Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Acusado de aldraxes por un xuíz

Un membro da CIG é condenado a pagar 200 euros de multa e 5.000 de indemnización

O sindicalista, Eduardo Álvarez, xa recorreu, considerando a sentenza que lle obrigaría a eses pagos ao xuíz-decano Antonio Fraga Mandián como unha "conculcación" dos seus dereitos fundamentais.

Redacción - 11:00 14/08/2007

Eduardo Álvarez, secretario comarcal da CIG-Ensino e membro d'A Mesa pola Normalización Lingüística recorreu o fallo no momento de coñecelo, e solicitou a súa absolución ou a nulidade da sentenza, coa conseguinte repetición da vista oral, ao térense conculcado os seus dereitos fundamentais: "A sentenza foi ditada á medida do denunciante. Eu xa estaba condenado de antemán". O sindicalista, entre outras razóns, referíase as declaracións de Fraga Mandián publicadas nun xornal antes de que se emitise a sentenza deste caso, nas que o xuíz-decano aseguraba que se ía comprobar "cal é o custe de inxuriar a un xuíz".

Eduardo Álvarez manifestou tamén que vai "chegar até as últimas instancias xudiciais" para defender non só a súa dignidade, "senón a de todos os galegofalantes". O sindicalista asegurou sentirse "cidadán de terceira ou cuarta categoría" e cuestionou a existencia dun verdadeiro estado de dereito.

Pilar García Negro, profesora titular do Departamento de Galego-Portugués da UDC, corredactora da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos e experta en Dereito Sociolingúistico, cualificou de "aberrante" o proceso aberto contra Eduardo Álvarez e preguntouse, durante a rolda de prensa dada na segunda feira por Álvarez: "En qué modelo de xustiza o exercicio dun dereito se converte nun feito puníbel e perseguíbel". García Negro tamén considerou esaxerada a indemnización imposta a Eduardo Álvarez, "pois é unha medida radical que lle supón a Eduardo a privación do seu salario durante máis de dous meses e medio". García Negro terminou a súa comparecencia facendo un chamamento ao Fiscal Xefe do TSXG, á Xunta, ao Valedor do Pobo e ao Parlamento Galego para que emitan un pronunciamento sobre a conculcación dos dereitos lingüísticos dos galegofalantes no ámbito xudicial.

Un proceso xudicial ateigado de "irregularidades"

O sindicalista entende que foron conculcados gravemente dereitos fundamentais ao longo de todo o proceso e, nomeadamente, no decurso da vista oral, celebrada o pasado 18 de xullo, onde a xuíza que presidía a vista oral fora nomeada polo propio Fraga Mandián, quen ademais lle negou a Eduardo Álvarez as probas testificais que propuxera ademais da posibilidade de interrogar a testemuña da acusación.

Ademais, Antonio Fraga Mandián abandonou a sala no medio da vista oral e tamén se alterou a orde fixada publicamente para a celebración do xuízo, para cumprir a axenda do xuíz-decano de A Coruña. Na última parte da vista, conculcouse o dereito á última palabra do acusado ao tan só permitirlle a xuíza expresarse apenas dous minutos.


4,71/5 (14 votos)

Comentarios (5)

ecoe #1 15/Agosto/2007 ecoe

Que non se vaia criticar -INXURIAR!

ecoe #2 15/Agosto/2007 ecoe

Que non se vaia criticar -INXURIAR!!- as decisións dsos xuízes, qsue como todo o mundo saben son INTOCABLES no reino bourbónico, igoal que no da India.

E ademáis permítense as suas señorías anunciar a sentenza con tempo -por eso poido presentar xa as alegacións.

Lástima que non haxa ónde denunciar ós xuíces cando se extralimitan ou non teñen en conta os dereitos das persoas, pero outros como eles son os encargados de xulgalos, polo que pasa como cando denuncias unha actuación médica ante "Atención ó Pacente"...menos cando vas ó xulgado, que ahí pode cambiar a cousa....para os médicsos ou outras situacións menos intocaveis.

Chámanlle "democracia"

OBSERVADOR #3 15/Agosto/2007 OBSERVADOR

Onde estão os que dizem que "aqui cabemos todos"?

O fulano foi sentenciado por exigir o seu direito a receber a informação em galego...

Tino #4 17/Agosto/2007 Tino

Mais outra aldraxe cara todos os q falamos galego.
INDEPENDENCIA DE ESPANHA DUNHA PU.. VEZ!!!!!!!

Tino #5 17/Agosto/2007 Tino

Mais outra aldraxe cara todos os q falamos galego.
INDEPENDENCIA DE ESPANHA DUNHA PU.. VEZ!!!!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: