O goberno pide colaboración internacional e recoñece que é “unha traxedia sen precedentes”.
O goberno admite a magnitude da traxedia
A península do Peloponeso, no suroeste de Grecia, está en máxima alerta. Numerosos lumes forestais están a causar unha auténtica traxedia que lle custou a vida a alomenos corenta persoas. Porén témese que as vítimas sexan moitas máis xa que se está a buscar a desaparecidos. O goberno, que se ve desbordado pola situación, xa pediu axuda internacional ao se dirixir á UE.
Na zona atópanse membros do exército que intentan deter o avance do lume e proceden á evacuación de localidades. As altas temperaturas e a sequía dificultan aínda máis as tarefas de extinción. O propio primeiro ministro grego, Costas Caramanlis, recoñecía abertamente que a situación é “unha traxedia sen precedentes”.
O mundo RICO non axuda a un dos seus membros máis pobres, pero disciplinados?
Anda, acabaram nas Canárias e foram-se para a Grécia, vão percorrer o mundo...
Unha "traxedia grega" e non o digo por facer un chiste. (Son carallán mais tamén son bo)
Isto demostra o demo que levamos dentro. Nos incendios non hai mafias organizadas nin en Galicia, nin en Grecia. Hai moita maldade nalgunha "xentuza" que son auténticos asasinos e terroristas.