Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: plurilinguismo

23/Abril/2008 /

A educación plurilingüe: todo vantaxes

En defensa do decreto sobre o ensino da lingua, ponse en marcha un proxecto que explicará en todo o país as vantaxes do plurilingüismo.


8/Febreiro/2008 /

Acabar coa "lacra do monoligüísmo" no Estado

Os responsábeis de Política Lingüística de Cataluña, Euskadi e Galiza acordaron traballar por unha España multilingüe e pola igualdade de dereitos na UE.


7/Febreiro/2008 /

Galiza, Euskadi e Cataluña, pola pluralidade lingüística

Os responsábeis de política lingüística dos tres países asinarán este venres a 'Declaración de París' no marco do salón Expolangues.



7/Febreiro/2008 /

O PSOE recórdalle ao PP que hai demanda de estudantes interesados en estudar as linguas cooficiais

O secretario de Organización do PSOE de Andalucía, Luis Pizarro, acusou o PP de "falsear a realidade" e lembrou que a iniciativa responde ás suxestións desde as propias Escolas de Idiomas.


4/Febreiro/2008 /

Chaves apoiará que galego, catalán e éuscaro se poidan estudar en Andalucía

A Conferencia Política do PSOE en Andalucía aprobou unha iniciativa a prol do plurilingüismo que en opinión dos socialistas andaluces aumentaría as oportunidades laborais dos cidadáns.


19/Xaneiro/2008 /

México entre os 10 países con maior diversidade lingüística mundial

O Goberno do país publicou o primeiro catálogo de Linguas Indíxenas Nacionais que contén máis de 300 variantes.


19/Decembro/2007 /

Galiza, Euskadi e Cataluña pedirán que RTVE difunda as tres linguas

Solicitaranlle ao Estado Español medidas de promoción da diversidade cultural tanto no ámbito educativo como nos medios públicos.


14/Setembro/2007 /

Os gobernos galego, vasco e catalán piden participar no deseño dun Estado plurilingüe

Coidan que o goberno español ten que facer campañas de pedagoxía social para que as diferentes linguas sexan valoradas.


25/Xuño/2007 /

A rede fala kichua e aimara e záparo e...

A rede é aliada das linguas en perigo. As novas tecnoloxías son unha plataforma para as linguas indíxenas.