Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O TRATAMENTO DO LIXO

Sogama, de esperanza verde a macrovertedoiro

Logo do contundente informe do Consello de Contas, os nacionalistas piden un cambio radical na xestión dos residuos urbanos.

Redacción - 20:00 18/09/2007
Vista aérea do complexo de Sogama en Cerceda

Vista aérea do complexo de Sogama en Cerceda

O Consello de Contas confirmaba no seu último informe o que moitos sospeitaban dende hai anos, o modelo de Sogama fai augas por todas partes. O documento fiscalizador, que se fixo público o pasado mes de xullo, cuestionaba seriamente a xestión da sociedade. Agora, a deputada nacionalista Ana Pontón vai levar ao Parlamento unha serie de preguntas para ver que medidas se van tomar ao respecto.

Dende o BNG falan abertamente de “despilfarro” de recursos públicos e de falta de planificación da anterior Xunta. En 2004, a planta de Sogama, no municipio coruñés de Cerceda, recibiu máis de 760 mil toneladas de lixo e só foi quen de tratar 500 mil. A diferenza de refugallo acumúlase no macrovertedoiro da Areosa, emprazado no mesmo municipio. É dicir, Sogama tamén cobra por un tratamento que ao final non se lle dá a unha parte do lixo.

“Excesiva dependencia” de Unión Fenosa

Pontón lembrou que o Consello de Contas xa alertou en xullo da “excesiva dependencia” de Unión Fenosa (a eléctrica ten o 49% de Sogama e a Xunta o 51). Este feito tradúcese en vicios de contratación e de uso abusivo do procedemento negociado. Este contratos fixeron que a facturación do grupo Unión Fenosa se incrementase entre 2001 e 2004 do 19,4 ao 40% do total.

Diante de todo isto, dende o BNG pídenlle á Consellaría de Medio Ambiente que teña moi en conta as recomendacións do Consello de Contas: “É importante que sexamos capaces de dar un cambio á xestión de residuos de cara a eliminar a incineración e ir cara a comarcalización. Hai que reducir os residuos, actuar sobre os que están producindo e aposta pola reciclaxe e compostaxe”, manifestou Ana Pontón.


5/5 (9 votos)

Comentarios (5)

jujolor #1 18/Setembro/2007 jujolor

"NO ME LO PUEDO CREER", ista era a solucion do PP, coma un monton de cousas mais, seguiremos sabendo mas feitos de toda ista xentu....



SEMPRE EN GALIZA

Tarelo #2 18/Setembro/2007 Tarelo

Fagan o que fagan, antes de facer nada máis, pido por favor, que os anteriores e posteriores responsables políticos e de SOGAMA da xestión dos Residuos en Galicia, lles den o mesmo tratamento que decidiron ou decidan darlle os residuos: se os queiman para producir enerxía, pois que os queimen, se simplemente os enterran, pois que simplemente os enterren, e se os reciclan, pois que os reciclen. O residuo mellor xestionado e o que non se produce, apostemos pola reducción, na orixe, polo medio, e teremos menos problemas ó final. Prohibanse os productos de usar e tirar, apostemos por productos que finalizada a súa vida util podamos darlle outra utilidade. Sobre todo, asumamos cada un/ha de nos as nosas responsabilidades coma xeradores de residuos e apostemos polos SERVIZOS PÚBLICOS, non polos privatizados.

A2b2 #3 18/Setembro/2007 A2b2

Un macro-vertedoiro da Xunta Bipartita!!!!!
Ahí é onde hai que tirar aos dos 15.000 €/ano/vida!
Contra a corrupción, incineración!!!! (jejejej....)

breixoak #4 18/Setembro/2007 breixoak

E digo eu, se o Consello de Contas fala abertamente de despilfarro aquí tamén haberá que abrir unha comisión de investigación no Parlamento ou incluso, se se aprezan irregularidades de peso, acudír ao fiscal. Para acabar antes,e postos a esbardallar, eu propoño que se habiliten tribunais específicos para investigar a Xunta (dende a súa prehistoria). Estou seguro que non quedaba nin un avogado do país en paro. Hai que ver a parte positiva no medio de tanto desencanto.

ecoe #5 19/Setembro/2007 ecoe

Cándo por un só día anque fora, a INCINERACIÓN foi unha esperanza verde? Bo, tendes razón, desde o primeiro, foi unha esperanza ben certa de gañar moitos VERDES (na billeteira de FENOSA)

Qué clase de contas se poden facer cando o lixo que producimos públicos é o COMBUSTIBLE da incineradora PRODUCTORA DE ELECTRICIDADE privada?

Qué clase de garantías tiñan os lixos perecedeiros (inorgánicos) como combustible? Non se estaba a abalar a queima do reciclabe para INCREMENTAR as suas CALORÍAS en orde a rendabilizar a producción eléctrica privada?

Qué seguridade agochamos de que os traballos, estorbos de acumulación, etc. nos fogares vaian a pena e todos na sua TOTALIDADE pasen a RECICLAXE?

Ónde andan os da EXEMPRAR CONVIVENCIA entre a Industria e o Meio Ambente (debe selo só nun dos medios, seica, para algúns lumbreiras!)

Descobre AGORA BNG os problemas do sietema de incineración ou só poido tratalos dende a oposición parlamentar?
Os Concellos que rexentan desde anos hai, qué solucións SOSTIBLES, esto é, VIABLES ecolóxicamente teñen proposto como alternativa ó que os suízos hai 20 anos desbotan como técnica?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: