Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Protesta polo accidente laboral

Os sindicatos convocan un paro o luns nas obras do AVE en Ourense

UGT, CC OO e CIG decidírono na tarde deste venres, unhas horas despois do accidente que lle custou a vida a un operario e da que catro saíron feridos.

Redacción - 14:06 08/09/2007

Agardan "a resposta solidaria" das empresas ao non darlles tempo de facer unha convocatoria formal. Anunciaron, de feito, que, de non colaboraren as empresas, "tomarán outras medidas".

Os sindicatos criticaron as condicións laborais nas que traballan os operarios do AVE: xornadas de entre 12 e 14 horas diarias, cando a lexislación estabelece seis para xornadas en túneles, ás que se suman as do desprazamento para os que veñen dende Portugal, e outras irregularidades, como a asistencia sanitaria dos obreiros nos centros de saúde e non nas mutuas, para agochar os accidentes laborais.

Investigación aberta


Por outra parte, sábese xa que foi un erro no sistema de retención do taboleiro que transportaba unha das plataformas de formigón no viaduto do AVE o que provocou o afundimento. A plataforma esvarou e tirou don dous dos piares. O Ministerio de Fomento, a Xunta, ADIF e a Unión de Empresas Temporais que leva as obras, de Fomento, Construcións e Contratas e máis Comsa, abriron investigacións para esclareceren por que se produciu este fallo.


5/5 (1 votos)

Comentarios (2)

ulo #1 10/Setembro/2007 ulo

Os acidentes da semana pasada demostraron o perigroso que é ir a traballar. Para frear ista pandémia - milleiros de mortos, feridos e incapacitados de por vida nas obras, no mar, nas refinarias, etc.- é necesario ir as causas, e falar claramente. Non son "acidentes", son a consecuéncia dun sistema que impón a procura do lucro empresarial por riba de todo.
Se para acadar a mellor conta de resultados a finais de ano, ha que incrementar os ritmos de producción e a xornada laboral dunha maneira brutal -si, brutal-, si para mellorar os benefícios dos accionistas ha que contratar xente sen especializazón e precária, para facer traballos especializados, se para que os capitalistas podan alardear dos seus coches "ultimo modelo", ha que aforrar tempo nas medidas de seguridade; se fai.
Pero como son "acidentes", ninguén é responsábel, só, como moito a neglixencia do traballador ou que non se fixo todo correcto. E para evitalo, ha unha lei de "prevención de riscos laborais", de 1995, que só fai recomendacións a patronal, e que ninguén cumpre, porque non “ha tempo que perder para rematar as obras ou o traballo” a facer, e máis, non teñen o menor interese en aplicala.
Deste xeito, tanto o goberno como a Xunta, lavanse a cara diante da sociedade, que, co apoio das direccions das centrais sindicais maioritarias, manteñen a política de negociacion e “dialogo social” que so redunda nunha maior precariedade, nunha conxelacion salarial que obriga a xornadas laborais parecidas as de fai cen anos, e non frean a subcontratación, prometida nunha recente lei sobre o tema.
As direccions das centrais sindicais seguen a lóxica do sistema, tentar arranxar un problema con parches legais, sen ir ao problema real. Mentres non fagan isto, limitaran-se o seu papel de “notários” da pandémia, facendo informes do número de mortos e accidentados, e pactando leis valieras de contido.
Só sendo radical, é dicer, indo a raíz do problema, podése pór solucións; proibindo a precariedade e a subcontratación, limitando a ligazón que se fai produtividade (=ritmos de produción) e salários, forzando as empresas a tomar todas medidas de seguridade, e chegando a expropiación das empresas reincidentes, sexan as subcontratas ou as matrices.
E isto só se impón cunha forte mobilización da clase traballadora contra as causas reais que provocan que ir a traballar sexa un "deporte" de alto risco..

ulo #2 10/Setembro/2007 ulo

Un engadido, DE TODA A CLASE TRABALLADORA, NON SÓ OS HOXE AFECTADOS, ONTE FORON NA AP 9, FAI DOUS DÍAS UN MARIÑEIRO PERUANO EN CORRUBEDO, FAI UN MES, UN METALÚRXICO NOS ESTALEIROS; FAI UNS MESES, NA REFINARÍA DA CORUÑA.
A cuestión non é repostar a un só, que esta ben, senon traballar contra as causas reais dos acidentes.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: