Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RETRIBUCIÓNS A FUNCIONARIOS

Méndez Romeu discrepa de Quintana e rexeita a supresión dos sobresoldos

O conselleiro de Presidencia reitera que a Lei de Función Pública, que consolida un plus para os altos cargos, é unha adaptación do marco español.

Redacción / Europa Press - 19:05 13/09/2007

Se o pasado luns o vicepresidente Anxo Quintana falaba da posibilidade de suprimir os sobresoldos dos altos cargos, este xoves o conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu rexeitaba a hipotética reforma da Lei de Función Pública.

Romeu, que dixo non querer “censurar” ao vicepresidente, subliñou que “as normas que recoñecen dereitos individuais, unha vez aprobadas quedan vixentes”.

Ademais, reiterou que na Lei da Función Pública o Goberno adaptou á lexislación galega o marco español. Ademais insiste en que o plus de case 15.000 euros que se lle recoñece aos funcionarios que ocupen altos cargos durante dous anos consecutivos ou tres alternos, non é tal, senón que vai ser de 4.000 euros sobre as retribucións anteriores.

Isto é, segundo explicou o conselleiro, porque xa contan unha consolidación de 11.000 euros anuais brutos que provén dos complementos de destino.


3,67/5 (3 votos)

Comentarios (21)

maleiro #1 13/Setembro/2007 maleiro

Vós xagade á faba cos cartos de todos...
Teremos que saír á rúa para que entendades que non SE PODE ROUBAR ó pobo.
Larpeiros lambóns!!!!

xavo #2 13/Setembro/2007 xavo

Isto é unha cousa completamente impresentable. Aquí o que hai é moito alto cargo que sabe que no futuro, claro, vai ser ex-alto cargo, e está preparando o tema.

E xa seguindo coa aldraxe, ¿por que 15.000 euros/ano vitalicios se son funcionarios? ¿E se non son funcionarios? ¿Por que non se lles dan estes cartos?

Vivimos nun pais onde progresivamente se lle van dando máis e máis vantaxes aos funcionarios. Horarios reducidos (¿traballan 40 horas/semana?), moscosos, días da vella, asuntos persoais, hora de lactancia, gardería, etc. Todo isto está moi ben, pero os demáis cidadáns tamén o queremos.

Xa está ben de prevendas aos funcionarios que pagamos os que realmente producimos neste país.

Brais #3 13/Setembro/2007 Brais

Xavo, concordo punto por punto contigo. Por que só aos funcionarios? por riba de que teñen un choio asegurado de por vida. Que xa tiñan 11.000 euros e estes aumentan 4.000, pois paréceme igual de indignante.

o-moinante #4 13/Setembro/2007 o-moinante

Como o Méndez Romeu e a sua mulher -enchufada na Xunta- som mestres miram por eles, como lambóns que som. Deliquentes som todos estos politicos. E para isso muito gente perdeu a vida, jogou-se o emprego, estivo na cadeia, para que venham estes mangantes!

o-moinante #5 13/Setembro/2007 o-moinante

NOM VOTAR É A CONSIGNA. NOM LEGITIMAR ESTE REGIMEM DE LAMBONS

galicecos #6 14/Setembro/2007 galicecos

É a política social dos políticos unha vez asentado o cú na cota de poder. Non haberá para o povo, pero para eles sempre atopan cartos nalgunha partida dos orzamentos que lle insuflen cartos ós petos e, ademáis, vitalicios. Haber si teñen co..óns e redactan unha ley que regule os seus soldos en función da renda per cápita, poboación ou economía do pais que representen. Agardaeremos.

Xabi1 #7 14/Setembro/2007 Xabi1

Por favor, alguén sabe en que lei estatal aparece o do complemento para os altos cargos?

carlosroca #8 14/Setembro/2007 carlosroca

A denominada consolidación de grao para os altos cargos leva 17 anos en vigor pois foi introducida no ámbito da Administración do Estado pola Lei 31/1990, de Orzamentos Xerais do Estado para 1991, cando o PSOE dispuña de maioría absoluta

carlosroca #9 14/Setembro/2007 carlosroca

Esta consolidación de grao para os funcionarios que sexan altos cargos da Administración de Galiza lévase a cabo co goberno do PP mediante a Lei 2/1998 de medidas de réxime orzamental, función pública, patrimonio, organización e xestión.

carlosroca #10 14/Setembro/2007 carlosroca

Recentemente aprobouse a nivel estatal o Estatuto Básico do Empregado Público (lei 7/2007, de 12 de abril) no que se amplía esa consolidación a novas categorías de altos cargos. Este Estatuto é de aplicación no conxunto das Administracións Autonómicas e, polo tanto, tamén en Galiza.

carlosroca #11 14/Setembro/2007 carlosroca

O proxecto de lei de reforma da Lei 4/1998, da Función Pública de Galiza, pactado entre o PSOE e o BNG e aprobado polo Consello da Xunta non contiña ningunha modificación a respecto deste tema, mais o PP presentou unha enmenda no Parlamento, que logo foi transacionada co PSOE, na que se contempla a igualación da cantidade a percibir polos altos cargos da Administración Galega cos da estatal. Isto supón que o incremento aprobado é de 2.988 euros ao ano, e non de 15.000.

Xabi1 #12 14/Setembro/2007 Xabi1

Obrigado, Calosroca, mais a miña pregunta era sobre o famoso complemento de case 15.000 euros, non sobre a consalidación de grao.
E na lei 7/2007 non atopei -son un poco negado- referencia a ese complemento de case 15.000 euros.

o-moinante #13 14/Setembro/2007 o-moinante

Que fosse aprovado polo PSOE (Partido sometedor de obreiros espanhol)e depois traido aquí polo PP (Partido do Pau e tente tesso)nom nega a raigame de classe do saqueio dos gestores do sistema -chupoteros, autodenominados políticos- do excedente económico producido polos trabalhadores. A pensom media na Galiza nom chega aos 600 euros/mês e estes camandulas garante-se de por vida só por estar sentado durante dous anos nas bancadas 15000 euros/ano, agás que por oito anos de quentar o cú sentados, já tenhem a pensom de jubilaçom. DELIQUENTES É O QUE SOM. Nós temos que cotizar 35 anos para chegar a jubilaçom. E hoje, com os contratos de merda, trabalhando arreo mais anos que carracuca nom chegaremos a pensom completa, ainda que tenhamos o corpo deslombado de tanto trabalho e pau.

NOM VOLTAR A VOTAR É A CONSIGNA

Rosamna #14 14/Setembro/2007 Rosamna

Todos fóra...en italia xa hai algo asi ....queren pedir unha lei para impedir que os políticos se presenten maís de duas lexislaturas e a eleción directa de deputados....

http://www.lavozdegalicia.es/m...

moledo #15 14/Setembro/2007 moledo

Mais uma prova de que os funcionários estão a converter-se na nova classe estamental dos nossos dias: privilégios, horários reduzidos, benesses, e sempre segundo eles não no seu beneficio senão na "defesa dos serviços públicos". Acho que cumpre ir desmantelando este discurso corporativista, demagógico, falso como um euro de Franco e profundamente regressivo. O que acontece? Pois que, precisamente eles, por terem todas essas condições favoráveis e exclusivas de caste têm uma influência na nossa sociedade que outros colectivos não têm, fazem artigos, têm visibilidade e presença nos media; sindicatos poderosos que as mais das vezes camuflam os seus interesses de caste como interesses gerais, etc...

carlosroca #16 14/Setembro/2007 carlosroca

Estás pallasadas demagogas sempre que van máis aló do espectáculo e denuncia puntual acaban en algunha caste de autoritarismo.
Solucións simples a realidade complexas son mala cousa.
É preciso unha tensión política e social mínima e a participación para que non se instale a corrupción e o nepotismo, polo tanto a pasividade non serve, hai que activarse políticamente, comprometerse.
E nada que ver a situación italiana coa galega....

xacataca #17 14/Setembro/2007 xacataca

Concordo con #16.

Concordo moitísimo con #15.

