O presidente da Xunta teima en asegurar que se quere crear unha “cortina de fume” arredor dos pluses.
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, arremeteu este mércores contra os que defenden a supresión do plus dos altos cargos que son funcionarios e acusounos de facer “demagoxia”. Logo de que cargos do BNG afirmaran en público que a aprobación fora un “erro” e avogaran por unha rectificación, Touriño non deixou marxe de manobra e asegurou que “as tres forzas políticas e a Xunta son responsábeis” do acordo.
Touriño mostrou o seu malestar polo rexeitamento social que está a provocar o tema dos sobresoldos e dixo que había quen quería botar unha “cortina de fume”. O presidente insiste en que o acordo parlamentario só se traducirá nunha “actualización de máis de 3.000 euros”. Porén, subliña que está disposto a dar explicacións no Parlameto.
A corrupçom é o ligame dos políticos e dos sindicalistas de hoje. Com o dinheiro público, os nossos impostos, tenhem salários e dietas que nunca cobrariam fora da política, ademais de por estar duas legislaturas ( 8 anos) ter a jubilaçom mais alta garantida, e agora por dous anos um complemento mais de por vida de 15.000 euros/ ano, quando as pensões medias na Galiza nom chegam aos 7.000,.- €/ano.
Que lhes dem...fagamos como na Itália, prescindir deles.
NOM VOTAR. FORA OS CORRUPTOS. Cidadãos livres de amos e notáveis!
LAMBÓNS!!!!
Coma non desfagades o roubo que queredes perpetrar...
NON VOTAREI NAS VINDEIRAS ELEICCIÓNS.
Corruptos e ladróns!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Durante séculos certo victimismo foi un elemento fundamental da nosa identidade. Ás veces era Castela , ás veces era España. Que ocorre cando somos nós ?. Que ocorre cado os nosos rouban e mófanse do noso pobo aprobando en metade de agosto con traición e alevosía un expolio ao erario galego ? Todos de acordo; o PP,o BNG e PSDdeG. Para isto hai acordo e consenso. Nación non saben si somos e deixan o Esdtatuto para canddo haxa base de acordo. Só houbo nha mullar a criticada e vituperada Encarna Otero que, dende o primeiro día criticou a medida. Agora o BNG desmárcase porque a xente anda alporizada. Ladróns. Delincuentes. Bastardos , malos fillos , vendidos, traidores ... Bebedes do sangue da Nosa Terra. Qué decepción. Xa non é Castela sodes vós. Os que loitaron por unha Galicia orgullosa de si mesma estánse a revolver nas súas tumbas. DENANTES MORTOS QUE ESCRAVOS dicía Castelao.
que ningún político galego teña o valor de volver a pedirme o que teño que ser para ser un bo galego ...Onde andan os politólogos e intelectuais de novo cuño. Esperando un carguiño ? .
temos os xornais. Unha das primeiras medidas que se tomaron en moitos Concellso galegos foi a subida dos soldos. En Concellos de todo o espectro político . Que vergoña. Prefiro o servizo a España que ser puteado polos meus ,que asco é decepcionante, dan ganas de emigrar......
que razón tés MANEL, levo máis de 10 anos votando e nunca faltei a miña cita. De agora en diante non vou votar nin en blanco. Non merecen nada estes lambóns,, qué carallo se cren?
Dicionário do colonizado:
SERIEDADE = fazer o que o pEsoE diga.
Touriño ten toda a razon: por favor, os do Bloque votaron a favor da lei que o permete; e agora, porque chegan as eleccions, fan a demagoxia de botarse para atrás. Que non a votaran no seu momento.
O do Bloque é colmo, e un comeza estar farto da súa hipocresia, parecen curas, "cunha man rezando, e co mazo dando".
Ou se é goberno, neste goberno, ou se é oposicion. Xogar a duas barallas é deshonesto, antiprogresista e iso só o fai a dereita, que pode falar da Cidade da Cultura esto dous anos, pero non cando a decidiron, antes.
E conste, Touriño é o maior continuista coa politica de Fraga; pero polo menos ten a decencia de selo; non como Quintana e demáis.
As bases de esquerdas do BNG teñen que estar asqueados de tanta hipocresia polos seus dirixentes: se non estan dacordo do que fai Touriña, que se vaian do goberno da Xunta e fagan oposicion.
Pero que non xoguen as escondidas, que o van a pagar.
Comeza o outono e vai chegando tamén o outono das expectativas que tiven cando este país conseguiu zafar, pola mínima, do goberno podre e suicida do PP.
A alternativa quíxose basear nun acordo de goberno que vai demostrando ser, como teimaban en cualificar os que estaban antes, contra-natura.
Por unha banda, un partido que demostrou, nos últimos tempos, un alto grao de falsidade e de sectarismo, xunto cunha grande capacidade (e vontade!) de repetir ou reutilizar, para o seu beneficio, moitos dos esquemas de retroalimentación económica e social, de coacción e de monopolio dos principais medios de comunicación. Por outra banda outro partido que vive das rendas e das inercias de tempos nos que sen deixar o pe de de obra se pensaban e comunicaban ideais realistas, ilusionantes, esixentes de traballo e de xenerosidade, e de esquerdas. Pero desto non se vai vivir sempre.
Alén de seguir contando co traballo rexo de persoas capaces, xenerosas e destemidas, e de seguro incomprendidas veces abondas, compre que este partido volva a marcar diferenzas e posicións nidias e de esquerdas perante os cidadáns. Hai algo peor que perder o apoio electoral: é perder a confianza, a aura, desconectar das ilusións máis fondas desa MAIORIA que sinte o país, teña a simpatiá política que teña; e unha ocasión clara de marcar esa diferenza en algo ben aparente, ocasión xa perdida en parte, é en contribuir, ou forzar, a retribución xusta e coherente da función pública, acorde co seu traballo, coa súa eficacia e coa economía de medios acadada no servizo prestado aos cidadáns.
Enton, que fai o Bng con CiU ou o PNB, que no seu momento pactaron con Aznar.
O problema do BNG é que conviven dúas opcions, aqueles que queren facer un partido como a vella Coalicion Galega, só que un pouco máis centro esquerda; e outros, na base, na CIG, nos movimentos sociais, etc., que queren unha forza de esquerdas, de verdade.
A direccion do BNG aposta pola primeira, e fai o que ten facer, politica burguesa adornada co "facer país".
O segundos, a disgusto, ainda seguen nesa organizacion. todos sabemos que é duro romper coa organizacion a que lle dedicaste moitos anos da vida; mais as organizacions só son ferramentas para avanzar na transformacion da sociedade; e se unha corrompese, como lle acontece o BNG, hai que construir unha nova.
Os que votaron a lei que agora din que non, os que apoian a Cidade da Cultura (de Anxela Bugallo ata os concelleiros de Compostela), os que votaron pestes contra as politicas de Paco Vazquez, hoxe son aliados dos vazquistas no concello de A Coruña,... Estos son irrecuperabéis.
Os que estiveron las loitas dos metalurxicos vigueses, os do telemarketing de A Coruña, os de Ferrol, etc. etc., é dicer, os hoxe loitan contra o continuismo nas politicas, baixo o rotulo de goberno de progreso, non teñen nada que ver cos anteriores; e teñen que dar o paso adiante, nunha nova organizacion da esquerda.
Se non o fan, convertiránse en complices dos continuistas "pesoeiros e bloqueiros".
As cousas teñen un limite, e o BNG esta moi perto do seu limite.
Los del BNG de momento están haciendo política de cara a la galería, porque bien que apoyaron la Ley y por ahora todo su rechazo a esta medida ha sido en los medios de comunicación...
Gaviotero, os do PP por favor calade, que se sodes legais é polo pacto da transicion, segun o cal, os verdugos e asasiños franquistas foron amnistiados coas victimas.
O caso Español é de estudo: do trio de Hendaya, Franco, Hitler e Mussollini; os dous ultimos estan prohibidos, a súas rúas e prazas desapareceron, os seus nomes foron asociados a xenocidio, asesenato, brutalidade: se algun din, tí es un nazi ou fascista, o tomas como un insulto. Pero franquista, non o é. Todos condenaron a Hitler e Mussollini,... e Franco????.
Asi que os PPeros (porque o PP ainda non condenou o xenocidio franquista e esixe carnet de democrata e ilegaliza partidos, manda carallo, o mundo do revés¡) calade, non vaia ser que alguen retome os procesos de Nuremberg e lembre que cos nazis combateron os da División Azul (por certo, ainda ha rúas que levan ese nome, imaxinadebos que en Berlin ha unha rúa que se chame: caidos das SS, vaia vergoña, Pois aqui os gavioteros non lles da vergoña).
Asi que non tedes nengun dereito a falar de nada, complices de xenocidas.
Mentras non escoite a Fraga, Aznar, Rajoy e toda súa compañia dicer: O Franquismo, como os seus aliados nazis e fascistas, foron responsabéis da violencia xenocida contra os pobos do estado español, e polo tanto asumo a miña responsabilidade como complice do mesmo.
Fraga xustificou o asesenato de Julian Grimau, e non fai moito tempo dixo que no caso de Vitoria, onde houbo cinco mortos polas súas ordes como ministro do interior, volvería a actuar como o fixo; é dicer, asumiu o asesenato e ningun fiscal actuou contra el, como actuaron contra El Jueves, contra Dionisio Pereira, etc.).
Asi que, mentras isto non aconteza, o PP é un partido paralegal, segun a súa mesma lei antipartidos, pendente de que haxa un fiscal co que teña o hai que ter para abrir o seu proceso de ilegalizacion.
votei bng toda a vida... fun militante.. din cartos para as campañas.. presenteime nas listas... nas vindeiras eleccións meterei na urna un papel: BNG LADRONS..
O voto nulo é unha opcion.... electoral, pero o que necesitase en Galiza é unha verdadeira oposición de esquerdas, a dereita neoliberal e franquista, e a Xunta social liberal e continuista co PP.
Non basta co cabreo, ou se traduce en unha organizacion, ou queda na solta de adrenalina, pero eles segue erre que erre.
O 25 de xullo visualizouse un camiño, Causa Galiza. Non é a solucion, pero é o camiño, e como dicia o poeta, "o camiño faise o andar".
eu xa fai que non voto. unha cousa é que me rouben e outra que vaia depositala papeliña a elexir quen o faga. pero quizás este sexa un debate que soio vai beneficiar o pp. é indudable que o desprestixio dos políticos castigará máis os do bipartito, que malgoberna, que os outros, que fatal oposición fan e será interesante, pois, mantelo aberto e vivo, sumarlle efectivos e presionar até que as eleccións se acerquen; ahí, si o barullo segue a tronar como até ahora, o touriño sácanos si fai falla até do mercado común. sempre para diante.
¡Seriedade home! ¡Non desprecedes o diñeiro!
¡¡¡Non me fodades o negocio!!!
Aquí no hay interpretación que valga “as tres forzas políticas e a Xunta son responsábeis”
Esto señala Touriño y para nada lo dignifica. Pero por lo menos se cala el chaparrón que le toca y no sale como una niña histérica embarazada por el novio diciendo “me equivoque” “el me prometió matrimonio” o cuanta fantasiosa ideal le pase por la cabeza para disfrazar una situación. Por cierto para nada vergonzosa de cara a lo que se hizo en el parlamento Galego.
Lo cierto es que a diferencia de la chica del ejemplo, todos los “políticos” que hacen vida en el parlamento Galego, con sus esplendidos sueldos y prerrogativas se dieron un PLUS por supuestamente cumplir sus funciones y el BNG (no el pueblo nacionalista ni la militancia pata en el suelo) levantaron sus manitas inocentes y ahora se dan cuenta que el vecino del frente, el obrero de la calle, el joven sin empleo, el anciano con una pensión miserable y cuanta persona que crea en una Galiza libre, independiente, tolerante y abierta al mundo, los ven como los políticos de siempre. Como dirían en Venezuela “son caimanes del mismo caño”
Será entonces que el BNG después que cándidamente fue cómplice de la conducta INMORAL de la muy variopinta fauna de políticos que conforman el parlamento galego. Ahora se desgarran sus vestiduras y se ponen a criticar lo que se debió analizar y rechazar en su momento y lugar preciso. Sépase, analizar, estudiar y legislar atendiendo al compromiso con el pueblo que elige a un parlamentario es por lo que precisamente le pagan su sueldo.
Ya en un comentario con respecto al vocero parlamentario del BNG plantee lo anterior y lo que sigue. Por desgracia pareciera que el BNG se abstrajo de la conciencia popular galega y lo repudiable de esta medida.
Pasemos de la crítica a las sugerencias.
“Si realmente se enteraron ahora que lo que aprobaron fue improcedente (ya que el pueblo lo tiene claro de antemano) simplemente donen su sueldo del mes en que secundaron tan irresponsable medida a la creación o financiamiento de más GALESCOLAS o a cualquier actividad que reivindique un buen gobierno civil y un parlamentarismo responsable”.
“Y cómo es posible que el resto de los parlamentarios jueguen a que pase el tiempo y que prontamente otro escándalo saque de la palestra esta vergüenza legislativa. Sería bueno que el BNG destinara este PLUS a una gran cantidad de actividades edificantes para el pueblo “por favor no lo utilicen como fondos para campañas electorales” Devuélvanle al pueblo galego por lo menos una parte de lo que le quitaron al actuar de forma irresponsable en el parlamento”