O PSdeG asegura que non se vai botar atrás nos acordos, e o PPdeG pregúntalle aos socialistas se "cederán á chantaxe" dos nacionalistas.
O voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, volveu mostrar este martes o desexo de que a polémica disposición adicional 17ª da Lei da Función Pública, que establece un complemento económico para os funcionarios que foron altos cargos da Administración durante polo menos dous anos, "poida ser reformada ou derrogada canto antes".
Aymerich advertiu de que o plus aos ex altos cargos "non se pode derrogar", porque está regulamentado por unha normativa estatal, aínda que si apostou por eliminar o incremento que estabelece a citada lei, que este luns entrou en vigor.
No mesmo senso pronunciouse o coordinador da Executiva Nacional, Francisco Jorquera, quen este martes en conferencia de prensa considerou o complemento retributivo un "erro". "Non estamos de acordo con este plus", dixo, e anunciou a intención de abrir unha "interlocución" con PSdeG e PPdeG encamiñada a "corrixilo".
"É o seu problema"
O novo posicionamento dos nacionalistas ao respecto foi criticado polo voceiro socialista, Ismael Rego, quen recordou que a lei se aprobou "por unanimidade por parte de todos os grupos" e advertiu de que o seu grupo "non adoita desdicirse dos acordos que logra co resto". "Será problema do BNG", resaltou o deputado do PSdeG.
Pola súa banda, o voceiro parlamentario do PPdeG , Manuel Ruiz, reclamoulle ao Goberno que decida se segue unido na aprobación da norma" ou se, pola contra, "está aberto á chantaxe dos seus propios socios", en referencia á postura do BNG.
Iniciativa popular
Ademais, tamén o secretario xeral da CIG, Xesús Seixo, anunciou que o 26 de setembro convocará unha concentración de delegados ante a sede da Xunta para protestar polo plus e pediralle aos tres grupos parlamentarios que o derroguen. Seixo adiantou que, "se estas xestións non dan resultado", a CIG analizaría a posibilidade "de promover unha iniciativa lexislativa popular".
¿Un error? ¿Y podríamos saber si Antón Losada, por poner un ejemplo, lo ha solicitado o piensa hacerlo?
Neste asunto, moi ben, pola CIG! Ainda que non son delegado pola CIG, si asitirei o 26 de setembro, en calidade de cidadán galego e en representación dos Traballadores dunha pequena empresa. Tamén apoiaría a iniciativa lexislativa popular.
Din que rectificar é de sabios, que así sexa. Hai que recoñecerlle a valentía á CIG neste caso. Que un funcionario cobre un plus, por riba de ter un traballo blindado, e que un carpinteiro que ocupa un mesmo cargo non é propio dunha sociedade esquizofrénica. Polo menos é bo que haxa debate. Hai un mes parecía que o do plus ese era intocable e agora xa se ve algunha pequerrechiña luz.
Que va “A otro perro con ese hueso” El Parlamento Galego no es un jardín de infancia ni estos son pichones de políticos.
Carlos Aymerich no tiene vergüenza ninguna. De paso que levanto su mano aprobando un plus inmoral y ante todo INJUSTO, ahora nos viene con el cuento que no está de acuerdo.
Entonces, es que el señor Aymerich no le pagan un sueldo para fungir en el parlamento en funciones de legislador y que “SU TRABAJO” es hacer las cosas bien de acuerdo a unos principios y siendo consecuente con posiciones asumidas en el pasado. A todo esto se le suma el agravante de ser vocero de un grupo parlamentario.
El sabía muy bien al levantar la mano aprobando la “disposición adicional 17ª da Lei da Función Pública” Que estas medidas siempre han sido criticadas por los partidos progresistas. Que son injustas ya que benefician a un colectivo minoritario que goza de ingresos más que suficientes y que él tiene la obligación como vocero parlamentario de analizar las cosas en conjunto con los miembros de su bancada antes votar.
En pocas palabras, cuando se dice “Errar es de Humanos” del latin “Errare humanum est” Pareciera que el consuelo es decir “RECTIFICAR ES DE SABIOS” la cual no forma parte del dicho y pareciera escrita por el que metió la pata.
La única sabiduría que demuestra con esta conducta es que se vieron desenmascarados y que el pueblo que dicen representar sabe que son politiqueros y no políticos. Que responden a intereses y no a las necesidades de la comunidad y que el socialismo que dicen defender es el socializar con la jet-set y de vez en cuando quitarse la ropa de marca para pasarle la mano por la espalda a un trabajador, besar a una anciana o cargar un niño (eso sí, delante de las cámaras).
De los partidos nacionales PP y PSOE ya sabemos que esperar y para nada sorprende que levantasen su mano sin el menor rubor. Ya sabían que la medida sería criticada y que la mejor política (politiquería) es esperar calladito a que salte el nuevo escándalo que cubra con el manto de olvido esta realidad.
Hay un dicho Venezolano que reza “Chivo que se devuelve se desnuca” Aprende Aymerich.
O BNG ten moito que rectificar, e o primeiro o funcionamento - ou non funcionamento - dos mecanismos que avaliaron e decidiron o posicionamento inicial. MOI BEN pola CIG, e por suposto moi ben, e moitas grazas, a Vieiros, por estaren aí informando.
A verdade Coutoven, non entendo que propós: ¿que deixe as cousas como están? ¿que rectifique? Pois ou é unha cousa ou é a outra. Se todo o que escrebes é porque te cae mal Aymerich, deixa de amolar, se fas favor.
Tal e como quedou a vida política despois de aznar, a ver se atopas un só exemplo dalgún político estatal que teña rectificado e recoñecido algún erro publicamente. Os ministros non dimiten: reestructúrase o goberno cando dous ou tres xa están queimados.
Ben polo BNG, Jorquera expuso onte en Rolda de Prensa como foi o proceso:
"O BNG aclara que só apoiou este punto da reforma para non danar ao Goberno galego. O BNG afirma que o proxecto de reforma pactado entre PSOE e Bloque "non contiña ningunha variación a respecto deste tema e merecía globalmente ou noso apoio". Porén, na súa tramitación parlamentaria o PP presentou unha emenda, que despois foi transaccionada co PSOE. Unha emenda coa que os nacionalistas non estiveron de acordo. Porén, o Bloque afirma que votou a favor polo ben do goberno, para non alimentar o discurso do PP sobre unha suposta falta de entendemento entre PSOE e BNG, e en función dun dos puntos do pacto de goberno, que determina que ambos partidos deben votar de xeito conxunto no Parlamento."
Cal foi o erro pois: lealdade ao goberno do que forma parte. Que ten como contrapartida a votación favorábel doutras propostas do BNG...ou non?.
A posición do BNG vai mudar as relacións co PSOE?. Veremos que pasa.
Fai-me graça que um dos "convocantes" da CIG seja Louzao de CIG ensino e alguns de CIG-Administraçom. É claro que este complemento unicamente para funcionários é um insulto para os trabalhadores e trabalhadoras galegos. Mas nom existe CIG (ou CC.OO, ou UGT) senom que existem diversas federaçons e cada umha funciona como franquicia da marca CIG, CC.OO. Eu perguntaria a Louzao se, aproveitando a manif vai continuar com a campanha de exame "especial" para os interinos de ensino e aos de CIG-Administração se também vam continuar com as suas campanhas de consolidaçom de interinos, ou com as suas exigências de que aos cargos públicos ,desde subdirectores gerais, só podem aceder ELES, os funcionários.
Porque aqui estamos com uma de cal e outra de areia. Eles já som funcionários com bons ordenados e o deste sobre-soldo é cousa demasiado escandalosa, um álibi perfeito para reconciliar-se com a sociedade e aparecer como abnegados defensores dos trabalhadores, mas...ninguém repara nas suas outras "reivindicaçons" que levam a pechar, a blindar, o aceso a postos de responsabilidade pública aos que nom formam parte do seu gremio?. Nom causou "alarme social" o conto dos exames específicos reclamados e conseguidos pola a CIG para os profes interinos de secundária? Causou, mas a "populaçom alarmada" nom tem a mesma capacidade duns sindicatos de funcionários que tanto podem pedir exames à parte para os seus, pechar o acesso ao governo apenas para os seus, ser o sindicato amarelos e cans de guarda (CC.OO) na Deputaçom de Ourense, etc...A "opiniom pública" som eles, aqueles que têm capacidade para influir. Esta é umha boa oportunidade para lavarem um pouco.
Eu se vou a essa manif, hei perguntar à CIG xq motivo de classe (de classe corporativa, quiçá?) impidem que um trabalhador nom-funcionário poda ser, p.e, subdirector geral da Xunta.
Repitome:
Atacar e desprestixiar a función pública é facerlle o xogo ao PP e a direita. O patrón d@ funcionari@ é o cidadán e a cidadá e debe esixir que tod@s cumpran os seus deberes e funcións con eficiencia e axilidade. Non se pode confundir o sindicalismo que defende a dignificación da función publica co sindicalismo amarelo: o primeiro debe pular sempre pola mellora da función pública co obxectivo de satisfacer as necesidades da sociedade, o segundo caracterízase por tentar hinchar o peto do/da funcionaria/o.
Disto último temos exemplos abondo e cos que convive encantado o PP, ao cabo é unha parte fulcral da súa base social.
Realidades complexas non suportan solucións simples e demagogas.
Novo comentario.
Prezado carlosroca, eu nom ataco à funçom pública e muito menos faço jogo à direita. O que estou é contra os discursos de dupla via da, hoje por hoje, principal pequena-burguesia galega: a dos funcionários. Apanha uma pirámide ocupacional da Galiza e confire. Coloco no anterior post certos factos, para mim preocupantes, que vejo nalguns sectores dela. Por outro lado, é claro que isto som apenas comentários e nom artigos ou "papers", nom se podem aportar aqui "solucións complexas". O que pretendo focar é essa sim a demagogia de certo sindicalismo da Administraçom e os mecanismos que empregam para o que se chama "peche social", isto é, garantir com discursos indirectos que outros grupos sociais acedam as suas posiçons, insisto: só funcionários no governo e exames à parte para interinos, denunciar isto é fazer jogo à direita? ...Nom som eu quem inventa isto, som estes sindicatos quem se movimentam com todos seus medios para conseguir isto e um governo hiper-sensivel às suas críticas quem cede. Nom cede tanto o governo quando outros colectivos sociais som atingidos. Saudações operárias.
Oi...Gralha em 15: "peche social", garantir ou procurar (...) que outros grupos sociais NOM acedam às suas posiçons.
acórdame un cura de sciacia que pululaba no medio do desastre, logo dun terremoto en catania na década dos cincuenta. as casas miserables cederan ós tremores e os cadáveres de anciáns e nenos estraban o paisaxe por doquier. cando se evaluaban as responsabilidades da administración, o cura sempre sempre topaba unha solución redonda: colgar o culpable. cecais aquí fan falla algúns curas así e non tantos dados á comprensión e a oración como vexo máis arriba.
Apenas veja-se a nova de hoje de Vieiros "Interino 10- Opositor 0", e veja-se nos links quem promoveu, movimentou e reclamou essa medida que tam bom acolhimento tivo pelo governo (do qual fazem parte boa parte de funcionários sensíveis, claro, às reivindicaçons dos seus companheiros de classe): CIG-Ensino. Serei eu de direitas por discordar da CIG-Ensino? De onde é que vem a demagogia?
Note-se ainda que quando, por caso, o Naval movimenta-se enviam a poli a dar paus, aqui, por contra tiveram a solidariedade dos grupos do governo.
Lo siento señor Felipin.
Si no entiende ¿Qué podemos hacer? Lo que está claro es que el señor Aymerich y el BNG “METIERON LA PATA”.
Si se hubiese callado la boca y aguantado el chaparrón. Demostrarían que él y el partido que representa se equivocaron y que no fueron consecuentes con la política de equidad y justicia social que tanto pregonan. Y ASUMEN CON RESIGANACIÓN EL COSTO POLÍTICO DE SU ERROR.
Cuando usted dice, que si que propongo ¿que deixe as cousas como están? Le aclaro. Eso es lo que quieren los políticos de las formaciones Españolistas presentes en el parlamento (PP y PSOE) AL IGUAL QUE TODOS LOS DEL BNG QUE VOTARON A FAVOR DE LA MEDIDA.
Señor Felipin, usted sabe que Aymerich lo que pretende es LAVARSE LA CARA DE EL Y LA DEL BNG. Y si usted presupone que me cae mal Aymerich por eso, le digo a titulo de consuelo, que el mismo sentimiento es extensivo a todos y cada uno de los que levantaron la mano para aprobar este injusto beneficio económico.
Y ya que usted en su texto infirió una supuesta proposición mía, Yo le sugiero a usted lo siguiente:
porque no propone que ese dinero excedentario que injustamente van a recibir y por el cual tan inconscientemente votaron, fuese donado a la GALESCOLAS por ejemplo. ¿Qué le parece?, ¿Usted cree que harán algo parecido? Ojala fuera así. Por lo menos darían una imagen más sincera de arrepentimiento.
Esto no es cuestión de gustos ni simpatías, esto es cuestión de RESPONSABILIDAD.
Usted verá, que después de este acto de constricción moralista y reivindicativa (ESCANDALO) todos los políticos que hacen vida en el PARLAMENTO DE GALIZA sin la menor vergüenza recibirán sus sueldos infladitos y posiblemente su bienquerido Aymerich sea el primero que pase por la taquilla.
Pero por si acaso aprobaron ya la medida en el Parlamento...no vaya a ser que el caradura Losada se quedara sin sus 15.000 euritos...