Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Tag: eo-navia

12/Agosto/2007 /

Recuperados nove corpos de republicanos asasinados na Fonsagrada

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica dixo que conseguiran localizar máis corpos dos previstos.


13/Xuño/2007 /

Consenso para mirar polos galegofalantes do exterior

O deputado nacionalista Bieito Lobeira presentou no Pleno desta terza unha proposición non de lei que conseguiu o apoio de todos os grupos esta cuarta feira, con algunhas modificacións. Poden consultar o texto aprobado no interior.


26/Maio/2007 /

Votos galegofalantes sen candidaturas que os defendan

No Val do Río Ellas, no Eo-Navia, nas Portelas, no Bierzo... Este 27 de maio tamén hai eleccións, mais o galego non ten demasiados representantes.


31/Marzo/2007 /

Un informe sinala que o falado de Eo-Navia é unha variante do galego

Este sábado presentouse en Navia un informe lingüístico que "desmonta claramente a teoría falsa da Academia de la Llingua Asturiana".


2/Marzo/1999 /

Poio sancionará os danos producidos por cans

O concello de Poio ven de editar un bando no que se lle comunica ós veciños das responsabilidades que teñen que asumir pola posesión dun animal doméstico.


22/Febreiro/1999 /

Os traballadores de Bazán debaten o Plan de Futuro

As seccións sindicais de Bazán proceden nestes dias a debater polo miudo as virtudes e defectos da Acta de preacordo asinada a pasada semana sobre o Plan de Futuro deseñado pola SEPI para Bazán. A CIG manifestou o seu desacordo total mentres que o resto de sindicatos aplauden os logros conseguidos na negociación. Nos próximos días os traballadores terán que votar a prol ou en contra do Plan de viabilidade.