Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Tag: bieito-lobeira

13/Xuño/2008 /

"Os dereitos lingüísticos dun galego desaparecen ao entrar nun cine"

Bieito Lobeira e Marisol López debateron no Parlamento a conta da presenza da lingua galega nos filmes proxectados nas salas comerciais.


11/Xuño/2008 /

Sector pesqueiro en crise: máis aló da suba do gasóleo

Os tres grupos parlamentarios coinciden en que o sector afronta moitos máis desafíos que os derivados dos combustíbeis, pero diverxen sobre o xeito de enfrontalos.


23/Abril/2008 /

"Exercer as competencias" sobre os portos despois de anos de "falta de rigor"

O PSOE criticou os "pecados por purgar" do PP en materia de portos. O BNG denunciou que se financiasen "negocios privados con investimentos públicos".


25/Xaneiro/2008 /

Portos de Galicia en tempo de Feijoo: a "máquina de favores"

A voceira de Ordenación Territorial do grupo parlamentario do BNG, Carme da Silva, e o deputado Bieito Lobeira, expuxeron as queixas sobre a xestión que deste organismo fixo o anterior goberno.


26/Outubro/2007 /

Nin un patacón máis para os xornais que "nin respectan nin fomentan o galego"

O BNG pide no Parlamento que non se subvencione a estes periódicos. Fernando Salgado recoñece non estar "satisfeito cos resultados obtidos de presenza do galego nos medios".


23/Outubro/2007 /

A CRTVG recoñece a mala "calidade lingüística" dos seus profesionais

En resposta a unha pregunta do BNG no Parlamento, o ente público galego asegura estar adoptando medidas ao respecto. Os nacionalistas apostan por unha nova Lei da compañía que normalizace o uso do galego.


17/Setembro/2007 /

A directora xeral de Interior xustifica a carga policial contra os mariscadores de Ferrol

Nunha resposta a unha pregunta de Bieito Lobeira, Isabel Durántez considerou a acción como "a última opción nunha situación de conflito".


17/Setembro/2007 /

Máis de cen buques radioactivos pasan por diante das costas galegas cada ano

Nos últimos cinco anos, 585 barcos transitaron con produtos radioactivos polo DST de Fisterra, 34, no que vai de 2007.


4/Setembro/2007 /

Vicepresidencia solicitará o traspaso da Illa de Tambo á Xunta

O deputado nacionalista Bieito Lobeira, que presentou esta iniciativa, afirma que "non é moi normal que Galiza non teña capacidade de decidir sobre augas interiores".


31/Xullo/2007 /

Lobeira destaca o traballo para corrixir "unha herdanza envelenada"

Pediulles o deputado nacionalista aos responsábeis do PPdeG que "dean as contas que non deron durante todo o proceso" ao respecto do proxecto.


25/Abril/2007 /

O Parlamento esíxelle a Madrid que garanta o voto dos mariñeiros embarcados

Bieito Lobeira solicitou que se recoñezan os dereitos civís do colectivo, como acontece noutros estados europeos.


2/Marzo/2007 /

O BNG pide medidas que garantan o uso do galego na Xustiza

O deputado do BNG Bieito Lobeira pediu que se tomen medidas para garantir a defensa dos dereitos lingüísticos na administración de Xustiza, como a implantación da materia de Galego nas facultades de Dereito do país. Lobeira considera que os maxistrados que descoñecen e mesmo desprezan o idioma non poden impartir Xustiza en Galiza.