Vintecatro meses despois do paso do furacán, Nova Orleáns -agás nas súas áreas turísticas- está en ruínas, e a poboación negra -a máis pobre- permanece nas rúas ou en autocaravanas tóxicas.
Bush en Nova Orleáns, esta semana
No ano 2005, o paso do furacán Katrina, cualificado como un dos desastres naturais máis mortíferos da historia dos Estados Unidos, ocasionou preto de 1.600 mortos e a destrución de numerosas vivendas. Dous anos despois da catástrofe, case toda a zona segue en ruínas.
Con ventos de máis de 250 quilómetros por hora, o Katrina afectou a zona centro e sur do país norteamericano e alagou case por completo a cidade de Nova Orleáns, no estado de Louisiana. Ademais causou graves desfeitas nos estados de Florida e de Mississippi.
Daquelas, o presidente estadounidense, George Bush, declarara Lousiana e Mississippi como zonas catastróficas, mais a axuda chegou tarde e foi mal distribuída. A comunidade negra denunciou a súa discriminación e o Consello Nacional da Raza (NCLR) afirmou que os latinos damnificados foran marxinados polo goberno.
Máis de 42.000 persoas, en autocaravanas
Actualmente, só a metade dos residentes orixinais puideron regresar aos seus fogares, xa que agás os lugares turísticos, o resto segue en ruínas. Segundo cifras oficiais, máis de 42.000 persoas viven en autocaravanas cedidas polo Estado, namentres que o centro de Nova Orleáns, por onde pasean os turistas, se conserva mesmo mellor que antes da tormenta.
Porén estas casas rodantes, segundo declarou un experto perante o Congreso dos EUA, son tóxicas pois conteñen altos niveis dun gas tóxico, o formaldehído, que ten propiedades canceríxenas e provoca irritación ocular. O nivel de contaminación nestas estruturas é 75 veces maior dos admitido. Ademais, os intentos de suicidio nos parques de autocaravanas son 79 veces máis altos ca media nacional e hai sete veces máis casos de depresión.
Segundo un estudo gobernamental, o 14% dos habitantes de Nova Orleáns e da Costa do Golfo afectada polo Katrina ten síntomas severos de enfermedades mentais e o 21% moderados; o síndrome de estrés postraumático, que diminúe co tempo, neste caso incrementouse: un 21% da poboación súfreo, fronte ao 16% de 2006.
Visita de George Bush
Por outra banda, actualmente só funcionan tres dos sete centros hospitalarios, e o Charity, que atendía á poboación máis empobrecida, está pechado. Ademais, das 128 escolas que existían, o 70% foron privatizadas.
Neste escenario, a visita do presidente Bush a unha escola de Nova Orleáns esta cuarta feira para conmemorar os dous anos da catástrofe, coincide cunha súa petición ao Congreso de 50.000 millóns de dólares para financiar a guerra en Iraq.
Pobres negritos...¡y qué malo Bush! Oyoyoyoy...¿Y esta noticia quién la difunde? ¿Aló Presidente?
El último párrafo es un claro ejemplo de MANIPULACIÓN periodística. Y de una demagogia...
Unha vez máis o capitalismo amosa a súa verdadeira cara. Cal é a definición de "dictador", "democracia", "asasino", "liberdade", e unha longa lista de palabras que de tanto ser usadas perderon o seu significado primixenio?
A dereita liberal do mundo ten aos USA nun pedestal, namentres que sataniza a Castro, Chavez, Morales por facer políticas sociais e pecharlle as portas ao poder das multinacionais.
Cuba, Venezuela e Bolivia non son exemplos perfectos de sistemas sociais. Mais se me tocase nacer pobre, vive Dios que preferiría que fose nalgún destes países ca nos Estados Unidos.
¡E dalle có "desastre natural"!
Non foi ningún desastre natural, foi unha clara neglixencia do coidado e mantemento dos diques de protección da cidade que está, gran parte dela, baixo o nivel do río missisipi. Este escenario catastrófico era un dos tres que manexaban as axencias gubernamentais como máis probables, penso que, para a década.
Malia todo o Sr. Presidente decidiu que o diñeiro que estaba previsto para as obras de afianzamento dos diques e do complexo sistema de presas da parte baixa do Missisipi estaba mellor empregado na guerra de Irak. Chegou este furacán e cando as augas baixaron río abaixo alá foron os diques e asulagouse a cidade. Sería este ou sería outro, pero non era ese o problema.
E non contentos con isto, despois da catástrofe os acólitos do presidente ¡ata debaten se vale a pena manter a Nova Orleans como cidade nese sitio! Habería que perguntarlle os holandeses se non consideran mudarse de territorio.
ah, que sexan "negritos" é detalle importante para vostede? Xa coñecemos outro matiz sobre a gaviota
Non sei que será peor, ser "aznareiro" ou ser "Busheiro".
Para algúns falar da crúa realidade de abandono é manipulación da noticia.