Xabi1 #18 14/Setembro/2007 Xabi1

Carlosroca, agardo unha derradeira aclaración sobre ónde podo atopar o que digo un pouco máis enrriba.
Tes razón: solucións simples a problemas complexos, pois case que non... mais isto é o habitual na clase política cando hai que oferecer algo novo desde a oposición. Vexa-e o caso da Cidade da Cultura.
Ser abstencionista non significa necesariamente ser pasivo. Son moitas e numerosas as ocasións nas que un grupo parlamentar absten-se nunha votación e tamén cuantiosos o número de veces que unha parte dun grupo político o membros dun comité central e cousas así que se absteñen nunha votación.
Comprometer-se non significa tampouco participar dun modelo político viciada (listas pechadas, subvencións a tutti ple, oscurantismo nas contas, manter á familia real -por favor, que deixen de parir!!!!... ), comprometer-se é funcionar e traballar a prol dunha sociedade algo máis consciente da súa condición de cidadanía, e isto pode facer-se desde a militancia política e tamén desde unha postura abstencionista. Eu votei BNG para sacar-me de enrriba a Manolo Fraga, mais teño claro que non voto nas vindeiras. Acabou-se a miña postura social-demócrata.
E... ¿nada que ver coa situación italiana?. Da-lles un pouco de tempo, sen esquecer o martirio que supón a corrupción municipal e a presenza do narcotráfico na riveira, e veremos en qué lugar acabamos.
E todo isto dixen-no sen quer dar lecións a naide, é unha opinión tan só.
Obrigado

Quicol #19 14/Setembro/2007 Quicol

Hai moito discurso facilón contra @s traballador@s públicos. O permiso de paternidade non é só para funcionarios e as garderías tampouco (por certo, a maioría dos funcionari@s non temos garderías, deixadevos de contos).Non creo que @s traballador@s da función pública esteamos, sempre por sempre, mellor pagados que os da privada (comparando categorías similiares ente si claro, dende subalternos, auxiliares ou directivos). Respecto ao da estabilidade no emprego ¿non debería ser un dereito universal?.¡Xa está ben de desprestixiar á función pública, porque sí!. Esto é un estilo que impuso o PP porque quería evitar a súa profesionalidade e obxectividade, e a universalidade de moitas das súas prestacións sociais. Fraga sempre lle botaba a culpa dun mal funcionamento da administración a que os funcionarios "non fichaban á súa hora". ¡Nada que dicir da ineptitude dos dirixentes para organizala ben, empezando por él mesmo!¡Nada de profesionalizala e facela eficiente!¿para qué, para quén?.E desprestixiaba @s traballador@s nada menos que o seu máximo dirixente, que en 16 anos non deu feito nada bó da administración como servizo público, por non dicir que rematou de escarallala!.Xa está ben de trapalladas, o que me cheira é que hai moita envexa de opositor frustrado, e pouca análise crítica-radical. Por certo eu tamén estou en contra da consolidación do grao en dous anos, tod@s os funcionari@s consolidamos o grao pouco a pouco, e non de golpe.E así debería ser independentemente do posto que ocupemos.

fuco-lois #20 14/Setembro/2007 fuco-lois

A culpa de todo que pasa no País e dos funcionari@s,as súas prebendas, a súa impuntualidade, os seus moscosos, trienios, ... iso de ter o posto de traballo para toda a vida!, donde se veu iso.
O mellor é un Estado sen servizos púbricos, aforraríamos unha morea de cartos. Só o exército para que nos defenda de posibels invasións e, cicais, unhas máquinas expendedoras de materiais sanitarios (mercromina,auga oxisenada,..) para primeiros auxilios. Todo o demáis, o que o queira que o pague.

carlosroca #21 14/Setembro/2007 carlosroca

Atacar e desprestixiar a función pública é facerlle o xogo ao PP e a direita. O patrón d@ funcionari@ é o cidadán e a cidadá e debe esixir que tod@s cumpran os seus deberes e funcións con eficiencia e axilidade. Non se pode confundir o sindicalismo que defende a dignificación da función publica co sindicalismo amarelo: o primeiro debe pular sempre pola mellora da función pública co obxectivo de satisfacer as necesidades da sociedade, o segundo caracterízase por tentar hinchar o peto do/da funcionaria/o.

Disto último temos exemplos abondo e cos que convive encantado o PP, ao cabo é unha parte fulcral da súa base social.

Realidades complexas non suportan solucións simples e demagogas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: