Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Tag: lusofonia

1/Xuño/2008 /

Amnistía Internacional denuncia "excesos" contra os Dereitos Humanos nos países lusófonos

Segundo un seu informe, Angola, Guinea-Bissau, Mozambique, Timor Leste, Brasil e Portugal continúan a ser albo de denuncias de violacións dos Dereitos Humanos.


9/Maio/2008 /

Os Jogos da Lusofonia cada vez máis perto

Hai posibilidades de que o noso país participe na súa segunda edición, pero queda por ver en que categoría. Todo isto se o Comité Olímpico Español dá o seu visto e prace.


17/Xaneiro/2008 /

Galiza melloraría a política externa cunha maior presenza nas embaixadas lusófonas

Vía Galego asegura que fomentar a presenza galega nesas delegacións melloraría tamén as relacións internacionais do estado Español.


17/Decembro/2007 /

O océano que nos une

Máis de 700 persoas gozaron o sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra do espectáculo de Cantos


14/Decembro/2007 /

Debate sobre o futuro de Galiza nas industrias culturais da lusofonía

Axentes culturais brasileiros, portugueses e galegos analizaran na Casa das Campás as posibilidades de difundir a música galega nun mercado de 300 millóns de consumidores.


12/Decembro/2007 /

Cantos na Maré ábrese cunha mostra de documentais sobre a música da Lusofonía

Ademais, o xoves e o venres os artistas manterán encontros con estudantes de primaria e secundaria e máis con universitarios


10/Decembro/2007 /

Cantos na Maré amplía obxectivos

Antes do concerto do sábado 15, haberá mostras de documentais, debates e encontros de músicos e autores


21/Outubro/2007 /

Primeiros chanzos andados na incorporación do galego á lusofonía

Avalados por dous académicos a semana pasada presentaban o seu proxecto na Facultade de Filoloxía de Compostela. Vieiros con Ângelo Cristóvão e Martinho Montero.


8/Outubro/2007 /

Ministros sudamericanos reúnense pola creación do Banco do Sur

A vindeira semana podería estar creada esta entidade, proposta por Venezuela e Arxentina a comezos deste ano. A entidade nace para autofinanciar os proxectos dos países sudamericanos.


8/Outubro/2007 /

Pola creación da Academia Galega da Língua Portuguesa

Co apoio da Associação de Amizade Galiza-Portugal, a comisión que promove a creación dunha academia da lingua portuguesa en Galiza organiza unha serie de conferencias sobre o devir da lusofonía.


9/Setembro/2007 /

Galiza será en setembro capital da educación ambiental lusófona

Compostela acolle a última semana deste mes o 'I Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia'.


26/Xullo/2007 /

"Os galegos somos negros"

Así o expuxo Manolo Maseda, tirando dunha frase de Antón Reixa, na presentación das xornadas "Galeguía" organizadas pola Fundación Vía Galego, dedicadas este ano a Cabo Verde.


Uxía en Sintra
27/Xullo/2007 /

Escoita o máis novo de Uxía

O venres 20 de xullo tivo lugar en Sintra a mestizaxe entre os ritmos da lusofonía e o estilo intimista de Uxía. O estudio de Vale de Lobos acolleu unha audición de presentación do disco que a cantora editará no próximo outono. Aquí podemos escoitar un pequeno adianto: Eterno navegar.


Uxía
19/Xullo/2007 /

Uxía funde os sons da lusofonía nun novo traballo

Este venres 20 de xullo, ás 12.00, o Estudio Vale de Lobos en Sintra (Portugal) acolle a presentación do novo disco da cantante. Aquí podemos vela nunha actuación con artistas da lusofonía: João Afonso e Júlio Pereira.


Carlos Callón e Néstor Rego asinan o convenio
19/Xullo/2007 /

A Fundación Vía Galego achegará Galiza a Cabo Verde

É o segundo ano que Carlos Callón, como presidente da Fundación, e Néstor Rego, concelleiro de Cultura en Compostela, asinan un convenio co fin de darlle pulo ao achegamento e o diálogo entre os países do sistema lingüístico galego - portugués.


11/Xullo/2007 /

"Hai o risco de que o portugués teña fraca presenza nos institutos galegos"

Samuel Rego está deica o venres coordinando o curso de verán da AGAL. Falamos con el do que opina da relación lingúística, social e política con Portugal.


6/Xuño/2007 /

"Sería bo que a presenza de Galiza se faga notar no mundo lusófono"

O director do Instituto Cervantes, César Antonio Molina sinalou que Galiza está nunha "situación privilexiada" para ser canteira de mestres e formadores de castelán e de linguas lusófonas.