Non foi dito por un adversario do organismo internacional senón, pola contra, o candidato máis forte a dirixilo logo da dimisión de Rodrigo Rato. Unha nova crónica de Débora Campos dende Bos Aires.
As verbas do francés mudaron o ánimo co que foi recibido na Arxentina. "O FMI tivo unha intervención catastrófica neste país, con consecuencias dramáticas sobre millóns de persoas", asegurou o candidato europeo para dirixir o Fondo Monetario Internacional (FMI), o francés Dominique Strauss-Kahn. As declaracións, evidentes en millóns de fogares arxentinos, foron recibidas con conformidade.
"O Fondo Monetario é unha vella institución que foi creada fai 60 anos e desde ese momento o mundo cambiou", dixo Strauss-Khan nunha entrevista concedida ao programa "A dos voces", o ciclo político máis visto na televisión. O ex ministro francés recoñeceu que "nun país como Arxentina o FMI, para moitas persoas, é o diaño, e ten boas razóns para que a opinión sexa así".
"Nun país como Arxentina a intervención foi catastrófica, con consecuencias dramáticas sobre millóns de persoas e iso é o que hai cambiar", sostivo o candidato que impulsa a Unión Europea para substituír a Rodrigo Rato á fronte do FMI.
Na procura de apoios
Strauss-Khan chegou ao país austral o domingo, nunha xira en busca de apoio á súa candidatura. O luns tivo unha reunión co presidente Néstor Kirchner; o ministro de Economía, Miguel Peirano e o titular do Banco Central, Martín Redrado. Nestes encontros, o francés recoñeceu que o esquema de intervención do FMI durante as crises "foi o mesmo para todo o mundo e iso non funcionou. Para Strauss-Khan o organismo debe agora ter en conta "a cultura, a historia, a situación política" de cada nación.
No que respecta á mellora da economía do país americano, Strauss-Khan dixo que a Arxentina "está mellor que hai algúns anos. Fixéronse esforzos importantes en canto ás exportacións, especialmente de produtos agrícolas. Tamén houbo unha política de aumento de reservas do Banco Central".
Kirchner capitaliza
O presidente Néstor Kirchner aproveitou as declaracións do francés, xa que confirmaron os seus propios ditos. "Hoxe os propios integrantes que queren conducir o Fondo véñennos a dicir que esa condución do FMI foi como o propio «Diaño» para Arxentina", sinalou.
O primeiro mandatario advertiu, con todo, que esa situación vivida coas anteriores autoridades do FMI "non nos impide recibir hoxe a quen queren conducir o Fondo e dicirlles que é o que ao noso xuízo ten que cambiar esa entidade"."Eles (por Strauss-Khan) recoñeceron os seus erros e gabaron que teñamos a coraxe de cancelar a débeda co FMI, pagámoslle e dixémoslles ata logo, porque os arxentinos queremos vivir, queremos pensar e queremos conducir", subliñou Kirchner.
O Presidente lembrou: "Logramos renegociar a débeda externa privada e aforrar 70 mil millóns de dólares aos arxentinos, dixémoslle adeus como corresponde ao FMI, pagándolles. Os arxentinos queremos conducir a nosa economía e as nosas decisións".
Lástima que a crise do capitalismo na Arxentina, en boa medida por falta de dirección, estratexia e partido, non foran quén de virar, cas xentes nas rúas, as condicións de producción.
Qué grande oportunidade histórica lles foi ó tacho
Ónde as directrices neoliberais do FMI para os países subdesenvolvidos, foron ben para aqueles? En ningures. Sempre ben para o imperialismo.
“Teñamos a coraxe de cancelar a débeda co FMI, pagámoslle e dixémoslles ata logo, porque os arxentinos queremos vivir, queremos pensar e queremos conducir", subliñou Kirchner”.
Como no, el ilustre presidente Argentino muy bravuconamente habla de pagar las deudas del pueblo Argentino con las que se enriquecieron los gobiernos corruptos y militaristas de ayer y civiles de hoy. Los que asolaron a uno de los países más ricos del mundo. Por desgracia Argentina sigue igual hoy en día, bajo la figura del continuismo en el poder, persecución de la oposición, juicios políticos y el alineamiento con “lideres tercermundistas” que fueron tan golpistas, asesinos y militaristas como los dictadores que gobernaron a Argentina y que Kirchner tanto critico.
Lo que Kirchner no dice es que parte de las deudas que ha pagado es gracias al obsceno financiamiento que el gobierno Venezolano le da en forma de bonos Venezolano-Argentinos, donde un golpista como Chávez trata de ganar apoyo internacional a fuerza de préstamos y regalos a cuenta del patrimonio de los Venezolanos.
Esto sin dejar señalar, que estas son las ayudas “legales”. Por otras vías también fluye dinero de dudosa procedencia, como el caso del famoso maletín con casi 800.000,oo Dólares que en un avión privado donde altos ejecutivos de las petroleras Argentinas y Venezolanas trato de ser introducido a la Argentina por el Sr. Guido Alejandro Antonini Wilson (individuo relacionado con altos jerarcas del Chavismo). Eso sí, la justicia y el gobierno Argentino se escandalizaron con el suceso, se rasgaron las vestiduras, pero le dieron tiempo suficiente al señor Wilson para que escapara impunemente dejando las maleta como si nada. El problema es que este no es el único viaje del señor Wilson a la Argentina en lo que va de año. ¿Cuántos maletines de estos trajo en sus otros viajes? ¿A quién estaban dirigidos los mismos? ¿Quién facilito los Dólares en efectivo en Venezuela cuando solo el gobierno tiene la posibilidad de manejar esta cantidad de divisas atreves de CADIVI? ¿A quién y a qué fines estaba destinado este dinero?
¡Claro señor Kirchner!, así cualquiera paga. Lo único que espero, es que ese dinero que usted recibe y que es propiedad de todos los venezolanos y del cual Chávez dispone sin ningún tipo de control, se destine a los pobres y excluidos de Argentina. Por lo menos de esa forma pudiese malamente justificarse las miserias y las penurias que padecemos todos los venezolanos a pesar de nadar en la mayor bonanza de recursos en toda la historia del país.
Eu cada vez estou máis pola teoría da desconexión.
Estas institucións como o FMI e o BM o único que son é mecanismos para facilita-la expansión do modelo capitalista máis retrógrado polo mundo adiante. Cóllese un candidato axeitado para presidente, apoiase a súa candidatura, unha vez electo negóciase con él créditos para levar adiante ós seus proxectos a cambio de sair nas fotos cos mandamases e achanta-lo camiño á instalación desta e aquela multinacional, a sociedade paga a débeda e cando non hai con que pagar vaise a bancarrota e os fillos desa sociedade pagan á débeda.
E cando un pais consigue desvencellarse desta liña, entón ven un novo tenor a cantarlles milongas do mal que o fixeron dende o FMI.
O curioso e que non é que ninguén o faga segundo un plan establecido senón que sempre existe alguén que cumpre o seu papel dentro do plan.
O patrimonio de Venezuela só agora está nas mans venezolanas, que ata hai ben pouco, era ianque e dsos vividores de Miami, onde se reconcentra e protexe a contra americana.
Deixe vostede de levar cada tema hacia o seu odio visceral a Chávez, porque tódolos datos, estatísticas, e novas que lle son achacables a aquél, só van a favor do que vostede insulta e describe con tanta negrura nos ollos.
Cantidade de eidos e situacións, sin ser unha cousa inconmensurable, indican informativamente que Venezuela vai por moito millor camiño que o que nunca tivera.
A nostalxia tamén se cura!
Agora temos a nível occidental unha boa posibilidade de arrimarnos de verdade á situación que vivíu Arxentina, pois a crise que se iniciou aquí semella mundial, estructural e de moi fundo calado, que polo intre só comenzou o seu terrible movimento.
Non hai agoreirismo senón a precaución que impón unha realidade silenciada e mascarada como toda a vida foi, e que semella votouse a andar.
Mais todo ten solución si sabemos as causas, somos conscentes delas e sabemos virar a onde a vida económica é máis calma e apacible. Xa ven de vello: socialismo ou barbarie!
Los argentinos son catastróficos...
Pero que boludo sos Jorgito tripudo. No te conocí hasta ahora pibe.