Xaime Gabarri, voceiro da colectivo de mariscadores, asegurou que esta detención implica un "intento de intimidación".
Un mariscador adscrito á Confraría de Pescadores de Ferrol foi detido na mañá deste venres, tras o peche da bocana da ría levado a cabo polo colectivo para evitar a entrada do buque Akwa Ibom, con destino á planta de gas de Reganosa.
O traballador, Xosé Anxo Ríos, de 34 anos de idade, foi retido pola Garda Civil por carecer da documentación requirida polos axentes durante os seus intentos por facilitar a entrada do metaneiro na ría de Ferrol.
"Intento de intimidación"
Xaime Gabarri, voceiro do colectivo de mariscadores, asegurou que esta detención implica un "intento de intimidación". "Terano alí corenta e oito horas", aventurou.
Gabarri dixo que os motivos que levaron a un grupo de traballadores a retomar o peche da ría, como xa se fixo con motivo de anteriores entradas de metaneiros dirixidos a Reganosa, foron que "nin a Delegación do goberno español en Galiza aceptou a nosa petición de diálogo, nin Reganosa quitou as denuncias que pesaban sobre nós".
Xaime Gabarri afirmou que "durante dous meses se deixou pasar aos gaseiros", mais que a falta de novidades no proceso motivou novas mobilizacións. No entanto, recoñeceu que as protestas xeraron unha división no seo da Confraría de Ferrol. Gabarri abandonou a asemblea das nove da mañá do venres ao non se sentir avalado polo patrón maior en funcións, Bernardo Bastida, e anunciou que non participará, a título persoal, en novas protestas e que se sente "decepcionado".
Nova tentativa, pola tarde
Pola súa banda, Reganosa non puido confirmar se o buque Akwa Ibom, que ao mediodía do venres permanecía fondeado na ría de Ares, aproveitará a preamar desta tarde para acceder á ría de Ferrol.
Reganosa considera que, "como empresa que exerce a súa actividade legalmente", é merecedora do amparo das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para impedir un novo veto á entrada do metaneiro, un apoio que xa reclamou ante protestas precedentes.
Ante a chegada do primeiro buque, o Galicia Spirit, Reganosa cifrou en 300.000 euros as perdas diarias por non se poder abastecer do gas natural licuado transportado polo metaneiro, polo que reclamou responsabilidades ante a Xustiza.
Eu non entendo o tema de REGANOSA, por suposto que é discutible a ubicación e seguro que habería outros sitios mellores que o Promontoiro, pero xa levan construindo a pranta 5 anos e agardan a que estea rematada para comezar a moverse e montar follón. A iso como se lle chama: irresponsabilidade cívil, ignorancia, afán de protagonismo,.... Débense pensar que montar e desmontar unha pranta de gas é como xogar co LEGO... Onde estaban Gabarri,Bastida e a Yoli no 2002 ?????????
non sei ti, pero eu xa levo tempo (anos) vendo pola tele, de cando en vez, protestas contra reganosa
claro q ata q decidiron facer esas protestas polas bravas, poñéndose diante dos gaseiros, nin dios bendito lles fixo caso ningún...
irresponsabilidade?
non é máis irresponsabilidade persistir no erro e seguir para diante na edificación nun lugar q entraña riscos q están á vista de todo o mundo? non é eso verdadeira irresponsabilidade, especialmente habendo, como hai e como se propuxeron dende un principio, alternativas sin tantos riscos nin atrancos?
