"Tantos lumes ao mesmo tempo e en tantos lugares non poden ser cousa de azar", dixo o primeiro ministro, Kostas Karamanlis.
O primeiro ministro, Kostas Karamanlis, destacou na súa comparecencia sobre a crise a intencionalidade dos lumes e referiuse a unha presunta conspiración contra o executivo. O diario conservador Apogevmatini, ideoloxicamente próximo ao actual goberno, titulaba esta semana Plan dos inimigos contra a patria, e editorializaba sobre presuntas intencións desestabilizadoras da vaga de lumes ás portas das eleccións anticipadas do 16 de setembro. Outros diarios do país preferiron destacar as sospeitas sobre posíbeis intereses inmobiliarios na orixe dos incendios que están queimando milleiros de hectáreas. A prensa tamén se fixo eco dos artefactos incendiarios atopados e das informacións ofrecidas polos bombeiros sobre a intencionalidade manifesta da maioría de lumes.
Desde a oposición socialista coinciden na posíbel influencia da especulación inmobiliaria no que está acontecendo en Grecia. Ao respecto, o líder do PASOK, Giorgos Papandreou, reflexionou este luns sobre a errada política da dereita no goberno respecto á xestión do solo forestal. Segundo Papandreou, os conservadores "alentan" a actividade dos incendiarios coa súa permisividade para a edificación nos terreos queimados. Desde o goberno grego aseguran agora que nas zonas queimadas este verán non se permitirá construír e prometen plans de reforestación para todas elas.
Por outra parte, a oposición tamén se queixa pola falta de medios e critica o déficit de formación das brigadas contra o lume. "Queren presentarse como vítimas para agochar as súas propias responsabilidades", repróchanlle os socialistas ao goberno de Karamanlis. A voceira dos comunistas, Aleka Papariga, denunciou que o goberno botase man de expresións coma "terrorismo incendiario", acusándoo de buscar meterlle medo á xente e "desorientar" os electores. Ao tempo, as enquisas indican que a xestión da crise está causando unha importante perda de apoio para a formación de centrodereita Nova Democracia, agora mesmo no goberno.
Son xa 64 mortos
A última hora, os servizos de emerxencia informan xa dun total de 64 falecidos por causa do lume, ademis de ducias de feridos, entre eles até case un cento de bombeiros dos servizos de extinción. Ademais, milleiros de persoas tiveron que ser desaloxadas dos seus fogares. A illa de Eubeia ou a prefectura de Thesprotia son dúas das áreas máis afectadas este martes.
Α&p1;΄τα κοκκαλα βγαλμέυι των Ελλήνων τα Ιερά και σαν &p1;ρώτα ανδριωμένη. ΕΛΛΑΣ ΓΙΑ &P1;ΑΝΔΑ!!!
¿Pero entonces los incendios de Grecia no los han causado militantes rabiosos y enfurecidos del PP? ¡¡¡NO ME LO PUEDO "DE CREER"!!!
PD: Lo de buscar culpables es un subterfugio habitual de los políticos responsables de unas deficientes políticas de prevención y extinción, como hiciera el año pasado el ínclito Suárez Canal.
Mais, logo os lumes na Grecia non os causaron xenreiros e encabuxados militantes da esquerda nacionalista-ecoloxista? NO TE LO PUEDO NI CRER!
PD: O de buscar culpábeis é un subterfuxio habitual dos políticos responsábeis dunhas deficientes políticas de prevención e extinción, como fixera durante máis de 14 anos o faraón do Panteón do Gaiás, Fraga Iribarne.
Aqui também se pensou nas imobiliárias. Mas "pensar" nelas e que apareçam nos jornais não é casualidade. PAREM O NEGÓCIO DESSES ESQUILMADORES!! SE SABEM QUE SÃO ELES, PAREM-NOS!!
Ou serão todos cúmplices do assassínio meioambiental.
Já verás, gaivota, como razoarás quando o lume se leve o Mausoleu da Cultura.
Não Ninhada de Ratos, os da vossa "raza" favoreceram a propagação dos fogos e entorpeceram os trabalhos de extinção.
Como di o povo livre, FOGO NOS ESPANHOIS!
A unica conclusion posible: o lume, sexa na Grecia como Galiza, como ferramenta da actividade política e economica. Que alí sexa a dereita, a dereito queimou o Reichtag para poder encarcelar os comunistas, a dereita ianqui meteu un provocador nas manifestacions do 1º de maio de Chicago (o que deu orixe o día do 1º de maio) para poder disparar contra a manifestacion obreira e deter aos seus dirixentes, condeados a morte nuns xuizos "democráticos". A dereita tivo no prision sen probas aos irlandeses acusados de pór unha bomba nun pub inglés. A dereita asesenou a Julian Grimau sen probas. O 8 de marzo dia da muller traballadora, celebrase por que un empresario queimou a súa fábrica con 128 traballadoras dentro.
Os ianquis afundiron o seu barco de guerra en Cuba para provocar unha guerra contra España, e afundirou outro no golfo de Nankin, Vietnam, para para poder atacar o Vietnam.
Stalin uso a Kirov polo asesenato dun dirixente do partido comunista de Leningrado para acusar aos trotskistas de terroristas e de querer envenenar o pobo ruso.
O poder sempre utiliza calquera ferramenta para atemorizar o pobo, que no caso grego se lle fora a mán (porqué agora dende o goberno falan de "unidade contra o lume"?), porque non. Non sería a primeira vez, nin, desgraciadamente, sería a segunda nin a terceira.
Moitos casos na historia.
E volvendo a Galiza, a dereita grega ve obxectivos políticos na vaga de lumes, E AQUI NON OS VIU, non só a dereita, senon o mesmo bipartito. Unha vaga como a que aqui aconteceu non é casualidade, nin obra de catro tolos -tolos, si, pero queimaban cunha loxica militar, perto dos aeroportos onde despegaban os avions, das estradas polas que tiñan que pasar os bombeiros e das casas dos dirixentes políticos, e alcaldes quintacolumnistas que negaban apoio e efectivos-. Dicer isto é salvarlle a cara os verdadeiros responsabéis e que a proxima vez co necesiten o faran de novo, pois sintense fortes.
O lume como arma -que é un arma que mata- é a política con outras maneiras.
As teses do goberno do PPdeGrecia son as mesmas que as de Fraga: os verdes, os-do-non, "noso señor santiago que nos abandonou"...
Mais todo o mundo sabe (incluso os neoliberais de Greenpeace) que o lume o prende (aquí e alí) unha manda de tarados mercenarios (os famosos deficientes mentais da dereita) para o beneficio dunha corda de usureiros, prestamistas, empresarios e/ou caciques. A todo isto contribúen os políticos e a organización/administración do Estado terrorista que beneficia o abandono do monte (e do país), a terra queimada na política de infraestruturas... en fin ao capital merdento.
Iso é todo amigos!
E cómo é que neste ano non arderon os nosos montes?
Non os queimou ningunha das múltiples frontes incendiarias?
As técnicas incendiarias están obsoletas para veráns frescos (apenas un día de chuva mainiña de cada quincena) como o actual e por eso non arderon?
Non había masa para o lume?
A vixianza (€xército e voluntariado a máis dos florestais) foi absoluta e controlou e coidou do noso monte?
Quedaron as diversas frontes incendiarias apaioladas tras da desfeita do verán pasado e as ameazas institucionais?
O monte xa non arde só cos piñeiro$ e €ucalipto$ apenas regados?
Xa agora non hai piñeiro$ e €ucalipto$ nos nosos montes??
Cómo e qué ocorreu que non houbera lumes?