Coidan que o goberno español ten que facer campañas de pedagoxía social para que as diferentes linguas sexan valoradas.
O Comité de Expertos do Consello de Europa que está a visitar o Estado Español para ver o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias entrevistouse este venres con representantes dos gobernos catalán, galego e vasco. Os responsábeis de política lingüística das tres nacións, Paquita Sanvicén, Marisol López e Patxi Baztarrika presentáronlle os seus informes á delegación europea.
Os tres gobernos coinciden na necesidade de que as comunidades con lingua oficial “participen e coadxuven no deseño das medidas que adopte o Estado en materia de fomento do plurilingüismo”. Porén, recoñecen que houbo cambios positivos na actitude do Ministerio de Administracións Pública que, por primeira vez, lles deus voz aos gobernos autónomos con lingua oficial.
Os representantes de Galiza, Euskadi e Cataluña explicaron que as linguas propias aínda non gozan dun uso normalizado nas institucións que dependen do goberno estatal. Por iso, piden que o Estado desenvolva “unha pedagoxía social encamiñada a que o conxunto da cidadanía valore positivamente a diversidade lingüística e cultural”. Tamén demandan que se poidan estudar como optativas as linguas cooficiais.
Falemos da defensa da diversidade lingüística e da democracia lingüística
A Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias en ningún momento establece UNHA OBRIGACIÓN A FALAR EN GALEGO OU CASTELÁN (o que si fan as leis de normalización lingüística ou de criminalización de falantes), alí atopamos:
1. Por exemplo:
As partes basearán a súa política, a súa lexislación e a súa práctica nos obxectivos e principios seguintes:
1.1 A provisión de medios que lles permitan aprender unha lingua rexional ou minoritaria aos non-falantes que residan na área en que se emprega esa lingua, DE ASÍ O DESEXAREN;
1.2. En materia de ensino e, polo que se refire ao territorio en que se falan as ditas linguas e SEGUNDO sexa a situación de cada unha delas, SEN PREXUÍZO DO ENSINO da(s) lingua(s) oficial(is) do Estado, as partes comprométense a (...)
1.3. Aplicarán unha das medidas a que se refiren os puntos i) a iii) anteriores, polo menos, PARA OS ALUMNOS QUE O DESEXEN –OU, DE SER O CASO, CUXAS FAMILIAS O DESEXEN–, en número considerado suficiente;
2. Unha Galicia, e o mesmo vale para Europa, de xente que fale varias linguas, só vai ser posible sobre a base da intercomprensión e non do monolingüismo (sexa en inglés, español ou galego). (Véxase: Ploquin, Françoise, « Esprit de famille», Le Monde Diplomatique, enero 2005, páx.23 ; Cassen, Bernard, «Un monde polyglotte pour échapper à la dictadure de l’anglais», Le Monde Diplomatique, enero 2005, páx.22-23).
3. A intercomprensión é o feito de comprender diversas linguas sen falalas: cada un fala e escribe na súa lingua, e comprende e le as dos outros. A intercomprensión baséase na capacidade dos falantes de encontrarse falando cada un a súa lingua propia e entendendo a do outro, a pesar de non falala fluidamente (ibid.)
4. Para un falante dunha lingua que procede do latín as outras linguas que tamén proceden do latín son relativamente doadas de comprender. Esta noción de familia de linguas, comprendérona ben os escandinavos: un danés, un noruegués e un sueco compréndense, mentres falan cada un a súa lingua. O costume de apoiarse sobre as similitudes (e utilizalas preferentemente cando se fala) e os estudio das diferencias (e coñecelas para non perturbar a comprensión) permiten aos escandinavos comunicarse doadamente entre eles. Así, dende hai máis de un século en cada un destes países, ensínanse na escola as bases da gramática das linguas dos outros (ibid.).
5. Esta aprendizaxe pon en marcha unha dinámica de multipolaridade e de democracia lingüística fronte ao poder esaxerado da lingua única (ibid.).
¿Quen teme a liberdade?
¡FORO DE DEBATE NA WEB DA MESA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA XA!
¡FORO DE DEBATE NA WEB DA MESA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA XA!
Que demostren
1. Que queren deseñar boas políticas de promoción do galego, e non vivir da subvención e do conto, apuntándose á política liberticida do canto peor mellor.
2. Que son quen de soster un debate democrático, civilizado e tolerante con aqueles que non están de acordo coas súas políticas.
3. Que son quen de convencer sen impoñer por decreto.
Não há nenhuma lei que obrigue a FALAR nesta ou naquela língua.
Abram esse foro: verá-se inundado de reintegracionistas.
A razom pola qual a Mesa nom tem foro, se a houver, está muito mais ligada ao que di OBSERVADOR que ao que di o carrasco que escreveu em primeiro lugar.
O primeiro atentado severo contra as linguas españolas distintas do castelán verbo do réxime garantido no bloque de constitucionalidade foi EQUIPARAR lingua propia (galego no noso caso) a lingua allea (castelán en todos os casos), infrinxindo, violando o dereito fundamental á IGUALDADE e á non DISCRIMINACIÓN: TRATAR IGUAL OS IGUAIS (as linguas propias nos seus respectivos territorios: na Galiza, en Catalunya, en...na súa lingua territorial propia COMA en Castela na súa) E DIFERENTE OS DIFERENTES (a lingua propia e a lingua allea: na Galiza, en Catalunya, en...HABITUALMENTE na lingua territorial propia e EXCEPCIONALMENTE na/s allea/s). Discriminación que, por ignorancia de moitos e por malicia de outros, foi e é xeral e PACIFICAMENTE tolerada.
O segundo atentado severo ás linguas españolas distintas do castelán consiste en EQUIPARAR as linguas OFICIAIS distintas do castelán ás NON OFICIAIS, postulando a aplicabilidade da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, sobre todo, ás OFICIAIS distintas do castelán. E isto, malia establecer con clareza a Carta a súa inaplicabilidade ás linguas oficiais no seu art. 1.a.ii. Esta aplicación indebida da Carta ás linguas oficiais distintas do castelán tamén é postulada por uns e por outros con entusiasmo, moita ignorancia e pouco amor ó propio.
Séguese nunha deriva de a cada paso conformarse con menos, marcándose obxectivos cada vez máis cativos; mais, claramente garantidores,iso si, do exterminio do galego CON TODAS AS DA LEI (!!).
Por outra banda, non se debe esquencer que a Carta, amais de inaplicábel ás linguas oficiais, tenvos un CONTIDO XURÍDICO INEXISTENTE OU NULO: non prevé absolutamente ningunha esixencia de responsabilidades a quen a infrinxa. Évos un mero instrumento de propaganda política (por iso o Estado español se ri dela e nin ás linguas españolas NON OFICIAIS llela aplica!!).
Verbo do seu contido político-moral vide os arts. sobre a súa aplicación que pego a continuación:
"PARTE IV
APLICACIÓN DA CARTA
Artigo 15. Informes periódicos
1. As partes presentarán periodicamente ó Secretario Xeral do Consello de Europa, baixo unha forma a determinar polo Comité de Ministros, un informe sobre a política seguida, conforme á parte II da presente Carta, e sobre as medidas tomadas en aplicación das
disposicións da parte III que elas aceptaron. O primeiro informe debe ser presentado no ano que segue á entrada en vigor da Carta a respecto da parte en cuestión, os outros informes a intervalos de tres meses despois do primeiro informe.
2. As partes farán os seus informes públicos.
Artigo 16. Exame dos informes
1. Os informes presentados ó Secretario Xeral do Consello de Europa en aplicación do artigo 15 serán examinados por un Comité de Expertos constituído consonte o artigo 17.
2. Os organismos e asociacións legalmente establecidos nunha parte poderán chama-la atención do Comité de Expertos sobre as cuestións relativas ós compromisos tomados por esta parte en virtude da parte III da presente Carta. Despois de ter consultado a parte interesada, o Comité de Expertos poderá ter en conta estas informacións na preparación do informe apuntado no parágrafo 3 do presente artigo. Estes organismos ou asociacións poderán
ademais someter a consideración as declaracións encanto á política seguida por unha parte, consonte a parte II.
3. Sobre a base dos informes apuntados no parágrafo 1 e das informacións apuntadas no parágrafo 2, o Comité de Expertos preparará un informe á atención do Comité de Ministros.
Este informe será acompañado das observacións que as partes serán convidadas a formular e poderá ser feito público polo Comité de Ministros.
4. O informe apuntado ó parágrafo 3 conterá en particular as propostas do Comité de Expertos ó Comité de Ministros en vista da preparación, dado o caso, de toda recomendación deste último a unha ou varias partes.
5. O Secretario Xeral do Consello de Europa fará un informe bienal detallado á Asemblea parlamentaria sobre a aplicación da Carta.
Artigo 17. Comité de expertos
1. O Comité de Expertos estará composto dun membro por cada parte, designado polo Comité de Ministros nunha lista de persoas da máis alta integridade, dunha competencia recoñecida nas materias tratadas pola Carta, que serán propostas pola parte afectada.
2. Os membros do comité serán nomeados para un período de seis anos e o seu mandato será renovable. Se un membro non pode cumpri-lo seu mandato, será substituído conforme o procedemento previsto no parágrafo 1, e o membro nomeado en substitución rematará o
período de mandato do seu predecesor.
3. O Comité de Expertos adoptará o seu regulamento"
Iso évos o que hai: FUME, SÓ FUME!!
O Estado Plurilingüe español xa vos está deseñado desde hai algo de tempo. Outra cousa évos que os mareadores ignoren ese deseño e acenen con que non existe, pois:
"1º) Desafortunadamente para as comunidades lingüísticas españolas distintas da castelá , e para os seus membros, existe a crenza xeralizada, desgrazadamente tamén entre xuristas (xudicatura, avogacía, procuradoría,...), de que do réxime de cooficialidade ligüística vixente nos territorios propios das linguas españolas distintas do castelán se deriva o “dereito” a usar indistintamente calquera das linguas oficiais en calquera acto de comunicación lingüística; mais, esta crenza é manifestamente contraria á lóxica propia da regulación normativa vixente e aplicábel en materia de linguas e dereitos lingüísticos.
En efecto, xa hai máis de vinte anos que o TC tivo que manexar o concepto de oficialidade aplicado ás linguas españolas, e dixo (STC 82/86, fx 2º):
"Aunque la Constitución no define, sino que da por supuesto lo que sea una lengua oficial, la regulación que hace de la materia permite afirmar que es oficial una lengua, independientemente de su realidad y peso como fenómeno social, cuando es reconocida por los poderes públicos como medio normal de comunicación en y entre ellos y en su relación con los sujetos privados, con plena validez y efectos jurídicos (sin perjuicio de que en ámbitos específicos, como el procesal, y a efectos concretos, como evitar la indefensión, las Leyes y los tratados internacionales permitan también la utilización de lenguas no oficiales por los que desconozcan las oficiales)".
Daquela, nada impide que calquera poder público recoñeza ou declare como oficial calquera lingua allea (ou a propia, claro!), vg. o concello de Burela o portugués; mais, como se pode tirar doadamente, dese concepto constitucional de lingua oficial DE NINGUNHA MANEIRA SE TIRAN DEREITOS DE USO POR PARTE DOS PARTICULARES, nin en concreto o DEREITO a usaren unha ou outra linguas oficiais os empregados públicos. Dese concepto constitucional de lingua oficial só se pode derivar a obriga dos poderes públicos de COÑECEREN, na persoa dos seus empregados obviamemte!, e eventualmente USAREN, tamén a través dos seus empregados, a ou as linguas declaradas oficiais.
Sendo, por outra banda, certo, moi certo!, que existe o dereito constitucionalmente recoñecido (art. 3 CE) a usar o castelán na Galiza ( e o polaco, e o chinés, e calquera das outras seis mil, disque, linguas que hai no mundo ex art. 27 PIDCP!), e sendo igualmente certo, moi certo tamén!, que existe o dereito constitucional (14 CE) e estatutariamente (5 EAG) recoñecido a usar o galego na Galiza; non é menos certo que eses dereitos nin son absolutos nin se poden exercitar de xeito abusivo: hai circunstancias nas que un deles ten que ceder fronte ó outro.
Como o dereito de uso non se limita á facultade de expresarse, senón que integra as facultades de expresarse e mais de enteirarse ou informarse (uso activo e pasivo, oral e escrito), cando dous interlocutores pretenden exercitar o dereito de uso de linguas distintas, expresándose en cadansúa lingua, a comunicación resulta imposíbel (agás que se coñeza a lingua do outro!, que será en todo caso algo alleo ó dereito de uso), e o exercitamento do dereito tamén! Nesta circunstancia o dereito dun deles NECESARIAMENTE ten que quedar suspenso para que o outro poda exercitar o seu.
Nesta situación preséntase o problema de discernir cal dos dereitos entra en suspensión e cal deles se exercita.
E, a solución, para o caso da Galiza é a seguinte: a) Se os interlocutores coñecen ou deben coñecer o galego (14 CE) usarán o galego (3.3 CE); e, b) Se algún dos interlocutores, ou ambos!, sendo españois ambos, descoñece LEXITIMAMENTE (porque razoabelmente non puido aínda aprendelo) o galego usaran o castelán ou outra lingua que coñezan (14 CE). A solución non é, como algúns pretenden, que cada un se EXPRESE no que lle pete, con tal de que se entendan; pois, o DEREITO non é unha liberdade, é un poder que o titular ten sobre alguén, o dereito ó uso dunha lingua non é viábel sen coñecela e significa esencialmente dispor, coa intermediación do Estado de ser o caso, de interlocutores nesa lingua (uso pasivo); ten unha finalidade social (comunicación) e non só unha satisfacción individual (emitir sons, lingüísticos ou non!, por propio pracer ou interese).
Por outra banda, a CE esixe un especial respecto e protección das modalidades lingüísticas de España (3.3 CE) e, daquela, a fortiori, con moita máis razón!, das linguas españolas (calquera que sexa o significado que lle queiramos dar a "modalidade lingüística"). Así, se existira o dereito a ESCOLLER lingua de entre as oficiais na Galiza e todos escolleramos o castelán (de tal “dereito” seríamos titulares todos os españois na Galiza, obviamente!) , é máis que obvio que o galego NON recibiría absolutamente NINGÚN tipo de protección nin respecto (que como mínimo esixen que se conserve como lingua viva, que non morra, se extinga ou vire en lingua morta!), infrinxíndose manifestamente o art. 3.3 CE.
De aí que esta redución ó absurdo nos leva a concluir con clareza que ese dereito de escolla é INEXISTENTE.
Á mesma conclusión se chega se todos escolleran o galego; porque; en primeiro lugar, quen non o sabe non o pode escoller (e hai españois que non o saben, non o dubidemos!), non podería razoabelmente ser titular dun dereito que non pode exercitar; e, caso de que o escolla sen ser capaz de usalo, a súa escolla sería gora, inútil, non desempeñaría ningunha función social, sería antixurídica e irracional, algo NUNCA buscado polo Dereito nin por ningunha norma xurídica.
Así as cousas, xuridicamente, en dereito é IMPOSÍBEL a existencia do por algúns pretendido “dereito” de OPCIÓN ou escolla de lingua oficial na Galiza ou, analogamente, en calquera outro territorio español con lingua propia oficial distinta do castelán (como é sabido, o caso do uso do castelán no seu territorio propio e do uso de linguas alleas no seu territorio non experimenta ex constitutione ningún cambio verbo da situación preconstitucional).
2º) Non sendo admisíbel en dereito a pretensión da existencia do “dereito” de opción ou escolla de lingua oficial nos territorios españois con réxime de cooficialidade lingüística procede determinar cando se poden exercitar os dereitos de uso do galego ou do castelán na Galiza, cando hai obriga, no seu caso, de usar un ou o outro e cales son as cargas, prexuízos ou sancións que conleva o incumprimento desas obrigas lingüísticas. Vexámolo!
Como é ben sabido, xa no seu preámbulo a Constitución Española de 1978 constata que a Nación española (os pobos de España) proclama a súa vontade de, entre outros poucos obxectivos xerais, o de “protexer a todos os españois e pobos de España no exercicio dos DEREITOS HUMANOS (v.g. art. 27 PIDCP da ONU), das súas CULTURAS, das súas LINGUAS e istitucións”.
E, presidindo a relación dos máis valiosos dereitos e liberdades da persoa humana, indica (art. 14 CE) que “os españois son iguais perante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha..... por calquera condición ou circunstancia persoal ou social” (cfr. co tamén art. 14 CEDH, vía art. 10 CE). Impoñéndolles asemade ós poderes públicos a obriga de “promoveren as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e mais dos grupos nos que se integra sexan reais e efectivas, removendo os atrancos que impidan ou estorben a súa plenitude..” (art. 9 CE)
Esta prohibición constitucional de discriminación lingüística, xunto co valor superior do ordenamento xurídico (1.1 CE), principio xeral do dereito e dereito fundamental á igualdade (14 CE) esixen, por unha banda, TRATAR IGUAL OS IGUAIS (as linguas propias entre si e as linguas alleas entre si; isto é, tratar igual os usuarios dunha lingua española no seu territorio propio que os de calquera outra no seu, e tratar igual os usuarios dunha lingua allea que os de outra tamén allea no territorio propio doutra terceira) e, por outra, TRATAR DIFERENTE OS DIFERENTES (a lingua propia e a lingua allea; isto e, tratar diferente os usuarios da lingua propia no seu territorio verbo dos usuarios de lingua allea no territorio propio doutra).
Mais, ese TRATAR DIFERENTE OS DIFERENTES por motivos lingüísticos non pode ignorar que “a Constitución fundaméntase na indisolúbel unidade da Nación española, patria común e indivisíbel de todos os españois, e recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas” (art. 2); que “os españois teñen dereito a elixiren libremente a súa residencia e a circularen por todo o territorio nacional (art. 19.I CE), e que, “todos os españois teñen os mesmos dereitos e obrigas en calquera parte do territorio do Estado (art. 136.1CE).
Por iso xa o constituínte estableceu unha lingua (o castelán, que aínda que no momento de aprobación da Constitución puido ser unha opción herdeira do autarquismo franquista e, daquela, pouco internacionalista, hoxe debería ser substituído como lingua común ou universal por outra que permitira unha comunicación lingüística directa entre membros dun maior número de comunidades lingüísticas do mundo, sen prexuízo da conveniencia de coñecermos os membros de cada comunidade lingüística española a lingua ou linguas das comunidades lingüísticas veciñas) como lingua común ou universal no pequecho universo das linguas españolas impondo a súa oficialidade (deber de coñecemento e eventual uso por parte dos poderes públicos a través dos seus empregados) e mais o deber xeral de coñecela PARA, EVENTUALMENTE, USÁRMOLA tamén os particulares con quen lexitimamente aínda descoñeza a lingua propia do territorio (art. 3.1 e 2 CE).
Esta estrutura complexa do Estado español, tanto desde o enfoque da distribución territorial do poder político-administrativo coma da realidade plurilingüística determinan un réxime de usos lingüísticos no que a lingua propia do territorio sexa a lingua de uso xeral, normal ou habitual no seu territorio propio respectivo, como condición necesaria para o seu respecto e protección constitucionalmente esixidos ex art. 3.3 CE e garantía do preceptuado no art. 14 CE; e a lingua común, interlingua, lingua de integración ou antidiscriminatoria (o castelán fóra do seu territorio propio) a lingua que permita a comunicación lingüística directa entre españois membros de distintas comunidades lingüísticas españolas e mais a integración dos españois dunha comunidade lingüística española noutra.
De aí a regra-resumo en materia de dereitos lingüísticos na Galiza: NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN “CASTELA” NA SÚA, SEN PREXUÍZO DE USARMOS LINGUAS ALLEAS, NOMEADAMENTE O CASTELÁN COS OUTROS ESPAÑOIS, CON QUEN LEXITIMAMENTE AÍNDA DESCOÑEZA A LINGUA PROPIA DA GALIZA.
