Considera que o incremento que reclama o Bloque é raquítico.
O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, apurou en criticar a reunión do deputado nacionalista Francisco Rodríguez co vicepresidente español, Pedro Solbes. Rueda cre que “o raquítico incremento que agora reclama o BNG non é máis ca un paripé que fan os nacionalistas para logo poder vender unha certa imaxe de reivindicación”.
Os conservadores subliñan que os 2.500 millóns son necesarios para que o AVE chegue a Galiza en 2012. A isto, habería que sumar os cartos para autovías, portos, aeroportos e outras infraestruturas.
Eu pérdome con tanto número. So quixera saber cales foron as inversións nos anteriores períodos (por exemplo nos anos 1996-2004, do eixo Aznar-Fraga?).
Galiza é unha das rexións máis pobres, pero se tanto falan de cohesión territorial, por que ningún goberno da un pulo aos investimentos en Galiza? O diñeiro chega dos Fondos Europeos (de momento) e aqui os malgastamos. Pero o goberno central nunca tivo un serio interese en invertir en Galiza.
E sobre o tema do AVE eu xa estou farto de tanta verborrea dos políticos sobre o tema. Eu apoiaría a creación dunha plataforma anti-Ave. En Galicia necesitamos un tren (un tren normal, con frecuencias, con doble vía, con locomotoras que non teñan 30 anos, con billetes asequibles para os bolsillos dos galegos, con liñas que vertebren Galicia sen necesidade de usar coche e autobús). Iso é o que necesitamos, e non un AVE que chegará cando chegue, e que non será un medio de transporte de masas nunca e que só nos facilitaría a chegada a Madrid (pero os trens a Francia, País Vasco ou Barcelona, existen?)
Ai que escacho!!!, istes que cando gobernaban daban un tercio do que agora piden...