Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Quintana considera que as tensións son "lóxicas"

Touriño garante a 'unidade' do bipartito até o remate da lexislatura

Logo de que trascendesen as tensións internas, o presidente do PPdeG pide que compareza no Parlamento para que explique a situación.

Redacción - 14:36 03/09/2007
Touriño e Quintana falando no Parlamento

Touriño e Quintana falando no Parlamento

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asegurou este luns que a coalición PSdeG-BNG no Goberno está garantida até 2009. O máximo mandatario galego volveu a apostar pola “lealdade” entre as dúas formacións e pediu que a loita partidaria que se abre de cara ás próximas eleccións estatais non afecte ao acordo de Goberno.

Os xornalistas preguntáronlle polo último Consello da Xunta. Tal e como adiantou Vieiros, a reunión do pasado xoves foi especialmente tensa. De feito, tan só se aprobaron as iniciativas presentadas polos socialistas. Mais Touriño quixo restarlle importancia ao sucedido e cualificou a reunión como de “inicio de curso”.

Porén, Touriño non se posicionou sobre un dos temas máis espiñentos das últimas semanas: A esacasa cobertura que fai a TVG dos actos de Vicepresidencia. O presidente asegura que hai que “respectar a plena autonomía” do ente público.

Quintana tamén pide “lealdade”
O vicepresidente, Anxo Quintana, tamén lle esixiu este luns “lealdade e madurez” aos socios do Goberno. A diferenza de Touriño, Quintana recoñeceu a existencia de tensións  que considerou “lóxicas” tendo en conta que se van abrir negociacións para os orzamentos do ano que vén. De todos os xeitos, o nacionalista está convencido de que o bipartito xa demostrou a súa eficiencia nestes dous anos de goberno conxunto.

O PPdeG aproveita para petar

Mentres que Touriño asegura que o Goberno goza de estabilidade abondo, o presidente do populares, Alberto Núñez Feijoo, anunciou este luns que vai pedir a comparecencia do presidente no Parlamento. Feijoo quere que Touriño explique a situación que se vive no bipartito, que el xa considera de "caos e deterioro".


5/5 (3 votos)

Comentarios (7)

eugalego #1 3/Setembro/2007 eugalego

O BNG têm que facer umha demostraçom de forza.

Se tam bem ve as cousas Torito, que trate de gobernar co que som exclusivamente os seus votos, na Xunta e nas cidades. A ver que fai com 25, se lhe dam as contas sobre 75.

Porcos espanholistas.

Gaviotero #2 3/Setembro/2007 Gaviotero

El problema de unos y otros, socialistas y nacionalistas, es que por sí solos no son nada. Se necesitan los unos a los otros para estar ahí, en el poder, con los sueldos, el chófer y la secretaria.

Que al fin y al cabo, es de lo que se trata.

Difícilmente se puede hacer una demostración de fuerza cuando eres el tercer partido del Parlamento y tienes un apoyo electoral tan reducido.

teixugo #3 3/Setembro/2007 teixugo

Ninhada de Ratos!!

Jatopardo #4 4/Setembro/2007 Jatopardo

¿Como pode garantir Touriño unha cousa que non depende só del?

breixoak #5 4/Setembro/2007 breixoak

Pois é moi fácil Jatopardo. Se o garante será que sabe que ten boa parte da culpa do que pasa

Jatopardo #6 4/Setembro/2007 Jatopardo

Cómo non vai ser Touriño responsable do que pasa en Galicia se é o Presidente da Xunta!!! claro que si.

O que digo eu é que me parece moi pouco considerado por parte de Touriño que afirme que, "garante a unidade do bipartito". ¿Acaso non conta con Quintana?

Iso é como si digo eu que "garanto a unidade do meu matrimonio". ¿E miña muller non ten nada que dicir? porque ao mellor, ela non está tan dacordo.

Touriño o que debería facer é darlle menos ao piteiro, e preocuparse un pouco máis de non estragar Galicia con plans acuícolas, parques eólicos, macrourbanizacións, canteiras e demais. ¿Ou da por feito que o BNG o seguirá apoiando cegamente en todos estes temas?

eugalego #7 4/Setembro/2007 eugalego

Touriño, fóra da Galiza.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: