Acaba de rematar os estudos, e é a autora da imaxe do vestiario infantil que gañou o concurso convocado por Vicepresidencia.
Co comezo do curso nas Galescolas tamén chegou a agardada estrea dos uniformes para o alumnado. Oito dos 23 centros que dependen do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar xa abriron as súas portas e o resto farano nas vindeiros días.
Os uniformes, destinados ao alumnado a partir dun ano de idade, son en si mesmos tamén unha ferramenta educativa, pois levan grandes botóns de cores que encaixan en cadanseu ollal da mesma cor. Os mandilóns entréganse de balde ás familias, xunto a unha axenda, un marcapáxinas e unha bolsa para gardar a muda de roupa.
Vicepresidencia convocara un concurso para escoller a imaxe dos mandilóns, decisión que fora moi criticada no seu momento mesmo dende medios de fóra do país. A autora seleccionada do deseño da roupa para os cativos é Alba Remeseiro, unha nova creadora de moda lalinense que acaba de rematar os seus estudos.
Vieiros: En que se inspirou para o seu deseño?
Alba Remeseiro: Os tres últimos anos estiven en Madrid. Inspireime no que todos os galegos vemos ao entrar na nosa terra. Pasamos de ver a terra lisa, chá e marrón da meseta á paisaxe verde e ondulada de Galiza. O deseño orixinal que presentei era en dúas cores: verde e azul, as nosas cores máis típicas, co verde do campo e o azul do mar. As liñas redondeadas do uniforme tamén simbolizan os montes galegos.
V: Como lle xurdiu a idea de se presentar ao concurso?
A. R.: É o meu primeiro traballo, e non tiña nin idea de que o ían escoller. Cando saíu a convocatoria no DOG, meus pais avisáronme, e presenteime.
V: Xa viu o uniforme rematado? Que lle pareceu?
A. R.: Si, vino o outro día na apertura do curso, en Vilaboa. Pareceume que quedou moi ben. Fíxome moita ilusión vérllelo posto aos rapaces.
Es un mandilón nazionalista terrorista, seguramente ideado por su adoctrinador Arturo Pondal.
eu si o pon o quintana tamén llo poño o rapaz, que para eso é dos nosos. ahora, si o quin no o quere por, o meu neno tampouco vai ir facendo o ridículo con eso, eh!!!
A min paréceme moi ben que os nenos leven o uniforme. Neste caso concreto, logo de tanto cristo que houbo, agora que o vexo non me parece nada partidista. É ben bonito. O que máis me gustan son os botós de cores.
A min o que menos me gustan son os botós de cores. Deberían ser de duas cores: branco é azúl, xa que vai a ser o uniforme que levarán os concelleiros na Xunta.
Si, os botois son o peor. Hai que ser ben españolistas para usar o vermello e o amarelo.
Moi curros para os cativos, eu me animaba se me fixeran un grande. Parabéns e animos para as galescolas, así construimos País....
Home hai que reconocer que maxín ten a deseñadora, porque se eso é o que ela vé cando ven a Galicia xa ten vista. Agora non o vexo feo eso si aos pais non sei eu se lles gostará unha cor tan clara para uns nenos que sempre acaban manchandose. Pero xa sabedes a lavar con xabón lagharto.
Sobre os botóns podemos decir que son moi integradores, leva o verde de Esqueda Unida, o Vermello do PSdG-PSOE, o azul do BNG, e o amarelo-laranxa do PP, jejeje, se por buscarlle, sempre se poden buscar mil voltas a todas as cousas.
Anxo: eu todos os mandilóns que vin (e que levei) na miña vida eran brancos e azuis de cadriños.
Monsenhor Canhizares di que son uns dianhos os que lhe fan ponher estes mandilóns aos meninhos
Que eu saiba os buratiños eses chámanse illós, non ollais, aínda que se nos poñemos túzaros tamén poidamos ollar por eles ;-)
Se te inspiraches no que vemos os galegos ao entrar na nosa terra, deberías ter pintado un parque eólico no mandilón.
O traxe moi bonito, ¿sabes o que lle falta? unha foto de D. Manuel en bañador gravado no peto para que os nenos o leven preto do corazón. As rapazas poden levar a foto de Karina Falagan.
É ridículo associar política a fatinhos que vom ser utilizados por nenos.
Os fatos, graficamente estom muito bem! Remetem para a identidade do país (e isso nom é política, mas identidade cultural) de umha maneira suave e tenhem um toque infantil, representado iconográfica e cromaticamente polos botois às cores.
Parabéns à desenhadora!
As GALESCOLAS são da VOGAL.
Esses mandilões são das XUNTAESCOLAS.
Muito bonitos, sim.
Ghalisia, xa sei que os mandilóns sempre foron de cor craro, na miña época tamén ademáis os nenos o levaban azul de cadriños, e as nenas en rosa, eso non quere dicir que os mandilóns sempre teñan que ser desas cores o de cores claras, poden usar outras cores máis sufridas, de feito os hai. A parte de iso, xa dixen que estaban ben.
Que mania teñen os de cativez mental de se apropiaren das cousas... hai que ser xenerosos e compartir, veredes como se vos ilumina a cara.
Para Carlos Roca:
Os cativos mentais são os que se dedicam a roubar e depois comerciar com o roubado. Mas é típico destes acusar aos outros dos seus próprios pecados.
Para ?¿ (descoñecido) insultador e apropiador do público:
Sen xenerosidade non se fai Pais só se crean chiringuitos de auosatisfacción.
Para ?¿ (descoñecido) insultador e apropiador do público:
Sen xenerosidade non se fai Pais só se crean chiringuitos de auTosatisfacción.
Qué chorradas! Si a idea non era da Consellería, mais utilízaa, ésta ten que ter a lealdade necesaria para explicalo e proclamalo, mesmo estudando os dereitos dos conceptores da idea.
Por tanto sería unha apropiación indebida por parte da Xunta, e un delito, seica!
Leva razom ecoe. Se a Junta queria empregar o nome, deveria ter-se posto em contacto com o colectivo que o registrara. Se alguem me pide algo e eu lho dou, isso e generosidade. Se alguem colhe algo meu sem o peu permiso, isso chama-se roubar. A Junta roubou o nome sabendo que, pola generosidade dos seus proprierarios, nom ia ser denunciada. Um gesto muito feio.
En fin, moita peli de polis e cacos e de xuices....
Onde está tal propiedade intelectual...non existe porque é unha trola, un calote. Un nome presentado no mesmo periodo e sen resolución sequera e a Xunta falou por propia iniciativa coa VOGAL quen non quixeron colaborar nin arranxar nada.
Pero isto, con ser triste non é o peor, o lamentábel e no canto de se sumaren atacan a iniciativa colectiva, pública de tod@s e para tod@s, fronte ao SEU particular. Senon se entende esto, a necesidade de priorizar o colectivo fronte o individual non hai nada que facer.....