Despois de recuperar até once corpos dos republicanos asasinados na Fonsagrada, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica atopou outro foxo común cos restos de até cinco persoas.
Son once os corpos recuperados polo de agora nos foxos escavados. A primeira hora deste xoves, o equipo de arqueólogos e voluntarios da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica descubriu un segundo foxo común preto do do Alto do Acebo, en Grandas de Salime.
Despois dos restos encontrados a pasada fin de semana, os investigadores consideran agora que este novo foxo pode conter os corpos doutros catro membros do Batallón Galicia e do Comandante Moreno, xa que se sabe que foran enterrados en días posteriores ao 29 de outubro de 1937, o día no que se produciran os asasinatos doutros oito compoñentes do Batallón.
Acto pola memoria
Este mércores pola tarde, o salón de actos dos Chaos, n'A Fonsagrada, foi escenario dun acto en memoria do Comandante Moreno e dos seus compañeiros no Batallón Galicia. Aló estiveron os membros do equipo investigador que documentou o acontecido. Tamén apoiaron o evento o historiador Eliseo Fernández, o escritor Manuel Rivas, Luis Miguel Cuervo, membro fundador do grupo de investigación Frente Norte, Carmen G.Rodeja, especialista en etnografía local, e Santiago Macías, vicepresidente e fundador da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.
A ver si fan algo os Manolo Rivas, etc. para que o monumento con placa conmemorativa a dous dos asasinados pola dereita fascista españolista cando o sanguento Golpe de €$tado de Franco -ése que o Partido Popular non condena, nin o Golpe Militar nin os asasinatos (uns 3000) na Galiza, onde nunca houbo ningunha Guerra Civil-, feito e instalado en Terra de Montes, na Ponte do Barco, lugar de autos, en Pedre, onde as hordas fascistas locais seguen indemnes, e retiran vez tras de outra, xa por terceira vez, a placa conmemorativa.
Si se fixera un acto público de renombre cecais se refreasen un pouco, tras tanto tempo, todo ata hoxe, sin ver as barbas a remollo!