sua bella e conocida camisa azul, pese o que lles pese o seu partido non é mais que a continuación da falanxe.
Moito medo teñen os do PP, a que se remexan as tumbas, e logo por que será?, non será porque se sinten aludidos, algo culpables no fondo, porque son como di o Bardo-do-vinho os herdeiros vivos de Franco con la de ovella, porque no fondo xustifican o seu réxime. Non o van xustificar, se mesmo algúns coma Mayor Oreja o louvan!. Ou será que temen que os españois relacionen ó PP con algún deses feitos e perde-las próximas xerais.