Así todo, como xa se adiantou, o que existe é a obriga de usar a correspondente lingua territorial no seu territorio propio respectivo con carácter xeral ou habitual, e isto sen prexuízo de usar linguas alleas con quen lexitimamente (por falta de arraigamento v.g.) descoñeza a lingua propia do territorio, nomeadamente o castelán cos españois doutras comunidades lingüísticas españolas que descoñezan a nosa, e todo isto sen prexuízo asemade doutros usos de linguas alleas iocandi causa, docendi causa ou por outras causas debidamente xustificadas. Réxime lingüísico que, completado co art. 27 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos da ONU, tamén permite que ENTRE ELES usen a súa lingua persoal os membros de calquera comunidade lingüística distinta da propia do territorio; mais, coa obriga (ex arts. 3.3 e 14 CE) de se integraren na respectiva comunidade lingüística española de cada territorio.
Así o entendeu xa tamén o propio Tribunal Constitucional na referida sentenza 82/86 (fx. 3º), ó dicir que “a posibilidade de usar só unha delas (das linguas oficiais) en vez de ambas á vez, e a de usalas indistintamente, aparece CONDICIONADA, nas relacións cos particulares, polos DEREITOS que a Constitución e os estatutos lles (ós particulares) atribúen....sendo o dereito das persoas (naturais) ó uso dunha lingua oficial un dereito fundado na Constitución e mais no respectivo estatuto de autonomía”.
Tamén o ven entendendo así o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza na súas sentenzas da Sala do Contencioso-Administrativo nº 573/95 do 14.09.95, e nº 739 do 16.11.95; cando di que “é oportuno lembrar que o problema suscitado non é o da validez ou carácter oficial do galego ou do castelán, senón o do dereito do cidadán a que se utilice unha ou outra lingua nas súas relacións coa Administración, e a conseguinte obriga desta última a posibilitar o exercicio de tal dereito.
Daquela, se a posibilidade de usarse unha ou outra lingua ven condicionada tanto por dereitos subxectivos (non discriminación e igualdade) coma por obxectivos colectivos (respecto e protección do patrimonio cultural da humanidade), tamén está sometido a eses condicionamentos o uso das linguas por parte dos particulares que, por simples razóns de lealdade, non poden ir coas súas condutas en contra dos intereses xerais da comunidade política na que se integran ou na que os integra, nin violaren dereitos fundamentais alleos.
Por outro lado, segue plenamente vixente o art. 6.3 do código civil establecendo a nulidade de pleno dereito dos actos contrarios ás normas imperativas e ás prohibitivas (“ Los actos contrarios a las normas imperativas y a las prohibitivas son nulos de pleno derecho, salvo que en ellas se establezca un efecto distinto para el caso de contravención”). Daquela, sendo imperativas ou prohibitivas tanto as normas constitucionais aludidas coma as estatutarias e legais en materia de dereitos e usos lingüísticos, resulta inexorábel a nulidade dos actos que non se acomoden ó por elas prescrito. E, amais, ex art. 53.1 CE, corresponde ex officio A TODOS OS PODERES PÚBLICOS, dentro do eido das súas competencias, impedir calquera violación do dereito fundamental á igualdade e á non discriminación TAMÉN!! por mor ou causa de lingua (NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, sen prexuízo...) e, daquela, aprezaren e aplicaren a nulidade e ausencia de todo efecto das condutas lingüísticas infractoras do ordenamento imperativo ou prohibitivo".
Daquela, o deseño do estado plurilingüe xa está feito, e substituíndo o castelán como lingua universal no cativo universo das linguas españolas por outra de maior potencialidade interlingüística( esperanto, inglés,...??), NON ESTÁ TAN MAL FEITO. O que segue a faltar évos a súa asisada implementación por medio da CULTURA: NA GALIZA, EN EUSKAL HERRÍA, EN CATALUNYA, EN....NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, sen prexuízo de usarmos linguas alleas, nomeadamente UNHA UNIVERSAL que coñezamos todos os membros de todas as comunidades lingüísticas do planeta (ou polo menos de Europa??!!)
manelon!, deixa de marear coa Carta: xa sabemos que amais de inaplicábel ás linguas oficiais (ti mesmo o recoñeces cando recolles: " SEN PREXUÍZO DO ENSINO da(s) lingua(s) oficial(is)" ) as súas obrigas limítanse a facer informes que poderán ser publicados.
FOROS!!??, aquí xa tes un!! (que quede clariño que eu non me opoño a que A Mesa abra un foro; mais, algún dos que hai aínda se che pode usar).
Un saúdo.
OBSERVADOR dixo: "Não há nenhuma lei que obrigue a FALAR nesta ou naquela língua".
E, sen embargo:
"Nas áreas, materias ou módulos impartidos en lingua galega, O ALUMNADO UTILIZARÁ, CON CARÁCTER XERAL, O GALEGO NAS MANIFESTACIÓNS ORAL E ESCRITA". (Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo).
Um estudante que prepara um exame nom pode estudar para tirar um aprovado raspado, porque logo possivelmente a qualificaçom seja menor, melhor estudar para sacar uma boa nota, e assim asegurar um mísero aprovado.
Com a normalizaçom passa algo semelhante. A situaçom nom admite mínimos, há que apostar energicamente porque sabemos que os resultados serám muito mais inferiores do esperado.
Nom vos alteréis, e deixade os problemas que nom existem. O galego está bem longe de oprimir ao castelhano.
Outra cousa é que sejades tan gallegos como el gallego e nom permitais nem o mais mínimo avanço na normalizaçom do galego.
Se os decretos de normalizaçom resultarem opressores, já haverá tempo a coregi-los.
1. É necesario distinguir entre “discriminación positiva” (“affirmative action”) lexítima e ilexítima.
2. Dado que estas medidas van en contra de preceptos constitucionais e de xustiza básicos, de aplicarse deben selo dunha forma restrictiva e acoutada no tempo.
3. Posto que todas as persoas teñen iguais dereitos, ningún dereito individual debería ser sacrificado para compensar outros dereitos individuais que foron violados. A igualdade é o principio que define a cidadanía.
4. A obxección con máis peso que se ten feito contra a “discriminación positiva", e que se castiga (cando se ve privada de dereitos fundamentais) a unha xente por un dano que non cometeu; noutras palabras, a maioría da xente de hoxe non formou parte do sistema que oprimiu ás minorías discriminadas.
5. Polo demais, a “discriminación positiva” pode promover, a súa vez, un novo resentimento de aqueles que son os beneficiarios da discriminación positiva fronte aos que son adversamente afectados por esa política.
6. Polo tanto, nesta liña, o razoable e prudente parece optar por fórmulas que non teñan efectos colaterais negativos (o paradigma das cales é a concienciación) .
7. Por último, unha cuestión, a “discriminación positiva” ¿funciona?. A experiencia de EE.UU, por exemplo, demostra que as políticas de discriminación positiva, sendo necesarias, poden ter efectos contrarios a aqueles que se perseguen acentuando os prexuízos e minando os logros das minorías. Incrementando a tensión racial e beneficiando aos máis privilexiados dentro dos grupos minoritarios. (Recentemente o Tribunal Supremo de EE.UU rexeitou a raza como factor de discriminación positiva nas escolas, argumentando que “non é maneira de loitar contra a marxinación porque sería buscar unha solución ao problema sobre a base do concepto de raza”).
8. En conclusión, as medidas de “discriminación positiva” deben ser aplicadas dunha forma restrictiva e acoutada no tempo e optando por fórmulas que non teñan efectos colaterais negativos.
Con cais puñado de votos en PALMATORIAMENTE FRANCA minoría minoritaria? Cánto suman e poden sumar bng+ciu+pnv? Éstes cren nos paxariños preñados! E todo só por seren -cando toque- chave de acceso? E cando NON toque? "deus nos pille confesados" dicía a miña aboa!
¡Jajaja! Como si estos gobiernos regionales tuvieran algo que decir (y decidir...) al respecto.
Lo que tienen que hacer es garantizar el cumplimiento de la ley en sus territorios puesto que dista mucho de ser así. Y en algunos casos que dejen de proteger y amparar a los terroristas y demás ralea.
Só mesmo num mundo ao contrário para se poder pensar que o galego oprime (!!!) de alguma forma o castelhano, quando o castelhano É UMA LÍNGUA EXTRANGEIRA NA GALIZA!!
Terroristas? de quem falas, gaivota? De algum dos teus amigos ideológicos herdeiros dos assassinos do 1936?