Compostela acolle a última semana deste mes o 'I Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia'.
Importantes expertos ambientais xuntaranse a finais de mes en Compostela
Destacados expertos en educación ambiental daranse cita do 24 ao 29 de setembro na Facultade de Filoloxía de Compostela no 'I Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia', organizado polo CEIDA, a UDC e a USC.
O encontro, aberta a calquera interesado no tema, pretende analizar as principais ameazas ambientais existentes e estabelecer cal son as áreas onde cómpre traballar dende a Educación Ambiental, como ferramenta básica para tratar de solucionar ou paliar estes problemas.
Ademais, o congreso quere servir como punto de encontro das diversas experiencias en Educación Ambiental existentes nos países cunha mesma identidade lingüística e cultural, compartir coñecementos, aprender novos métodos de traballo e trazar liñas de cooperación.
Con este fin, debaterase sobre a contribución da educación na construción de valores, bases culturais e bases políticas na promoción de sociedades sustentábeis.
Importante presenza asociativa e institucional
Está prevista a participación de distintas autoridades ambientais e educativas, membros do mundo da cultura e das artes, científicos, líderes sociais e membros de movementos asociativos de Galiza, Angola, Cabo Verde, Guiné-Bissau, Moçambique, São Tomé e Príncipe, Timor-Leste, Brasil e Portugal.
Cómpre salientar a presenza de Marina Silva (ministra do Meio Ambiente do Brasil), de Madalena Neves (ministra do Meio Ambiente en Cabo Verde), de Luciano de Castro (ministro de Coordenação da Acção Ambiental de Moçambique) ou de Soares Sambú (ministro de Recursos Naturais e Ambiente Guiné-Bissau), entre outros profesionais.
Os eixos temáticos serán os principais desafíos ambientais, identificados no cambio climático xa que, ademais de ser o problema ambiental global máis relevante, afectará significativamente aos países lusófonos, todos eles con moitos quilómetros de litoral.
¡Dios, cuánta gente importante!...en su casa a la hora de comer...
Parabéns pola iniciativa. Ese é realmente un tema que me preocupa.
Ademais reúnense na miña facultade XD
Xa vos contarei...
Argh! Levo media hora tratando de cargar a páxina e non vai... ¬¬ É problema meu só?
hahahaha!!!!!
Os países lusófonos "E GALICIA"...
Foda-se! Já não sabem como fazer para continuar a mascarada.
GALIZA LUSÓFONA JÁ!!!
A mim me encataria ver a Galiza no espaço da lusófonia, Portugal e Galiza são irmãs, têm a mesma língua de origem.
Para quando está a aprovação dos estatutos que elevam a Galiza a nação?
Cumprimentos
Castor. Galiza non será nación polo momento. Poñerannos calquer nome para evitar o termo xurídico de "nación": comunidade autónoma, nacionalidade histórica, realidade nacional, territorio con identidade nacional de seu... asteroide. É igual. Zapatero, cando fora do estatuto de Catalunya, tiña ata 8 nomes para evitar o termo nación.
Os do Bloque Nacionalista Galego procuran un estado español plurinacional en contra da vontade dos propios partidos españois constitucionalistas e é absurdo sen un cambio constitucional. Ademais é ridículo. As nacións son estados independentes. Os estados plurinacionais xuridicamente non existen.
E os independentistas non teñen representación parlamentaria... así que así nos vai.
"Educación ambiental lusófona"...es una de las tonterías progres más estúpidas que he oído en mi vida.
¿A esto se dedica la Universidad de Santiago? No me extraña entonces que gentuza como Antón Losada lleguen a Catedráticos en esa universidad...
Los siguientes serán los Tonechos, que en todo caso son mucho más dignos que cualquier miembro del gobierno gallego.
Aos que de verdade lles vai falla un pouco de educación ambiental é aos políticos galegos, que entre plans acuícolas, parques eólicos, autovías a tutiplé, canteiras e demáis, están a deixar Galicia feita un Cristo. A Touriño, a Quintana e a Feijoo a educación ambiental failles o mesmo efecto que á rapaza do Exorcista cando lle botaban auga bendita, saenlles ronchas en todo o corpo. Vaia tres.
Ten que estar ben interesante. Hai países de todo tipo. Tense que falar de todo. Eu estou por ir. Espero que non cobren XD
Isso: Por que "os países lusófonos e Galicia"? Por que não "os países francófonos e Galicia"? Será que a situação ambiental dos (outros) países lusófonos (Cabo Verde, por exemplo) tem muitísssssimo em comum com a Galiza? Muito mais do que Asturies ou Cantabria?
Parés-me ;-) a mim que não. Será que o que esses países têm em comum não são as "ameaças ambientais", mas a língua. E isso chama-se lusofonia, que se lhe vai fazer. De maneira que o título real do congresso é "...dos países lusófonos", ou "... da Galiza e DOS OUTROS países lusófonos". E o demais é jogar à cerimónia da confusão por não querer chamar as cousas polo seu nome.
-celso
Inglês macarrônico empregado aqui, e não só, pelo Gaviotero:
http://www.lavozdegalicia.es/g...
"Is guud yes Ispeing"
Pelo que possas dizer: Ta geule!!!
Creo que á noticia da situación ambiental en Galicia merece ser tratada por si mesma, e non derivar continuamente o enfoque cara a un discurso sobre a lingua.
A discriminación da lingua galega merece un lugar destacado nos diarios, pero a situación do medio natural galego tamén, dame bastante pena cando entro nestes foros e vexo artidos de denuncias medio ambientais ou notas de Adega e non hai nin un só comentario. ¿A ninguén lle interesa este tema?
Ten boa pinta, mágoa do nome do Congreso.
Jatopardo, canta razón tes (mais tamén a ten Celso).
Moi boa nova.
Quem representa a Galiza? Se vai alguem do PSOE hai que boicotea-la.
Eu quero que Galiza entre na lusofonía. De todas formas, penso que o primeiro espazo que hai que ocupar, o preferente, é Celtia, cos nossos irmaos:
-Èire. Irlanda.
-Alba. Escócia.
-Cymru. Gales.
-Breizh. Bretanha.
-Mannim. Ilha de Man
-Kernow. Cornualha.
As nossas raices, a nossa história, os nossos irmaos. Os romanos tampouco puiderom com nós, que o diga Carlos Nunhez.
Viva Galiza, ceive e socialista.