O deputado nacionalista Bieito Lobeira, que presentou esta iniciativa, afirma que "non é moi normal que Galiza non teña capacidade de decidir sobre augas interiores".
O Ministerio de Defensa respondeu que xa desafectou a Illa do seu carácter militar. Xa que logo, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar reclama agora a súa titularidade para a Xunta, "por razóns de utilidade pública e interese social".
O uso público e a preservación do medio ambiente da Illa centran os esforzos que se realizarán para "devolvérllela aos cidadáns". Como nos indica Bieito Lobeira, a situación da illa é bastante estraña: Tambo, no medio da Ría de Pontevedra, leva servindo dende 1943 como arsenal do Exército español.
"Co franquismo, a Armada española anexouna á Escola militar de Marín, cando a illa sempre tivo uso para o gando ou o aproveitamento agrario por parte de habitantes de Combarro. Na práctica nunca desempeñou un papel estratéxico militar, e mesmo nos últimos tempos evidenciouse de forma escandalosa que o seu verdadeiro uso é o de praia particular das familias dos militares".
Inclusión no Parque das Illas Atlánticas
No 2002 foi declarada de non interese militar, e abriuse o proceso de desafectación. Mesmo se pensa na posíbel inclusión no Parque Nacional das Illas Atlánticas, malia ao forte desgaste padecido por mor do uso militar e a proximidade do complexo industrial Ence - Elnosa. Así a todo, os fondos mariños precisan de protección.
Sobre a necesidade de competencias sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas, Lobeira engadiu "non é moi normal que Galiza non teña capacidade de decidir sobre augas interiores. Habería que evitar as duplicidades, polas que a Consellaría de Pesca xestiona a explotación dos fondos, pero o Ministerio de Medio Ambiente e o Servizo Marítimo da Garda Civil (polo tanto, o Ministerio do Interior) deciden sobre cadansúa área. Trátase de simplificar, non burocratizar, guiármonos polo sentido común. Temos dereito a decidir sobre as illas".
Situada fronte á vila de Marín, Tambo pertence, porén, ao concello de Poio, mide 28 hectáreas e ten unha altitude de 80 metros. Un faro, tres pequenos embarcadoiros e dúas praias, ademais dalgunha pequena vivenda resisten aínda na Illa. No medievo edificouse o mosteiro bieito de Santa María de Gracia, do que só se conservan a igrexa de San Miguel e a fonte, logo dos ataques do pirata Sir Francis Drake. Tamén existe un sepulcro antropomorfo desta época. Pódese atopar máis información sobre a Illa na Galipedia ou mirando este documental, con guión e dirección de Julio Rodríguez, produción de J.C. Pérez.
Outro bo passo de Quintana, um gra home que tanto bem esta a facer pola Galiza.
Noraboa, Quin.
Relacionada:
"O Colectivo Xogo Descuberto organiza o sábado 8 de setembro ás 18:00 a I Reconquista da illa de Toralla, coa que pretende reinvidinca-lo uso da illa por parte de tod@s e manifestar a súa repulsa ás construccións feitas nela, en especial á torre. Será un acto pacífico que arrincará dende o principio da ponte, no que levarán música e irán con vestimenta pirata para facelo máis visible.
Estades convidad@s!"
Coño, eugalego, cómo se te nota que eres un afiliado del BNG y estás ya en campaña...aunque resultas algo empalagoso.
Por cierto, puestos a pedir, ¡que pidan las Canarias o las Baleares!
Que boa idea o da Illa de Toralla. Se cadra aínda non se deron conta do atentado que supón a torre esa formato desenvolvemento landista dos anos 60.
Gaviotero, equivócaste unha vez máis, para anexionarnos Canarias os malvados nacionalistas estamos a empregar a estratexia da colonización, mandando para alá centos e centos de traballadores.
Gaviotero siempre imaginó una vida diferente, libre, sin problemas, uno más entre la gente. Pero con el tiempo, todo le salió al revés, y ahora es uno de tantos problemas a fin de mes.
Inacreditavel:
"A partir de hoje, os jardins-escolas galegos dão as aulas só em galego. Também se vai ensinar um "hino galego" de um nacionalismo extremo. Composto por um poeta do séc. XIX, o hino galego, enxotando os castelhanos, canta: "Sós os imbecis e obscuros/ não nos entendem." Picardias nacionalistas, que quase todos os povos têm, e que não trazem grande mal ao mundo. Ou trazem mas não é isso que aqui me traz, mas outro mal, esse, evidente. Esta deriva galega integra-se no menosprezo de uma das grandes línguas mundiais, o espanhol, que já deixou de ser ensinada como devia na Catalunha e no País Basco, e, agora, deixará também na Galiza. Vão perder os miúdos galegos, como já perdem os bascos e catalães. Tal como os miúdos cabo-verdianos perdem por não aprender o português, mas o crioulo. Não falo, claro, na nobreza das línguas (todas são nobres). Falo da I Divisão Mundial das Línguas, onde estão o português e o espanhol. E não estão as outras nobres línguas aqui referidas.".
Que teñen que ver os allos coas cebolas e a Vicepresidencia de Benestar e Igualdade con reclamar unha illa? Temos un Goberno que é coma o exército de Pancho Villa. Que república máis bananera...
Algúns do bloque semella que queren face-la anticampaña: Lobeira, Quintana... eugalego. Seguide así de plurais e tan preocupados polas esquerdas que o bloque vai ser Un, non tan grande e libre de responsabilidades.
Incluso en medio ambiente andan finos, porque con Tambo calquera se atreve e ademais ten poucos valores comparado coas Sisargas, que esas si debían ser adquiridas e deixarse de cortinas de fume.
Quintana debe aguantar no seu sitio, que aí non o fai mal e deixar de moverse ao asalto da presidencia, que aí si o fai mal de todo.
Saúdos
PD: Non estou de campaña e sinceiramente non pido o voto para ninguén. Hai que votar ao menos malo.
Emigrado, a Vicepresidencia comprende entre outras direccións xerais, a de relacións institucionais, que ten entre outras tarefas negociar os traspasos de competencias, e demais caralladas co goberno central... polo tanto é lóxico que reclamen esto....
Perdona eugalego pero els nens catalans parlent fàcilment dos idiomes i tenen una ment mès predisposta a apendre. Tens que viure a catalunya per parlar amb coneixement de causa. Jo ara entenc perqué el idioma galleg està predisposat a morir. Molt poca gent, per no dir ningú, me parlar amb galleg per donar-me la oportunitat de apendre alguna cosa mès a la meva vida i fer així que les neurones no degenerin tant depresa.
Pel que fa a la Illa de Toralla ja me la imagino oberta a tothom i plena de gent fent el dinar com a Samil. Això fa molt temps que està regulat a altres paisos, entre ells Catalunya.
De totes maneres eu xa falo galego e quero a esta terra
Amb una petita reforma la Illa de Toralla pot ser el millor atractiu de Galiza. Mireu la web http://www.dubait.com/