por non falar da irresponsabilidade nosa, do resto da poboación, q non abrimos a boca en todos estes anos, pq non nos enteramos ou pq non nos quixemos enterar...pq so nos queremos enterar cando hai follón gordo
non é un caso único
a celulosa de pontevedra é outra q tal baila, e q a pesar das sentencias, hai a tés, enchendo o aire de cheiros e o mar de merda
e a depuradora de aguiño será a seguinte
cando estea feita haberá quen diga, como ti agora, q os veciños calaron ata q estivo feita...pois non, meu amijo
será q non escoitamos máis q a quen berra de máis
Xoel, um artigo (para concordar ou não) mas para ter argumentos do que está a acontecer:
"Catro verdades sobre Reganosa
Carlos Aymerich
08 de Junho de 2007
“El Musel está llamado a jugar un peso estratégico cada vez más importante en el relevante papel que ya tiene el Principado en el mapa energético español. Endesa ya ha pedido suelo en la nueva explanada de Aboño, otra de las obras de las ampliación portuaria gijonesa, para hacer un ciclo combinado de 800 megavatios” (http://www.xixon.izquierdaxuni.... Deste xeito, enfrontando con toda rotundidade a oposición de numerosos grupos ecoloxistas e colectivos cidadáns de Asturies, xustifica IU de Xixón o seu apoio á futura regasificadora do Musel, adxudicada a ENAGAS polo goberno español do PSOE. Unha regasificadora situada a menos de 1000 metros de bairros como os do Muselín, Otero, Musel Arnao, Les Cabañes, Barrio de Pescadores, Jove de Arriba ou Tocote e dunha concorrida praia como a de Xivares cuxa entrada en funcionamento está prevista para 2010.
No caso da regasificadora de Reganosa en Mugardos é sabido que a sucursal galega de IU fixo da súa oposición á planta o eixo dunha campaña electoral que lle permitirá cogobernar Ferrol co PSOE, partido que malia a súa directa responsabilidade na autorización e na ubicación da planta de gas mantivo un prudente silenzo apenas roto polos mocazos da policía, dirixida polo Delegado do Goberno, e a desproporcionada intervención da Fiscalía contra o patrón maior da Confraría ferrolá. Ministerio Fiscal que tamén depende, como é sabido, do goberno español. Porén nin estes partidos nin tampouco o denominado Comité de Emerxencia fixeron en momento ningún referencia ao paralelismo entre Ferrol e Xixón nesta materia. A razón do silenzo hai que procurala na militancia partidaria de Carmelo Teixeiro (ex responsábel do PSOE en Ferrolterra) e Rafael Pillado (ex concelleiro do PSOE en Ferrol), respectivamente portavoz e destacado integrante do dito Comité de Emerxencia ao tempo que integrantes da Xunta Directiva da Asociación “Fuco Buxán”, de recoñecida filiación pesoísta. E quizais esta militancia partidaria teña a ver tamén coa clara intencionalidade política dunhas críticas centradas no BNG e dirixidas, sen dúbida, a desviar a atención da negativa do goberno español – secundado por IU – a permitir a volta da construción naval civil á ría de Ferrol.
Pois ben, penso que xa é ben tempo de que desde o nacionalismo se esclarezan algúns dados que Teixeiro, Pillado e IU interesadamente silencian sobre o asunto de Reganosa:
1. O BNG foi a única forza política que formulou alegacións contra a ubicación da planta regasificadora no interior da ría de Ferrol. Nin o PSOE nin IU formularon alegación ningunha nin utilizaron, como si fixo o nacionalismo galego, a súa representación institucional para se opór, cando o había que facer, á tal ubicación. É máis, desde o BNG seguimos a pensar o mesmo: a ubicación idónea para a regasificadora debe ser o porto exterior. Mágoa que ENAGAS rexeitara ese emprazamento. As razóns, nunca explicadas, haberá que llas perguntar ao xenro do finado Xeneral Gabeiras, na altura conselleiro delegado da empresa gasista.
2. As autorizacións para Reganosa se instalar en Mugardos e iniciar o seu funcionamento foron outorgadas polo goberno español. Máis en concreto pola Autoridade Portuaria de Ferrol, ao se tratar de dominio público portuario, e máis polo Ministerio de Industria. Son, xa que logo, estas mesmas autoridades estatais as que poden revisalas de oficio e anulalas como meio de promover o seu translado. Serían tamén, por certo, elas proprias as que tivesen que satisfacer as indemnizacións ou compensacións que, no seu caso, correspondesen. A Consellaría de Industria non ten competencias nin para autorizar, nin para paralisar nin tampouco para deslocar Reganosa da súa ubicación actual.
3. Porén, e á marxe da súa concreta ubicación, a Consellaría de Industria e o conxunto do goberno galego consideran que a existencia dunha regasificadora constitúe unha infraestrutura estratéxica para o desenvolvimento económico de Galiza e, en concreto, para a instalación de ciclos combinados de gas natural nas térmicas das Pontes e de Sabón. E o BNG non vai permitir que Galiza perda o tren da transformación enerxética en beneficio de Asturies como outros semellan empeñados en que perda o da construción naval civil para maior proveito dos estaleiros andaluces.
4. Outra cousa é que Reganosa deba funcionar con todas as garantías ambientais e de seguranza exixidas pola lexislación vixente e que os danos e prexuízos que a súa posta en andamento poda supor para outras actividades económicas como a pesca ou o marisqueo deban ser avaliados e compensados. Neste sentido cúmprelles ás Consellarías de Desenvolvimento Sustentábel e Presidencia, responsábeis respectivamente pola Declaración de Efeitos Ambientais e máis polo Plano de Seguranza Exterior, extremaren o seu celo e actuaren coa máxima dilixencia.
Xa van sendo horas de pór a cadaquén no seu lugar e separar as lexítimas preocupacións polo meio ambiente e a seguranza doutras motivacións, políticas e económicas, menos confesábeis. Non vaia ser que, ao fin, os mesmos que secundaron que o naval marchase para Andalucía amparados nunha farisaica defensa do Sector Público, podan conseguir agora que a enerxía marche para Asturies sob a capa dunha falsa preocupación ambiental. "
Eu me pregunto sería tan malo que se pechase a Regasificadora, e así con elas as plantas de Sabón e As Pontes?, quizáis teña que prevalecer unha infraestructura "extratexica" cas empresas máis contaminantes es destructuras do medio natural, que a recuperación das zonas contaminadas?. Quizáis non sería mellor buscar unha alternativa as regasificadoras, con industrias menos contaminantes e xeradoras de emprego igualmente?.
Outra pregunta se se dí que a Xunta favoreceu a implantación da regasificadora, como é que agora a Xunta non ten ningunha competencia? Si a ten a Consellaría de Industria é a que da os permisos para o funcionamento de calquera empresa, non a Autoridade Portuaria, nin o Goberno do Estado, que non teñen competencias nesa materia.
É de risa ver como a Consellaría de Industria pode paralizar un elevador panorámico por poñer en perigo a cidadáns que soben voluntariamente nel, é non pode paralizar unha regasificadora que non cumple as normativas europeas e pon en perigo a milleiros de persoas. Podemos chamalo electoralismo, incompetencia, intereses, industria estratexica, todo o que queiras, pero eu chámolle pura deixadez de funcións é falta de vontade.
Não Anxo, não confundas ou não te confundas.
A Autoridade Portuária de Ferrol (Corunha, Vigo...) é / são domínio exclusivo do Estado (olha a "Ley de Puertos") e, directamente, dos ministérios espanhóis envolvidos (Fomento e Industria). Se te parece incrível pois é. São enclaves mesmo com polícia própria...Aí a Xunta, nem os concelhos, têm competências. Cumpre ser rigoroso no que se diz para depois reclamar o que cumpra.
Dame igual que teña que dar os permisos, esa planta incumple a normativa europea, as normas de seguridade, é a saber que máis incumple, se non e competencia de Xunta que o denuncie que para eso están, non digas que non ten responsabilidades porque si as ten as de defender antes os organismos o instituciones que sexan o cumplimento das leis, e defender dos perigos de dita instalación a poboación.